"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Xulián (A Rúa). O seu cumio acada os 1.020 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Comezou a súa carreira na gran pantalla co filme Shout (1991) de J. Hornaday. Destacou sobre todo co seu papel en Emma (1996), polo que recibiu o premio Golden Satellite. Da súa filmografía tamén cómpre salientar Shakespeare in love (1998), coa que obtivo un Oscar; The talented Mr. Ripley (1999) e Proof (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilarello (Cervantes). O seu cumio acada os 1.011 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Regueiro (Boborás). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Formou parte da escuadra Galiza, en 1637 serviu en Francia e ao ano seguinte enviárono a Perú, onde foi gobernador e capitán xeneral de Tucumán e corrixidor e xustiza maior de Canta. Foi cabaleiro da Orde de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Parada (Lalín). O seu cumio acada os 606 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e erudito. Influído por Ruskin, levou a súa prosa, de estilo delicado e musical, a cuestións que eran experiencias propias da arte. Visitou Italia e, cos seus Studies in the History of the Renaissance (1873), contribuíu a promover o esteticismo e decadentismo inglés. Teorizou a súa ideoloxía na novela Marius the Epicurean (1885) e en Appreciations (1889), e publicou unha serie de estudos sobre Winckelmann, Leonardo da Vinci e Botticelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedrafita situada preto de Xinzo de Limia, no medio da antiga lagoa de Antela. Cunha cronoloxía difícil de establecer, as súas dimensións aproximadas son 3 m de altura e unha anchura media de 0,60 m. Conta con algúns gravados na súa superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Mones e Santoalla do Monte (Petín). O seu cumio acada os 1.174 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo. Estudou na Escuela Superior del Magisterio de Madrid (1929-1932) onde recibiu unha formación carcterizada pola renovación pedagóxica, inspirada na escola nova. Foi director das Escuelas Españolas de Lisboa (1932-1934) e en 1934 foi destinado á Coruña como inspector de primeiro ensino. En 1935 viaxou a Xenebra para realizar traballos de psicoloxía e pedagoxía experimental e de psicoloxía infantil con J. Piaget e É. Claparède. En 1939, coa Guerra Civil Española, marchou para un campo de refuxiados de Alxeria e despois exiliouse a México (1942-1959). Deu clases na Universidad Autónoma de México (1954-1958) e, entre 1959 e 1962, na Universidad Central de Venezuela. En 1962 trasladouse a Valladolid onde exerceu como profesor. Publicou, xunto con J. Jaén Sánchez, Manual de paidología (1933-1935), Trastornos del lenguaje: estudo clínico psicológico (1945), Paidología: psicología del niño y del adolescente (1952) e Psicología clínica (1978) e Los...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Nocelo da Pena (Sarreaus). O seu cumio acada os 831 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte pertencente á serra de Queixa, situado no extremo S da parroquia de Pena Petada (A Pobra de Trives). O seu cumio acada os 1.707 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo SL da parroquia de Aciveiro (Forcarei). O seu cumio acada os 854 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultora. Estudou na Escola de Artes Aplicadas da Coruña e ampliou estudos no Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos (1979). Recibiu diversas bolsas para ampliar a súa formación en Italia e Minessota. Especializada en cerámica, posteriormente decantouse pola escultura en ferro con gran dominio da xeometría e da fusión de planos e polígonos. Da súa produción destaca Gardiáns, situada no Parque Escultórico da Torre de Hércules, e o Monumento a José Quiñones en Porto do Son. Recibiu o Premio Isaac Díaz Pardo (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máxima penalización, nalgúns deportes de equipo, por falta grave cometida dentro da propia área, e que consiste en lanzar a pelota desde un punto determinado e sen outra intervención defensiva que a do porteiro.

    2. Situación de estratexia coa pelota parada no hockey-herba, que se caracteriza pola superioridade numérica do equipo que o executa en ataque. Realízase desde un lateral da liña de fondo e o equipo defensor non pode moverse ata que a pelota non sexa desprazada polo equipo atacante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no N da parroquia de Vilar de Lor (Quiroga). O seu cumio acada os 788 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no N da parroquia de Calvos (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 946 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Reigosa e Saldanxe (A Pastoriza). O seu cumio acada os 581 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Parada (Silleda). O seu cumio acada os 806 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Hospital e Veiga de Forcas, ambas as dúas no concello de Pedrafita do Cebreiro. O seu cumio acada os 1.306 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO