"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
-
Que é máis alto ou sobresaínte no seu tamaño cás cousas circundantes.
-
Que sobresae ou destaca polas súas boas calidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento que, precedido de señor, se lles dá aos cardeais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado dende o goberno de Marco Aurelio (161-180) aos membros importantes da administración romana, entre outros, aos prefectos do pretorio.
-
PERSOEIRO
Escritor romanés. Estudiou en Viena e mais Berlín. Influenciado por Schopenhauer, a súa obra, de inspiración folclórica, é crítica e pesimista. Formou parte do grupo político cultural Junimea, de tendencia nacionalista. Da súa produción destacan os poemas Venere si Madon ǎ (Venus e Madona, 1870) e Luce ǎ farul (A estrela, 1883), a novela Sărmanul Dionis (O pobre Denís, 1872) e contos de orixe popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de santa Isabel.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Quiroga. Orixinaria do s XVI, reconstruíuse no s XVIII. Da primitiva construción conserva a nave con cuberta de madeira a dúas vertentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica británica realizada en 1960. Foi dirixida por Tony Richardson e interpretada por Laurence Olivier, Joan Plowright, Brenda de Banzie, Alan Bates e Albert Finney. É a historia dun actor de music-hall en decadencia que se ve inmerso nunha trama cada vez máis complicada. Está baseada nunha obra teatral de John Osborne, e destaca polo traballo fotográfico, a ambientación e o guión, feito polo propio Osborne.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ao espazo mariño próximo aos continentes, sobre a plataforma continental.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Seine-Saint-Denis, Francia, na marxe dereita do río Seine (48.762 h [1990]). Situada ao N de París, constitúe un suburbio residencial da capital. De orixe baixo medieval, converteuse no s XI na residencia dos señores de Montmorency, que dominaron a rexión ata o s XIX. No s XVIII, a súa situación na estrada París-Pontoise converteuna no centro de retiro de intelectuais ilustrados como J. J. Rousseau e D. Diderot. A comezos do s XIX iniciouse o seu desenvolvemento industrial co establecemento dunha lavandería de carácter industrial e dos estudios de cine Eclair. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Saint Medart, de orixe medieval e reconstruída no s XIX, a casa do concello do s XVIII e a igrexa das Misións, construída para a exposición colonial de París (1931) con forma de pagode, declarada Monumento Histórico en 1994.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
adrenalina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes mariños, da familia dos serránidos, ao que pertencen algúns meros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obxecto cerámico grego que servía para fiar a la. Era oblongo, coa base plana e adoptaba unha forma oca. Tiña unha abertura lonxitudinal e outra nun dos seus extremos. A decoración era semellante á doutros vasos cerámicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa máis externa dos tres revestimentos dos nervios, composta por tecido conxuntivo denso.
-
GALICIA
Pintor, debuxante, gravador e historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi dende 1983 arquiveiro-bibliotecario do concello de Betanzos e director do Anuario Brigantino e do Museo das Mariñas. Coordinador da Xunta de Galicia para a organización de arquivos municipais da provincias da Coruña, Lugo e Ourense (1989-1992), pertenceu á Asociación de Creadores Plásticos de Santiago de Compostela, ao Grupo Crise e ao Grupo Artual, estes dous da Coruña. Da súa produción destacan as series pitóricas Labirintos e Praias da memoria, e a colección de gravados Debuxos de Galicia [e Portugal]: Betanzos, Cruceiros, Caza medieval, Músicos do Pórtico da Gloria, Cabaleiros. Realizou mostras individuais no Arquivo do Antigo Reino de Galicia (Betanzos, 1997-1998), no Museo da Região Flaviense (Chaves, 1998), no Instituto Cervantes de Lisboa (1999), na Casa de Galicia (Madrid, 2000) e no congreso La caza en la Edad Media (Valladolid,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás escitamíneas.
-
Planta da antiga orde das escitamíneas.
-
Antiga orde constituída por plantas herbáceas perennes, a miúdo moi corpulentas, de follas enteiras, grandes e amplas, provistas de vaíñas grosas e con flores trímeras, cigomorfas ou asimétricas, de ovario ínfero e de androceo xeralmente reducido. É unha orde tipicamente tropical. Os seus membros están actualmente incluídos dentro da orde das zinxiberáceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empregado dos arquivos da chancelería imperial. Durante o Baixo Imperio Romano transformouse no principal funcionario á fronte dos catro negociados principais en que se xuntaban as funcións de escribas e contadores. Durante o Imperio Bizantino, Xustiniano estableceu na provincia de África unha oficina con escriñeiros para os asuntos xerais e a Administración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que consiste nun espectrohelioscopio dotado dunha cámara cinematogáfica, que se emprega para filmar a evolución de fenómenos solares, xeralmente en luz monocromática.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, unha árbore arrincada de sinople, afroitada de sable; bordo de azul, con tres flores de lis de prata, unha en xefe e outra en cada flanco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar cheo de espiñeiros.