"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
PERSOEIRO
Político, marqués de Villena e duque de Escalona. Foi lugartenente de Catalunya (1693-1694) e vicerrei de Aragón (1694-1695), de Sicilia (1701-1702) e de Nápoles (1702-1707). De volta a Madrid, propúxolle a Filipe V a creación da Real Academia Española de la Lengua (1714), da que foi o primeiro presidente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou pintura na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1943). Na Coruña foi profesor na Escola de Náutica e Máquinas (1948), no Instituto Masculino (1950), na Escola de Comercio e na Escola de Artes e Oficios Artísticos (1957), da que foi director. Membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1969), foi dende 1980 vogal do padroado do Museo de Belas Artes da Coruña. Presidiu a Asociación de Artistas da Coruña (1952-1953). Realizou numerosas exposicións individuais na Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter político aparecida na cidade de Ferrol a partir de 1931. Foi a voceira dos republicanos federais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1328-1343) e conde de Évreux. Casado en 1317 con Xoana II de Navarra, foi proclamado rei de Navarra en 1328, polo que se viu obrigado a renunciar os seus dereitos ao trono francés. Aínda que se enfrontou en varias ocasións co rei castelán Afonso XI, colaborou con este no sitio de Algeciras (1342).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Hispanista e historiador británico. Coñecido como Gerald Brenan, residiu en Andalucía entre 1919 e 1936, e novamente dende 1953. Publicou, entre outras obras, The Spanish Labyrinth (1943), The Face of Spain (1950) e The Literature of the Spanish People (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Hannover a partir de 1980. Escrita, entre outros, por X. Duarte Seoane, trátase do voceiro do centro galego fundado nesa cidade alemana. Contén información de carácter societario, xunto con artigos sobre a arte, a cultura e as tradicións de Galicia. Incluíu tamén fotografías de actos institucionais e de personaxes galegos, xunto con viñetas humorísticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Bretaña (1442-1450). Apoiou a Carlos VII de Francia no seu enfrontamento cos ingleses en Normandie, onde fixo arrestar o seu irmán Gilles, aliado do monarca inglés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Bretaña (1458-1488). Sucesor do seu tío Artur III de Richemont, enfrontouse a Luís XI de Francia, ao querer este reducir a independencia do seu ducado (1464). Durante a rexencia de Ana de Francia, interveu na Guerre Folle (1845), pero foi derrotado polas forzas da rexente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo obreiro fundado en 1972 afín á Unión do Pobo Galego (UPG). A súa penetración centrouse maioritariamente en Vigo nas empresas Citroën, Barreras e Vulcano; na comarca de Ferrolterra, aínda que sen chegar ás grandes empresas Astano e Bazán; na Coruña, onde reclutou militantes procedentes de Comisións Obreiras, nos sectores de sanidade e da construción; e noutras comarcas achegou membros procedentes dos sectores obreiros cristiáns. En 1975 a UPG tomou conciencia da importancia de contar cun grupo sindical propio e constituíu o Sindicato Obreiro Galego. Editou O Eixo, Obradoiro, Adiante e Ferramenta Galega.
-
FILOSOFOS
Filósofo e sociólogo. Formado en dereito, medicina e filosofía, foi profesor de dereito internacional na École des Sciences Politiques. Entre as súas obras destaca Les sophistes allemands et les nihilistes russes (Os sofistas alemáns e os nihilistas rusos, 1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao defunto ou aos defuntos.
-
Relativo ou pertencente á morte ou que a evoca.
-
Que ten ou mostra tristeza.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter republicano editada en Bos Aires a partir do 18 de xuño de 1937. Cesou a súa edición aos tres ou catro meses. Subtitulouse “Semanario popular informativo”. Fundado e dirixido por Luís Seoane e Xosé Núñez Búa, nos seus artigos tentaba difundir os dereitos do pobo galego á súa autodeterminación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-quincenal, editada en Madrid durante os anos 1937 e 1938 pola Agrupación de Gallegos Libertarios, baixo a dirección do mestre ourensán Samuel Gómez González. A partir do nº22 (15.5.38) pasou a denominarse “Órgano de la Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios”. En total imprentáronse 37 números en Madrid; trasladáronse a comezos de 1939 a València, onde se confeccionaron dous máis. Nas súas páxinas agrupou os colectivos de combatentes galegos que loitaban a prol da República e que se identificaban coa ideoloxía anarquista; entre eles podense citar Miguel Vázquez Valiño, Manuel Pita Armada, Xosé Ledo e Luís Chamorro. Tamén dende América, onde o periódico tiña abondosa distribución, houbo colaboradores na emigración galega, e destacaron as achegas do publicista Campio Carpio dende Arxentina.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter sindicalista editada a partir de setembro de 1968. Subtitulouse “Órgano das Comisións Obreiras”. Tentou ser un instrumento de comunicación para os traballadores no que se promovía a oposición ao réxime franquista e ao capitalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter político aparecida na Coruña a partir de 1977. Editada inicialmente polo Partido do Traballo de España e órgano do comité nacional de Galicia, co tempo pasou a depender do Partido do Traballo de Galicia. Dirixida por Xosé A. Caramés, a partir de abril de 1977 ocupou ese cargo Xosé L. Burgos. Incluíu artigos referidos aos problemas económicos e políticos de Galicia, así como referencias á universidade galega e temas de carácter social. No seu interior, inseriu un informe referido a diversos sectores económicos de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter vangardista editada en Santiago de Compostela a partir de 1986. Coordinada por José A. Alonso, Suso Iglesias, Pepe Barro e Lois Rodríguez, recibiu o apoio da Xunta de Galicia e da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Prestaba unha especial atención á fotografía e á pintura, e incluíu artigos relacionados co vídeo e a música.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (Brescia 360? - 410?) Eclesiástico, escritor e bispo de Brescia (397-410?). Amigo de Ambrosio de Milán, intercedeu a favor de Xoán Crisóstomo, perseguido pola corte de Constantinopla. Deixou vinte e un sermóns escritos nun estilo simple e claro, con influencias clásicas. A súa festividade celébrase o 25 de outubro.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e escritor galés. Coñecido como Gerallt Cymro ou Gerald de Barri, foi arcediago de Brecknock e cara ao 1184 estivo ao servizo do Rei Enrique II, etapa durante a que escribiu importantes compilacións sobre a historia de Irlanda e de Gales, caracterizadas por unha grande inventiva. Nomeárono dúas veces para o cargo de bispo de Tyddewi, sen embargo, a súa oposición á autoridade anglonormanda sobre a igrexa de Gales e a súa ambición de independizar Tyddewi do bispado de Canterbury, ocasionaron a anulación do seu nomeamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do NO de Europa, a máis grande das illas do arquipélago británico (229.334 km2; 58.057.300 h [estim 2000]). Comprende Inglaterra, Escocia e Gales.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gregorio Bar Hebreu.