"Manuel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • GALICIA

    Galeguista. En 1922 emigrou a Bos Aires onde foi o secretario da Organización Republicana Nacionalista Autónoma Galega, que se converteu na delegación do Partido Galeguista en Arxentina. Participou na fundación do xornal España Republicana e tivo unha columna chamada Rataplán, onde asinaba co pseudónimo Tatarí. Foi un activo participante das Irmandades Galegas. Participou na creación de Galeuzca, no Congreso da Emigración Galega (Bos Aires, 1956) e foi cofundador e presidente do Patronato da Cultura Galega (1968). Recibiu a Medalla Castelao (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor colombiano. Formouse na Universidad Pontificia Bolivariana e colaborou no xornal El Sol. Creador, xunto con Gonzalo Restrepo e Jaime Sanín, do grupo La Tertulia, houbo de exiliarse por motivos políticos (1948-1957). Da súa extensa produción destacan La tierra éramos nosotros (1945), El día señalado (1964, Premio Nadal 1963), Las muertes ajenas (1979), La casa de las dos palmas (1988, Premio Rómulo Gallegos 1989) e Soledumbres (1990). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidad Nacional de Colombia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escenógrafo e artista plástico. Fixo escenografías e máscaras para diversos colectivos teatrais. Traballou co Grupo de Teatro Monicreques, con Titirití e co Centro Dramático Galego, e fixo as máscaras para as obras Agasallo de sombras e Os vellos non deben namorarse. En 1985 tamén realizou as máscaras para a obra Ubue no outeiro do grupo Teatro das Catro Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marqués de Montesclaros, grande de España e comendador da orde de San Xaime. Vicerrei de Nueva España (1603-1607) e de Perú (1607-1615), fomentou as obras públicas e conseguiu aumentar a produción das minas de ouro. Membro do Consello de Estado do conde-duque de Olivares, cando este reorganizou o Consello de Aragón nomeouno presidente do Consello de Facenda (1628).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Licenciado en Historia e doutor en Pedagoxía, exerceu o ensino en colexios de Ourense e en Institutos do Carballiño e Madrid, onde o fai na actualidade como Catedrático de Ciencias Sociales. Sempre relacionado con distintos proxectos de renovación pedagóxica, foi responsable dos primeiros pasos de "Educación para la Convivencia" , como se chamaba a actual “Educación para a Cidadanía” nas primeiras reformas experimentais que se fixeron antes de que se promulgara a LOGSE en 1990. Participou en varias revistas científicas e profesionais dende os anos setenta, escribe a miúdo sobre políticas educativas en “La Voz de Galicia” e en “Escuela”. En 1983, chamou a atención sobre “Os petos de ánimas na provincia de Ourense” e comenzou a traballar intensamente coas editoriais “Popular”, “La Piqueta” e “Endymion”, de Madrid, vencelladas as duas últimas á relevante “Librería Fuentetaja”. Tamén colaborou en RNE-RADIO2 coa etnomusicóloga Xaquina Labajo, no programa “PARAMUSICALIA”...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro técnico e sindicalista. Foi presidente e secretario de Formación Sindical e Migración da Confederación Intersindical Galega (CIG) e pertenceu ao consello asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación (IGADI). Foi secretario da Irmandade Galega de Bos Aires (1969-1972) e fundador da organización estudantil ERGA (1972). Membro do secretariado político da Unión do Pobo Galego (UPG), foi secretario xeral da Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG) entre 1987 e 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico dermatólogo. Foi director da Revista Médica Gallega, onde publicou numerosos artigos, como “Tratamiento del prurito de algunas dermatosis (Urticaia, escrófula, prurito de Hebra)” (1922), “Diagnóstico y tratamiento de la sarna” (1923), “El tratamiento de los sabañones” (1924) ou “El goneal en Venereología” (1925). Tamén escribiu algunhas monografías como Higiene y régimen en la sífilis y en la blenorragia (1926), El problema social de la sífilis (1928) e Algunhas consideraciones acerca del problema de la lepra en Galicia (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Ingresou nas Juventudes Tradicionalistas (1945), das que chegou a ser delegado en Galicia. Colaborou con diversos xornais como La Noche e El Correo Gallego. Publicou La expedición del general Don Miguel Goméz por el Reino de Galicia en 1836 (1848) e A donde vamos? (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e escritor. Catedrático de Literatura na Universitat de Barcelona, comezou a súa carreira literaria en El Vapor (1836), órgano difusor da Renaixença. Publicou diversos traballos sobre poesía tradicional catalá (Romancerillo catalán, 1853), literatura