"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

    1. Emitir certas aves un son, especialmente os paxaros.

    2. Facer un ruído desagradable certos obxectos.

    3. Falar metendo moito ruído, mesmo dando berros.

    4. Dar chíos certos animais. Ex: O rato chirlou cando caeu na rateira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta que pecha polo O a ría de Cedeira, no litoral da parroquia de Pantín, no concello de Valdoviño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de chirlar.

    2. estorniño.

    3. cerceta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos alimentos que están acedos.

    2. Aplícase os alimentos ou bebidas insípidas. Ex: Aquel caldo era unha auga chirla. Este café é auga chirla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre Ambroise François Choderlos de Laclos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Korlogiji Čojbalsan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista norteamericano. Formou parte da orquestra de Benny Goodman e realizou numerosas gravacións con el e mais con Lionel Hampton e Edmund Hall. A súa música caracterízase por un swing moi intenso. Foi un innovador do campo harmónico ao empregar acordes alterados. A partir de 1937 adoptou a guitarra eléctrica e púxoa ao mesmo nivel ca o saxofón e as trompetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clérigo e escritor inglés. Suspendido dos cargos eclesiásticos, defendeuse nas sátiras The Apology (A apoloxía, 1761), The Ghost (A pantasma, 1762) e The Prophecy of Famine (A profecía da fame, 1763). Colaborou con John Wilkes na publicación de North Briton (Norte británico, 1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Discípulo de Francesco Albani, a súa obra caracterízase pola minuciosidade e polo seu perfecto acabado. Realizou a decoración do palacio de Boloña, o fresco da Asunción da Virxe e o Paraíso na cúpula da catedral de Forlì. En 1711 converteuse no primeiro presidente da Accademia Clementina de Boloña. O seu fillo Felice Cignani (Boloña 1660 - 1724) e o seu sobriño Paolo Cignani (Boloña 1709 - 1764) foron tamén pintores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador de economía italiana. Catedrático de Historia Económica da Universidade de Pavia, estudiou sobre todo a historia da moeda, a poboación e a técnica; especializouse na xénese e desenvolvemento do capitalismo e nas condicións que fixeron posible a Revolución Industrial en Europa. Escribiu, entre outras obras, The Economic History of World Population (Historia económica da poboación mundial, 1962), The Economic Decline of Empires (A decadencia económica dos imperios, 1970), Istruzione e sviluppo: il declino dell’analfabetismo nel mondo occidentale (Educación e desenvolvemento: o retroceso do analfabetismo no mundo occidental, 1971), Storia economica dell’Europa pre-industriale (Historia económica da Europa preindustrial, 1974), Le macchine del tempo: l’orologio e la società, 1300-1700 (As máquinas do tempo: o reloxo e a sociedade, 1981), Introduzione allo studio della storia economica (Introdución ao estudo da historia económica,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral dependente do Centro Cultural Recreativo e Deportivo da mesma vila, no concello de Fene. Fundouse en 1976 e foi dirixido por Celestino Ledo. Puxo en escena espectáculos baseados en contos de Castelao, pezas de E. Blanco Amor, Manuel Lourenzo, Bertolt Brecht e do propio director do grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Defecar os animais cando teñen diarrea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, crítico de arte e compositor. O seu universo poético participou de vellas culturas e ritos máxicos. Membro do grupo Dau al Set, exerceu un importante labor no eido da crítica artística. Escribiu, entre outros estudios, Introdución al surrealismo (1953), Dicionario de símbolos (1958), Significación de la pintura de Tàpies (1962), Pintura catalá contemporánea (1961) e El espíritu abstracto desde la Prehistoria hasta la Edad Media (1966). Compuxo música, escribiu numerosos artigos e un libro sobre Stravinskij (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e compositor lituano. Perseguiu a integración das artes e tratou de facer unha pintura máis próxima á música e á poesía; o seu cadro Sonata de outono inspírase nun poema de Edgar Allan Poe. O seu interese pola metafísica e o espiritismo levárono a pintar Sonata do mar, Preludio ou Zodíaco, obras nas que intentou plasmar unha pintura pura que se ten considerado precursora directa da de Kandinskij. Como compositor é autor de poemas sinfónicos (O bosque, 1901), cantatas (De profundis) e pezas para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Comezou a súa andaina literaria, dentro do campo da ciencia fición, co relato Extra terrestrial Relays (Mensaxes extraterrestres, 1945). As súas narracións manifestan unha considerable bagaxe científica e técnica, e algunhas, como The City and the Stars (A cidade e as estrelas, 1956), son máis ben filosóficas. Tamén cultivou a divulgación científica en obras como The Coast of Coral (A costa de coral, 1956) e o ensaio, como en Profiles of the Future (Perfís do futuro, 1962) e Man and Space (Home e espacio, 1964). A partir da súa narración curta The Sentinel (A sentinela), Stanley Kubrick realizou o seu filme 2001: A Space Odissey (2001: Unha odisea no espacio, 1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e teórico militar prusiano. Estudiou na Escola da guerra de Berlín e, máis tarde, participou na comisión para a reorganización do exército. Serviu no exército austríaco desde 1809 e logo da alianza con Napoleón marchou ao exército ruso no 1811. Ascendeu a xeneral (1818) e asumiu a dirección da Escola da guerra ata a súa morte. Dende este novo cargo ocupouse da análise dos problemas de estratexia e de dirección da guerra. Considérase o creador dunha conciencia unitaria e total da guerra, dirixida polo alto mando que debe estar estreitamente ligado e subordinado á política. A súa obra Vom Kriege (Da guerra), publicada postumamente, recolle a nova concepción da guerra, na que subliña o seu carácter violento e a variedade das súas formas. O seu pensamento militar serviulle de fundamento ao moderno pensamento militar alemán e influíu poderosamente nos teóricos do marxismo (Marx, Engels e Lenin).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico literario. Ensinou literatura en diversas universidades de España e do estranxeiro. Publicou, entre outros libros: Cinco estudios de literatura española moderna (1945), Temas de Unamuno (1953) e Estudios hispanosuecos (1954). Dende 1971 pertenceu á Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos Clemente Martínez Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO