"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • Ópera de Ch. W. Gluck estreada en 1762 en Viena. Dividida en tres actos, pretendeu incorporar a antiga traxedia grega e a estrita e elexíaca aproximación do teatro grego ás correntes da ópera vienesa daquela época. Gluck, aconsellado polo libretista R. Calzabigi, fixo unha reforma da ópera, suprimindo as incongruencias e a supeditación absoluta do texto que se introducira na época barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Foi membro da CNT coruñesa e un dos alicerces da reorganización do Sindicato de Industria del Tabaco Nueva Aurora (1930). Membro da corrente máis moderada da Federación Local Obrera, integrou en diversas ocasións a súa directiva, colaborando activamente no semanario Solidaridad Obrera. Na Segunda República Española formou parte do Partido Sindicalista e exerceu como secretario do Centro de Estudios Sociales Germinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, desenvolveu toda a súa actividade xornalística en Galicia, especializado no ámbito político e social. Foi correspondente en Galicia de El Periódico de Catalunya (1993-1999), directivo da Asociación da Prensa de Santiago e delegado de Faro de Vigo en Santiago de Compostela ata 2000, cargo que abandonou para incorporarse como director do xornal La Opinión A Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Morea de ourizos que se deixan á intemperie para que sequen as castañas.

    2. Lugar onde se poñen a secar os ourizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘centeo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das bolsas incubadoras dos briozoos, que se localizan no extremo oposto da cavidade celómica, e onde ten lugar o desenvolvemento embrionario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • acrocefalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do voivodato de èódzkie, Polonia (74.270 h [2000]). Situada ao SO de èódź, é un mercado agrícola de patacas e cereais e un núcleo de industria téxtil, química e do papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de bloques de xeo desprendidos dos icebergs nunha banquisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi aprendiz de Federico de Madrazo e estudou en Italia, onde coñeceu a pintura clásica. Especializouse en pintura de tema histórico e nos retratos. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en 1872, director da Real Academia de Bellas Artes de Roma en 1882 e director do Museo Nacional del Prado. Acadou medallas nas Exposiciones Nacionales de 1862, 1866 e en 1871 co lenzo El 3 de mayo de 1808.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anormalidade que consiste no aumento da cabeza a causa dun engrosamento das paredes do cranio con sinostose dos ósos parietais e do occipital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Hidrólogo e xeógrafo francés. Foi profesor na universidade en na escola de hidráulica de Grenoble. Foi considerado un dos grandes especialistas en hidroloxía. Estudou os réximes do Ródano, o Mississippi, o Garonne e ríos de Europa Oriental, ademais das cheas fluviais e as inundacións en diversas partes do mundo. Das súas obras destacan Fleuves et rivières (1933), Hydrologie fluviale (1943) e Sur la puissance des crues en diverses parties du monde (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do kraj de Pardubiký, República Checa, situada ao L de Praga e á beira do Elba (91.292 h [2001]). Dispón de industrias químicas e electrónicas e dunha refinaría de petróleo. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas dedicadas a san Bertomeu e aos Tres Reis, de estilo gótico tardío, e a Porta Verde (1507).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Despois de debutar moi novo no teatro, destacou no cine polos seus papeis de galán, como nos filmes Donde vas, Alfonso XII? (1958), La verbena de la Paloma (1963) ou Varietés (1971). Tamén interpretou outros papeis nas películas Las largas vacaciones del 36 (1976), La guerra de papá (1977), La leyenda del tambor (1981), Suspiros de España (y Portugal) (1995) e Tranvía a la Malvarrosa (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte dunha partitura que corresponde a unha soa voz ou instrumento dunha obra musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Pastoriza ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Pastoriza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de matrices que serve para describir as propiedades das partículas que teñen o spin igual a 1/2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está provisto de pedicelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apéndice que presenta glándulas velenosas, presente na superficie do corpo dos equinodermos. Pode ser pedunculado e rematado en tres brazos móbiles nos equinoideos, ou sésil rematado en dous brazos móbiles nos asteroideos.

    VER O DETALLE DO TERMO