"Marc" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 524.

  • GALICIA

    Comarca rural situada na parte occidental do interior da provincia da Coruña (42° 56’ 57’’ N - 8° 04’ 59’’ O. Limita ao N coa comarca de Bergantiños (Coristanco), ao L coas de Ordes (Tordoia), Santiago (Val do Dubra), A Barcala (A Baña e Negreira), ao S coas comarcas de Noia (Outes) e Muros (Muros e Carnota) e ao O coas da Terra de Soneira (Zas) e Fisterra (Dumbría). Abrangue 391 km2cunha poboación de 16.563 h [2001] distribuída nos concellos de Mazaricos (187,3 km2; 5.769 h [2001]) e Santa Comba (203,7 km2; 5.769 h [2001]). A vila de Santa Comba é a reitora da comarca, un dos tradicionais centros de mercado que organiza o sistema rural de Galicia.
    Xeografía física
    Xallas constitúe un territorio intermedio dentro da provincia da Coruña entre as terras que descenden cara á costa atlántica, ao N, e as que forman as comarcas que rodean o río Tambre. Trátase dunha extensa chaira pola que discorre o curso do río Xallas. Unha meseta perfectamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1481-1513), de Noruega (Xoán I; 1481-1513) e de Suecia (Xoán II; 1497-1501), fillo e sucesor de Cristián I. Apoderouse do ducado de Holstein, que compartiu co seu irmán Federico. En 1497 sucedeu a Sten I no trono de Suecia, pero unha revolta expulsouno do país en 1501.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, deseñador e urbanista. Membro do CIAM e redactor en xefe de Casabella (1947-1949), deseñou a máquina de coser Borletti (1956), o aparato de televisión Doney Brion Vega (1962), a radio e o teléfono Siemens (1966) e a butaca Fourline. Realizou estudos teóricos para a industrialización da construción e sobre novos materiais, que se reflectiron na fábrica de cerámica e o complexo para os traballadores de Palermo (1956) e na fábrica Olivetti de São Paulo (1957-1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Pintou o políptico do Collegio di Spagna (Boloña), onde sintetizou a forza expresiva e a técnica das escolas de Padua e Ferrara coa diafanidade cromática dos venecianos.

    VER O DETALLE DO TERMO