"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Parque do Canadá, na provincia de Alberta, situado nas Montañas Rochosas; limita ao N co Jasper National Park e co Clearwater Forest, ao O cos parques nacionais de Yoho e Kootenay e ao L co Bow River Forest. Abrangue unha superficie de 6.666 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Profesor na Universidade de Milán e senador da República. Defendeu o que el mesmo chamaba racionalismo crítico que, a partir dunha análise fenomenolóxica do acto do coñecemento, quería chegar a unha ontoloxía crítica que evitase o relativismo e o dogmatismo. Nos últimos anos da súa vida inclinouse cara ao marxismo. Escribiu entre outras, Principi di una teoría della ragione (Principios dunha teoría da razón, 1926), La ricerca della realtà (A busca da realidade, 1959) e Studi sulla filosofia del Novecento (Estudios sobre a filosofía novecentista, 1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Onomatopea que imita un disparo.

    2. Signo de exclamación (!) empregado para indicar sorpresa nun foro de discusión en liña.

    3. Efecto sonoro de detonación producido polas ondas de choque dun avión en réxime transónico ou supersónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e veterinario, coñecido especialmente polos seus traballos sobre a brucelose dos bóvidos. Descubriu o bacilo de Bang (Brucella abortus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Desenvolveu o seu labor no eido do xornalismo, da crítica e do teatro, aínda que destacou como novelista da escola realista. As súas obras, xeralmente breves, poñen de manifesto un grande espírito de observación e un profundo coñecemento da vida, pero tamén destacan pola súa acertada pintura de caracteres. Ademais de dous tomos de estudios críticos Kritische Studien (1879) e Realism og Realister (1879), tamén escribiu Haablose Stägter (1880), Fädra (1883), Excentrische Noveller (1885) e Stille Existenser (1886), coleccións de novelas entre as que se conta Ved Vejen, considerada a súa mellor obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción pacega na que Emilia Pardo Bazán situou os escenarios da novela El cisne de Vilamorta (1855). Neste pazo pasaba algunhas temporadas xa que o seu marido pertencía á familia dos Quiroga, propietaria do pazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ao pintor anónimo, que realizou as pinturas murais das igrexas de Santa Baia de Banga e Santa María de Mugares, ambas situadas en Ourense, contra o ano 1555. Podería tratarse de Bertomeu García de Bahamonde, abade relacionado coa construción de Santa María de Mugares. Artista manierista, a súa obra está dirixida a un público humanista, xa que fai uso de gravados e conceptos tomados de Alciato e de Marsilio Ficino, baseando as súas propostas artísticas no neoplatonismo. Probablemente foi discípulo do Mestre de Sixto, dado o seu contido neoplatonista, o seu gusto pola narratividade e a minuciosidade nas descricións, e pola forma de compoñer e de estruturar os temas, elaborando os programas iconográficos de forma illada, utilizando os marcos abertos propios do estilo manierista. Non obstante , o Pintor de Banga interesouse por unha pintura máis sobria e por unha temática pagá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada no Carballiño. Na bóveda da capela maior conserva as pinturas murais do chamado Pintor de Banga. A temática destas pinturas está estruturada en tres espacios que corresponden aos tres niveis da mensaxe: os dons da divindade, o influxo dos astros e os videntes; está iconograficamente relacionada cos emblemas de Alciato. Estes temas amosan o coñecemento das teorías de Copérnico e do pensamento neoplatonista florentino. Conserva unha pía bautismal tardogótica. Foi declarada Ben de Interese Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua de Oceanía. Inclúese dentro da familia austronésica e no grupo malaio-polinesio, do subgrupo das celebes. Botan man dela para comunicarse uns 200.000 falantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acio que tarda máis ca os outros na súa maduración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resto que queda do acio ao lle tiraren as uvas. SIN: cangallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Capital do estado de Karnataka, India, situada no altiplano do Deccán, a 900 m de altitude (4.130.288 h [1991]). Centro dunha rexión agrícola e núcleo industrial importante, foi fundada no s XVI pola dinastía de Maisuru. En 1758 converteuse en posesión de Haidar ‘Alí. En 1791 os ingleses tomaron a cidade e a restituíron o territorio de Maisuru. En 1831 converteuse en cuartel xeral da administración brítanica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua africana da familia bantú e do grupo bantoide, subgrupo bané, bantú das praderías, bamileké. Fálase en Camerún e conta con preto de 75.000 falantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do mar da China Meridional, situada ante a costa sudoriental de Sumatra, separada desta illa polo estreito de Bangka. Pertence a Indonesia e incluíuse na provincia de Sumatra Meridional. A riqueza principal da illa é a minería. A capital é Pangkalpinang, e o porto máis importante é Muntok. Posesión do reino de Srivijaya durante o s VII, foi sometida posteriormente (s XVIII) ao sultanato de Palembang. Contra o 1710 adquiriu grande importancia a causa da descuberta de xacementos de estaño. Cedida en 1812 a sir Thomas S. Raffles, gobernador británico de Xava, en 1816 pasou a formar parte das Indias Orientais Holandesas. Despois da ocupación xaponesa (1942-1945) foi de novo invadida polos holandeses. En decembro de 1949 entrou a formar parte dos Estados Unidos de Indonesia e en agosto de 1950 da República de Indonesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Tailandia, á beira dun dos brazos do delta do Chao Phraya (5.584.963 h [1996]). Está atravesada por numerosas canles que chegan ata o centro, máis moderno. É o principal centro económico de Tailandia e a poboación traballa, sobre todo, no sector terciario. A súa principal actividade industrial é a preparación do arroz. Practicamente non adquiriu importancia ata fins do s XVIII, cando o xeneral Chao Phraya Chakri chegou ao poder co nome de Rama I e escolleu Bangkok (1782) para substituír a Thon Buri como capital de Tailandia. Desde entón a cidade desenvolveuse como centro político, económico e social. Durante a Segunda Guerra Mundial (1941-1945) estivo ocupada polos xaponeses, que a converteron en centro de aprovisionamento. Entre os monumentos máis importantes salienta o templo de Vat Phra Keo, comezado no 1785 e considerado un dos máis fermosos pagodes budistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Pontedeume. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Bangar. As súas armas levan dúas pedras, unha enriba da outra, sobre campo de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO