"rot" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 672.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condensación de materia interestelar, que constitúe a primeira fase da formación dunha estrela.
-
-
Sentenza de Deus, recollida na Xénese, sobre a serpe no Paraíso, entendida polos Pais e os esexetas católicos como o primeiro anuncio da salvación: un descendente da muller, Xesús, vencerá as forzas demoníacas (serpe).
-
Evanxeo apócrifo atribuído ao apóstolo Santiago o Menor que trata sobre o nacemento da Virxe e a infancia de Xesús. Parece ser que foi escrito no s II.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Folla propia do estado novo dunha planta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
protomédico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Protista esencialmente fotosintetizador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran nube de gas a partir da que, por contracción gravitacional, se forma unha galaxia. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Relativo ou pertencente ao protogótico.
-
Estilo arquitectónico desenvolvido entre o románico e o gótico (finais s XII-comezos s XIII). Supuxo a introdución do arco apuntado, a progresiva desaparición de iconografía románica e un incremento do naturalismo e a humanización nas composicións. En Francia destacan a abadía de Saint-Denis, as catedrais de Sens e Chartres e o inicio de Notre-Dame de París. Na Península Iberica desenvolveuse coa obra do Mestre Mateo, que empregou bóvedas de cruzaría no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, e coa arquitectura cisterciense, caracterizada pola austeridade construtiva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período de transición situado entre a Prehistoria e a Historia. Sepárase da Prehistoria pola existencia de fontes escritas indirectas e os seus límites cronolóxicos varían segundo cando se descubrisen as fontes escritas nos distintos países. Abrangue as últimas etapas do Neolítico a Idade dos Metais, ademais das culturas que con organizacións urbanas incipientes non desenvolveron a escritura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á Protohistoria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua non testemuñada que se postula como precursora das linguas indoeuropeas, que se cre foi falada nalgún lugar da península de Anatolia ou no Cáucaso hai uns 7.000 anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma reconstruída dunha lingua orixinal da que proveñen outras. As linguas que remiten a unha mesma protolingua teñen unha relación xenética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción na que unha substancia química se descompón mediante a acción dun medio protónico calquera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro dos mártires en sentido cronolóxico. Aplícase comunmente a santo Estevo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tribunal de Castela creado en 1477 polos Reis Católicos e formado polos protomédicos que examinaban e concedían licenzas para exercer a medicina. No s XVII, cos decretos de Nueva Planta, a súa xurisdición estendeuse á Coroa de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos médicos que formaban o tribunal do protomedicado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Motivo ornamental que representa a cabeza ou a parte anterior dun animal ou do home.
-
-
Relativo ou pertencente aos protomonadinos.
-
Protozoo da antiga orde dos protomonadinos.
-
Antiga orde de protozoos flaxelados que incluía especies de tamaño pequeno (ata 10 μ) que teñen de 1 a 16 flaxelos, sen filamento axial nin outras formacións especiais no citoplasma. Actualmente, os seus membros quedaron repartidos en diferentes ordes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partícula de carga eléctrica positiva, a de menor masa da familia dos hadróns. Dentro desta familia é un barión e, máis exactamente, un nucleón. A súa masa en repouso é de 1,6726485×10-27 kg. Ten unha carga eléctrica igual á do electrón, aínda que de signo contrario. É un fermión (spin 1/2), e o seu momento magnético é 1,5210322, en magnetóns de Bohr. Segundo o modelo dos quarks, un protón está composto de dous quarks u e dun quark d. As teorías de grande unificación prognostican que o protón é inestable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Encadeamento das tres reaccións nucleares de fusión que, de maneira semellante ao ciclo de Bethe, poden ter lugar de xeito natural nunha estrela, onde se forma helio a partir de hidróxeno e onde se mide unha certa cantidade de enerxía, que é de 26,72 MeV por cada ciclo. OBS: Tamén se denomina de ciclo de Critchfield.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano excretor dos animais acelomados ou dos celomados sen celomoporos, formado por unha ou varias células flamíxeras e os seus respectivos nefrodutos.