"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PERSOEIRO

    Erudito inglés, tamén coñecido por lord Berners. Estivo ao servizo de Enrique VIII. Traduciu as Chroniques de Jean Froissart (1523) e o Libro áureo do emperador Marco Aurelio, de Antonio de Guevara (1535), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista francés. Estudiou fundamentalmente a lingua e a literatura gascona. Publicou Éléments de linguistique romane (Elementos de lingüística romana, 1910) e Précis historique de phonetique française (Compendio histórico de fonética francesa, 1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista francés. Colaborou na Revue des Langues Romanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrática de Filoloxía Románica da Universidade de Granada dende 1984 a 1986; neste último ano obtivo a mesma cátedra na Universidade de Santiago de Compostela, centro no que desempeña o seu labor docente e investigador, e do que foi directora do Servicio de Publicacións (1984-1990). Coordinou, ademais, a revista Verba, Anuario Galego de Filoloxía (1978-1987), foi membro do seu consello de redacción e dirixiu a Revista Galega do Ensino. No eido da lingüística destacan os seus traballos sobre a formación de palabras como a monografía Antónimos latinos y españoles. El prefijo IN (1980) e os centrados especificamente na lingua galega: “Formación y características del gallego”, “La partícula gallego-portuguesa ar/er”, “Aproximación ao estudo das palabras compostas”, etc. Destacable neste ámbito é a súa contribución ao Lexikon der Romanistischen Linguistik (vol II, 1994) con dous...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, decorador e deseñador húngaro. Abandonou a escola de Belles Arts de Viena aos dezaoito anos e ingresou na Bauhaus de Weimar, onde chegou a ser profesor. A súa contribución á renovación do deseño do moble foi decisiva. No 1925 inventou o moble de tubo metálico adaptado á gran serie industrial, a cadeira Wassily. De todas as súas creacións, a máis orixinal é a cadeira cantilever (1928) en forma de S e recoñecida como a cadeira comercial máis empregada no mundo e síntese do deseño da Bauhaus. Apaixonado pola arquitectura, deixou a Bauhaus en 1928 e trasladouse a Berlín para estudar con profundidade esta arte. Co auxe do nazismo emigrou a Londres e aos EE UU, onde exerceu unha grande influencia na arquitectura e no urbanismo. Alí fundou un estudo de interiorismo adscrito aos principios racionalistas da nova arquitectura. Coa chegada definitiva do nazismo, marchou primeiramente a Londres, onde iniciou a construción dos seus edificios apoiados nun Y de cemento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barco de vela de tres ou máis paos, amais do bauprés, de tres pezas, cruzados e con gabias, que aparellan velas redondas, levando o pau de mediana, que é de dúas pezas, sen cruzar e sen gabias, pero cunha botavara e un pico para izar a áurica e a escandalosa. Tamén recibe o nome de bergantín-corveta, corveta e barca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e filósofo estadounidense. Estudiou na Universidade de Harvard, onde foi profesor de matemáticas e de filosofía natural dende 1926. A súa carreira como investigador centrouse nos efectos das altas presións sobre a materia. Tamén contribuíu ao avance da cristalografía e abriu o camiño para a obtención de diamantes artificiais, que conseguiu no 1955 nos laboratorios da General Electric. No 1946 acadou o Premio Nobel de Física pola invención do aparello para producir presións extremadamente altas, amais doutros descubrimentos que realizou vinculados a este eido. Entre as súas obras cómpre destacar The Logic of Modern Physics (A lóxica da Física moderna, 1927), The Physics of High Pressure (A Física de altas presións, 1931), The Nature of Physical Theory (A natureza da teoría física, 1936), The Nature of Thermodynamics (A natureza da Termodinámica, 1941) e Reflections of a Physicist (Reflexións dun físico, 1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e académico. Foi un dos mellores coñecedores da cultura romántica, como reflectiu nas súas obras Romantic art (Arte romántica, 1958) e L’Allemagne romantique (A Alemaña romántica, 1963), e das manifestacións artísticas de aspecto fantástico que estudiou na súa obra L’art fantastique (A arte fantástica, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía aeronáutica británica fundada no ano 1962 pola fusión das firmas Bristol Aircraft Corporation, Fairey Aviation Corporation Limited, English Electric e Vickers Armstrong Limited. Entre as súas realizacións está o Comet-IV, o cuadrirreactor VC-10, o trirreactor Trident HS-121 e o birreactor BAC-111; contribuíu a proxectos conxuntos como o do Concorde. Dende 1977 forma parte da British