trobadoresca (De los trovadores en España, 1861) e epopea castelá (De la poesía heroico-popular castellana, 1874). Dedicouse á crítica literaria e da arte, e ao estudo das literaturas catalá, castelá, francesa, occitana, inglesa e alemá. Historiador da literatura catalá, a súa Ressenya històrica i crítica dels antics poetes catalans foi premiada nos Jocs Florals de 1865. Presidiu os Jocs Florals en dúas ocasións e a Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona (1861-1878). O seu discípulo Marcelino Menéndez Pelayo publicou postumamente as súas Obras completas (1888-1896), en oito volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1907) e doutorado (1917) na Universidad de Madrid, está considerado o primeiro especialista en radioloxía de Galicia. Iniciou as súas actividades en Vigo (1908), onde xa en 1915 posuía instalación de raios X. Posteriormente, instalou en Vigo o primeiro gabinete de Galicia dedicado á radioloxía (1923), que foi considerado como un dos máis importantes de España. Destacou como radioterapeuta no tratamento do cancro e exerceu como xefe médico do servizo de Radioloxía e Diatermia do Hospital Municipal de Vigo. Publicou o traballo Ligeras nociones acerca de los Rayos X y de sus aplicaciones (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Alcalde de Moaña (2003), deuse a coñecer na década de 1990 cunha poesía culturalista que pretendía afondar na condición humana sen limitacións espazo-temporais. Publicou estudos sobre figuras da literatura galega como Vicente Risco, Johan Carballeira e A. Castelao, e o poemario Este é o tempo do sal (1992), co que gañou o accésit do XI Premio Esquío. Escribiu tamén As palabras no espello (1995) e participou nas edicións de Profecía do mar (1995), de Bernardino Graña; e Da terra asoballada (1996), de R. Cabanillas. Foi galardoado en tres ocasións no Concurso Nacional de Poesía O Facho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Comezou a súa traxectoria co grupo Itaca Teatro, co que realizou espectáculos como Historia do Zoo (1981) ou Eclipse Total (1984). Na pantalla grande participou nos filmes Las cartas de Alou (1990), Matías, juez de línea (1996) e La vida que te espera (2004); e dentro do ámbito televisivo, a súa experiencia abrangue producións como Pratos combinados, A familia Pita e Hospital Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Comezou cultivando a pintura tradicional e evolucionou cara ao surrealismo a partir de 1948, influído por J. Torres García e J. Miró. Foi un dos fundadores do grupo El Paso e difundiu a arte moderna na súa comunidade de orixe. Realizou obras con imaxes abstractas en branco e negro ou negro e vermello. Pintou Animal de fondo (1963) e Antropofauna (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Colaborou en diversas publicacións e xornais como Arco da Vella, El Ideal Gallego, Man Común, A Nosa Terra ou La Voz de Galicia. Autor das traducións ao galego de Xaime Quessada (1981), de Francisco Pablos, e A descuberta de Harry (1994), de Matthew Lipman, escribiu o poemario Xénese e apocalipse (1981) e Manuel para escritores e outras sátiras (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Oficial da Mariña e enxeñeiro de formación, ocupou os cargos de correspondente, delegado, redactor, xefe e subdirector da Axencia EFE en distintos países. Director da publicación de carácter científico Ciencia y Divulgación, foi director na UE do Centro Iberoamericano de Comunicación y Estudios Sociales (CICES) e colaborador habitual en El Correo Gallego e Galicia Hoxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Rodríguez Moldes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor. Licenciado en Ciencias da Información, foi o fundador e presidente de M. Moleiro Editor SA, empresa especializada na reprodución de obras de arte bibliográficas en soporte de pergameo, vitela, papel e papiro de entre os ss VIII e XVI. Elaborados a partir das obras de arte orixinais conservadas en bibliotecas, museos e arquivos de todo o mundo, reproduciron obras da bibliografía universal procedentes da British Library, do Metropolitan Museum of Art de Nova York ou da Biblioteca Casanatense de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Suárez-Pumariega Molezún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista. Coñecido como Juanet, en 1924 exiliouse a Francia, onde foi secretario da Federación de Grupos Anarquistas de Lengua Española (1926). Volveu a Barcelona coa Segunda República e foi secretario do comité peninsular da FAI. De novo no exilio francés, despois de 1939 foi secretario xeral do Movimiento Libertario Español, reconstruído en 1943, e posteriormente militou na denominada CNT “política”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Hernández i Mompó.

    VER O DETALLE DO TERMO