"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • PERSOEIRO

    Físico e inventor alemán. Descubriu a densidade máxima da auga e inventou, entre outros aparatos, a bomba de mercurio para producir o alto baleiro e o tubo que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de tubo de descarga de baixa presión que se emprega para observar os efectos luminosos das descargas eléctricas a través de distintos gases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Gentile da Fabriano, a súa obra, dentro do gótico internacional, incorporou na derradeira etapa elementos renacentistas. En 1408 estivo en Venecia, onde pintou o fresco da Battaglia navale tra i veneciani e Ottone III, na sala do consello maior do Palazzo Ducale. En 1422 instalouse en Florencia, onde pintou Adorazione dei Magi para a igrexa da Santa Trinità, e en 1427 comezou o ciclo da Vita di san Giovanni Battista en San Giovanni in Laterano en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Hessen, Alemaña, no val do Lahn, nunha ampla conca rodeada de montañas (73.600 h [1990]). Hai minas de lignito, de ferro e de manganeso, e industria de maquinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido como Girodet-Trioson, foi discípulo de J. L. David. Pintou temas mitolóxicos e de inspiración literaria. Das súas obras destaca Les ombres des héros morts pour la patrie reçues par Ossian dans le paradis d’Odin (1801) e Atala au tombeau (1808).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • azucre glacé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor estadounidense. O contacto con R. Shankar e coa música india marcaron o seu estilo, caracterizado por esquemas repetitivos. Formou o grupo Philip Glass Ensemble, onde desenvolveu as súas experimentacións minimalistas, que logo reflectiría nas súas bandas sonoras. Da súa discografía destaca Akanaten (1987), Anima Mundi (1993), Hydrogen Jukebox (1993), Essentiel Philip Glass (1993), “Heroes”. Symphony (1997), Koyaanisqatsi (1998), Early Voice (2002) e Descent in to the Maelström (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • harmónica de cristal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto sonoro producido nun instrumento musical que consiste nunha sucesión sonora moi rápida dunha serie de notas contiguas dunha escala, que se obtén por procedementos mecánicos, deixando esvarar o dedo polo teclado ou polas cordas do instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Foi director de Courrier de l’Unesco e publicou La lézarde (Premio Théophraste Renaudot 1958), Le Quatrième siècle (Premio Charles Veillon 1965), L’intention poéthique (1969), Malemort (1975), Le discours antillais (1981), Poétique de la relation (Premio Roger Caillois 1991) e Sartorius: le roman des Batoutos (1999). Membro da orde de francófonos de América, en Québec, (1986) e presidente honorario do Parlamento Internacional de Escritores (1993), foi nomeado doutor honoris causa pola York University de Toronto (1989) e pola West Indies University de Trinidad (1993). Entre outros galardóns recibiu o Premio Puterbaugh Foundation Biennial (1989) e o Premio de Poésie du Mont Saint-Michel (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido conxuntivo que envolve o fígado e os vasos condutores linfáticos. Foi descuberta polo médico inglés Francis Glisson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dípteros ciclorrafos, da familia dos glosínidos, ao que pertence a mosca tse-tse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Coñecido como Mubase, traballou para Carlos V e Filipe de Borgoña. Introduciu en Flandres o Renacemento italiano. Recibiu a influencia de G. David e A. Dürer. Tratou as súas obras como relevos escultóricos. Destacan as obras Retrato dos fillos de Cristián II de Dinamarca, Adán e Eva e Dánae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor valón. Foi mestre de música, director da Opéra de París e, coa Revolución Francesa, foi compositor oficial da República. En París deuse a coñecer con óperas como Le faux lord (1765), Toinon et Toinette (1767) e Sabinus (1774).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista alemán. Na súa obra Evolución das leis do intercambio humano (1854), formulou as leis fundamentais da utilidade marxinal, denominadas “leis de Gossen”, sobre a saturación progresiva das satisfaccións e necesidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Formouse en Zúric baixo a dirección de Jakob Jud. Foi catedrático de Filoloxía Románica nas universidades de Viena (1959-1967) e de Basilea (1967-1981). É autor de varios estudios de dialectoloxía diacrónica francesa, entre os que destaca Petite grammaire de l’ancien picard (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estatístico inglés. Coñecido como Student, traballou na destilería Guiness, onde desenvolveu procedementos estatísticos novos como a lei de Student.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta en lingua alemana. É autor do poema inacabado Tristan und Isolde (1210?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso dos Abruzos, Italia, máxima altura dos Apeninos (Corno Grande, 2.914 m). Formado por rochas calcarias, ten un relevo modelado, en parte, polos glaciares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Liberia (8.759 km2; 166.900 h [estim 1986]). A capital é Buchanan (23.999 h [1974]).

    VER O DETALLE DO TERMO