Aerospace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico irlandés. Foi premiado como mellor actor de teatro en Londres e na BBC Television. Continuou a súa carreira protagonizando a serie televisiva Remington Steele. Obtivo unha enorme popularidade protagonizando o papel James Bond, o sonado axente secreto, nos filmes Goldeneye (Ollo de ouro, 1995) e World is no Never Enough (O mundo nunca é suficiente, 1999). Entre as súas películas destacan: The Long Good Friday (O longo Venres Santo, 1980), The Lawnmower Man (O cortador de céspede, 1991) e Tomorrow Never Dies (O mañá nunca morre, 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, escritor e patricio romano. Foi educado polo seu tío Catón de Útica e gozou da amizade de Cicerón. Participou na Batalla de Farsalia no bando dos pompeianos e, trala derrota, César permitiulle marchar a Atenas, onde continuou os estudios de filosofía. Axudado por César, no 45 a C accedeu ao cargo de pretor urbano. Participou na conxura anticesariana pensando que así se salvaría a República; sen embargo, debido á sublevación popular contra os conxurados fuxiu e morreu na Batalla de Filipos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro da Real Academia Galega e da de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, así como correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e do Instituto Português de Arqueologia, História e Etnografia. En 1954 foi galardoado co premio xornalístico Pérez Lugín. Colaborou en distintos xornais e revistas como El Orzán, El Ideal Gallego, Vida Gallega ou Finisterre, e publicou El coloso de Rande (1927), El sentimiento lírico materno en la pintura de Ovidio Murguía (1951), La gaita en Britania (1956), Sofía Casanova: un siglo de glorias y dolores (1964) e Compostela: piedra y alma (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador. Emigrou de neno a Bos Aires pero regresou para estudar enxeñería en Madrid, carreira que abandonou. Ligado á corrente do modernismo, a súa obra caracterízase por estar cargada de simboloxía. Colaborou en La Esfera. En 1913 participou nunha exposición de artistas galegos organizada polo centro galego de Madrid, e ao ano seguinte, no salón de humoristas. Presentou tamén dous debuxos á exposición rexional de 1917. En 1935 regresou á Arxentina, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre os municipios de Guitiriz e Aranga. No seu cumio atópase Pena Marcada con 726 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Worms e canonista. Mestre do Emperador Conrado II, recompilou unha colección de canons titulada Decretum Brocardum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Domenico di Giovanni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e liturxista alemán. Desde 1484 foi mestre de cerimonias pontificio. É autor dun Liber notarum, que constitúe unha das primeiras fontes para o estudo da época dos Borja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da cultura e tratadista de arte. Formouse en Suíza e Alemaña. Entre 1839 e 1843 residiu en Berlín onde coñeceu o historiador Ranke e o historiador da arte Kugler. Exerceu de profesor en Zúric e en Basilea dende 1858. Nas súas obras centrou a súa atención en Italia e considerou a civilización como unha unidade, con diferentes compoñentes, dos que destacan os feitos e os acontecementos da arte. Presentou unha visión da cultura marcada por un certo pesimismo, ao considerala o único dos tres elementos que, na súa opinón, compoñen a civilización (a relixión, o estado e a cultura) capaz de producir un renacemento. Entre as súas obras cómpre destacar Die Kultur der Renaissance in Italien (A cultura do Renacemento en Italia, 1860); en Geschichte der Renaissance (Historia do Renacemento, 1867) interpretou as formas artísticas como expresión do seu período histórico. Creou unha escola da que o máximo expoñente foi H. Wölfflin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta e erudito. Investigou en diversos arquivos peninsulares, preferentemente no da catedral de Toledo. Escribiu Noticia da California y de su conquista temporal y espiritual (1758) e Tratado sobre la igualdad de pesos y medidas (1759).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou por libre na Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, e posteriormente no taller de Pancho Cossío. En 1952 trasladouse ao Brasil onde foi axudante de Locateli na Academia Nacional de São Paulo e perfeccionou a súa pintura. Realizou exposicións en varios países sudamericanos como Brasil ou Arxentina. En 1969 participou por primeira vez na Bienal de Pontevedra coa obra Pescadores, expuxo nas seguintes convocatorias e en 1975 recibiu a medalla de bronce por Mariscando. Ten obras no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO