"Mac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

    1. Formación dunha neoplasia.

    2. Proceso de rexeneración dun tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. A súa obra caracterizouse polo estilo rápido na execución, por unha técnica moi esmerada e polo emprego de catro cores. Destacan o Rapto de Proserpina, Apolo e Artemisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción dos grupos metileno ou metilo veciños dun carbonilo de cetona co ácido nitroso, producido in situ mediante a hidrólise ácida dun nitrito de alquilo, para formar α-oximinocetonas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro arqueolóxico de Perú situado no val do río Lurín, na rexión costeira central. Foi un centro cultural moi destacado do período urbanístico (1000-1440), ata que foi conquistado polos incas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Física. Doutora en Física (1963) e catedrática da Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudos no Institut de Calorimetrie et de Thermogenese de Marsella e en 1964 introduciu a microcalorimetría en España. Realizou traballos sobre termodinámica aplicada, diversos estudos calorimétricos e determinacións de calor específica de sólidos e líquidos. Coordinou o equipo que elaborou o sistema experto para predicir o perigo de incendios forestais en Galicia e o proxecto THOR. Ademais, foi membro fundadora e presidiu, en dúas ocasións, o Comité Permanente da International Conference on Thermodinamics of Solution of non-electrolites; tamén presidiu a sección de Galicia da Real Sociedad Española de Física e o comité de dirección de EUROSTAR SCIENCE. É autora de La Era del vapor y el nacimiento de una nueva ciencia: la termodinámica (1990). Recibiu a Medalla de Ouro da Real Sociedad Española de Física (1992), o Premio Galicia de Investigación Antonio Casares y Rodrigo (1999) e a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Dirixiu as obras dos camiños do Reino de Galicia e León e contribuíu á reforma urbanística de Santiago de Compostela. Realizou parte do edificio da Universidade de Santiago de Compostela, as aulas e a biblioteca (1775-1782), xunto con Alberte Ricoy e Xoán López Freire, sobre un deseño de Miguel Ferro Caaveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor. Exiliouse a México en 1941, onde obtivo o título de arquitecto e foi profesor de deseño na Universidad de México. Proxectou o Palacio de Deportes dos xogos olímpicos de 1968 e o Centro de Exposicións da UNAM. A partir de 1978 dedicouse á pintura, cun estilo de formas indefinidas xeradas por unha aplicación coidadosa e suave da cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos trogoniformes, ao que pertence o quetzal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de plasmar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo latino. Segundo Aulio Gelio, obtivo os maiores éxitos quince anos despois da representación das primeiras obras de Nevio (235? a C) e coma este cultivou a comedia palliata. Inicialmente, encargouse da adaptación de comedias gregas, á vez que observaba os costumes dos distintos estratos da sociedade romana. A súa sona fixo que, xa morto, circulasen por Roma máis de 130 comedias apócrifas. Xunto con outros críticos, Varrón realizou a selección transmitida polos manuscritos e determinou que obras cumpría considerar como autenticamente plautinas: Asinaria, Aulularia, Bacchides, Captivi, Epidicus, Menaechmi, Miles gloriosus, Persa, Trinummus, Truculentus e Vidularia, entre outras. Co seu teatro, en que introduciu algúns aspectos autobiográficos, tendeu a renovar definitivamente a escena romana e manexou cun virtuosismo extraordinario os metros dos diálogos ou dos cantica....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • macedoniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pomacéntridos.

    2. Peixe da familia dos pomacéntridos.

    3. Familia de peixes, da orde dos perciformes, que teñen o corpo curto, alto e comprimido, coa cabeza curta e a boca pequena. Habitan en augas costeiras dos mares cálidos e, en menor medida, en augas tépedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten froitos en pomo.

      1. Relativo ou pertencente ás pomáceas.

      2. Planta da antiga familia das pomáceas.

      3. Antiga familia de plantas dicotiledóneas, que actualmente se incluíron na familia das rosáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo pomaco.

    2. Individuo do pobo pomaco.

    3. Pobo búlgaro, de relixión musulmá, que, ao redor duns 150.000, vive nas montañas do Rodopē. Descendentes de escravos anteriores á invasión búlgara, foron obrigados no s XVII a se converter ao Islam.

    4. Lingua eslava do phylum indoeuropeo que fala o pobo pomaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción sobre o río Tambre situada entre as parroquias de Agrón (Ames) e Logrosa (Negreira). Construída no s XIX, trátase dunha ponte de cantaría de tres vans rebaixados. Localízase na estrada de Santiago a Negreira, preto da vella ponte Maceira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do NL de EE UU, que separa os estados de Virginia e Maryland (640 km de lonxitude). Nace ao SL de Cumberland pola unión do North e South Potomac, e desemboca na baía atlántica de Chesapeake.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación previa.

    2. preformacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría embriolóxica proposta por G. di Aromatari e defendida por M. Malpighi, J. Swammerdam, A. van Leeuwenhoek e outros (s XVII), que afirma que os organismos están preformados nas células xerminais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao preformacionismo.

    2. Seguidor do preformacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de ser o máis importante ou o primeiro.

    2. antaxe dunha persoa ou cousa respecto doutra da mesma clase.

    3. Dignidade de primado.

    VER O DETALLE DO TERMO