"Dis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 645.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado morboso producido polo uso excesivo ou prolongado das preparacións de iodo, caracterizado por cefaleas, erupcións cutáneas, debilidade e atrofia dos órganos glandulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio convocado e organizado anualmente por Caixanova, dirixido a aqueles xornalistas e autores que publican artigos na prensa española. O primeiro galardoado foi Gonzalo Fernández de la Mora, cun artigo titulado “El prosista puro”, publicado no diario madrileño ABC o 28 de xullo de 1980. En cada convocatoria adoitan outorgarse, amais dos premios oficiais, algún accésit ás mellores reportaxes e premios especiais do xurado. Entre os autores premiados figuran escritores e xornalistas como Isaac Otero, Alfredo Conde, Víctor F. Freixanes, J. L. Martín Descalzo, Borobó, Mariano Tudela, Xesús A. Montero, X. Ferro Ruibal, Torcuato Luca de Tena, X. Neira Vilas, Carlos Casares e Diego Bernal.
-
PERSOEIRO
Político grego, conde de Kapodistrias. En 1809 entrou ao servizo do tsar Alexandre de Rusia e en 1816-1822 foi o seu conselleiro en política exterior. En 1828 foi elixido presidente de Grecia, e tres anos máis tarde foi asasinado nun atentado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán (28.817 km2; 1.465.205 h [estim 2001]). A súa capital é Sanandaj (277.808 h [1996]).
-
REXIÓNS
Rexión do SO de Asia, de límites pouco precisos, dividida entre Turquía, parte de Armenia, N de Iraq, NO de Irán e unha pequena parte de Siria. É unha rexión montañosa con altitudes superiores aos 3.500 m, moi seccionada por profundas gorxas de difícil acceso que favoreceu o mantemento da comunidade kurda e as súas tradicións. Defensores da independencia nacional, os kurdos rexeitaron someterse ao poder dos soberanos que os dominaron, feito que provocou frecuentes rebelións locais. Trala derrota otomana na Primeira Guerra Mundial, os kurdos, apoiados pola Declaración Wilson (1918), que contemplaba a autonomía das nacionalidades non turcas que formaran parte do imperio, aspiraron á independencia, proposta polo Tratado de Sèvres (1920). O rexeitamento do líder nacionalista turco Kemal Atatürk e as diferencias tribais impedírono e polo Tratado de Lausanne (1923) o territorio kurdo fraccionouse entre Turquía, Siria, Iraq, Irán e Armenia. Os ingleses incluíron Mossul e Kirkūk, cos seus...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe eslava composto de vlad- ‘dominar’ e slava ‘gloria’. Chegou a nós a través dunha versión latina medieval Ladislaus ou Ladislavus. Entre os diversos reis de Polonia que levaron neste nome destaca san Ladislau (1040-1095), celebrado o 27 xuño.
-
PERSOEIRO
Duque de Cracovia (1296-1300 e 1306-1320) e rei de Polonia (1320-1333), fillo de Casimiro, duque de Brest Kujawiski. En 1305, coa axuda dos rusos e húngaros, conquistou Cracovia e dominou Polonia. Proclamado rei, combateu a orde teutónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ladislau I de Nápoles.
-
PERSOEIRO
Rei de Hungría (1077-1095), fillo de Bela I. Sucesor do seu irmán Xeza I, acabou de cristianizar Hungría e limitou a influencia da aristocracia. Entre 1091 e 1095 anexionou Eslovenia e Croacia, onde fundou o bispado de Zagreb. Canonizado en 1192 por santo Estevo de Hungría e santo Emerico, a súa festa celébrase o 27 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Nápoles 1376 - 1414) Rei de Nápoles (titular entre 1386 e 1400 e efectivo entre 1400 e 1414) e titular de Hungría, fillo e sucesor de Carlos III de Nápoles. En 1400 derrotou a Luís II ; de Anjou, pretendente ao trono napolitano e en 1403 fíxose coroar como rei de Hungría. Despois de ocupar Roma (1408), foi expulsado polo antipapa Xoán XXIII, co apoio de Luís II de Anjou.
-
PERSOEIRO
Rei de Polonia (1386-1434), fillo do gran príncipe Olgerd I de Lituania. Primeiro monarca da dinastía Jagellón, accedeu ao trono ao casar con Eduvixe, filla do Rei Luís I. Loitou contra a orde teutónica (1410, 1413-1414 e 1422).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Polonia (1632-1648), fillo e sucesor de Sexismundo III. Abandonou as reivindicacións ao trono ruso e polo Tratado de Pollnow (1634) recibiu os ducados de Smolenski e Černigov. En 1635 tivo que asinar con Suecia o armisticio de Sztumska Wiés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Hungría (1272-1290), fillo e sucesor de Estevo V. Mantivo diversas loitas internas entre as faccións da nobreza, que o levaron á perda da súa hexemonía nos Balcáns e en Galitsia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei titular (1444-1453) e efectivo (1453-1457) de Hungría, rei de Bohemia (Ladislau I; 1440-1457) e arquiduque de Austria (1453-1457), fillo póstumo do Emperador Alberte II. Durante parte do seu reinado, János Hunyadi fíxose cargo da rexencia de Hungría, mentres que Xurxo de Poděbrady administrou Bohemia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Bohemia (1471-1516) e de Hungría (1490-1516), fillo do Rei Casimiro IV de Polonia. Xurxo I designouno como o seu sucesor ao trono de Bohemia, ao que accedeu fronte á oposición do partido católico, que estaba do lado de Matías I de Hungría. Sucedeu a este como rei de Hungría.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Roma, Italia, situada na costa do Mar Tirreno (19.877 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do NO de Inglaterra, situada no condado de Cumbria (2.243 km2). Dun núcleo montañoso central (Scafell Pike, 978 m alt), cuberto de bosque, irradian profundos vales, modelados pola acción glacial, con diversos lagos (Windermere). Desde 1951 constitúe un Parque Nacional. A economía local baséase na gandería extensiva e na avicultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de propiedade e explotación agraria onde predomina o réxime de latifundio.
-
-
Relativo ou pertencente aos latifundios ou ao latifundismo.
-
Propietario dun ou máis latifundios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lección que non concorda cunha pasaxe paralela cando dúas ou máis pasaxes tratan o mesmo suceso, dada a tendencia dos copistas a harmonizar máis da conta.