"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Estivo moi vinculado ás actividades culturais das asociacións galegas da capital arxentina, onde entrou en contacto con intectuais galegos, e Galicia sempre foi un tema recorrente na súa obra. Destacado poeta, ensaísta e articulista, das súas obras destacan Itinerario gallego (1958), Latitud Finisterre (1961), Canto a las provincias gallegas (1967) e El perfil en la sombra (1970). Foi membro correspondente da Real Academia Galega (1962) e recibiu o Premio Fernández Latorre (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • V’ačeslav Mikhajlovič Skrajabin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista de jazz. Coñecido como Tete Montoliu, formouse co seu pai e con D. Cots. Cego de nacemento, foi discípulo de Don Byas (1945-1947). Durante a década de 1960 actuou como músico con Dexter Gordon, John Coltrane, Stephane Grappelli, Lucky Thompson e Chet Baker. Son especialmente importantes as súas colaboracións a dúo co vibrafonista Bobby Hutcherson e co contrabaixista danés Niels Henning Orsted Pedersen. Da súa discografía destacan Body & Soul (1971), Tete a Tete (1976), The Man From Barcelona (1990), Tete en el San Juan (1995) ou Free boleros (1996). Postumamente editouse o seu derradeiro concerto co título Per sempre, Tete (1997). Obtivo o premio Ciutat de Barcelona polo conxunto da súa obra (1988) e a Creu de Sant Jordi (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vicente González Montoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Perseguido   e encarcerado (1976) pola ditadura de Hugo Banzer por mor das súas actividades políticas, exiliouse en Suecia en 1977. A súa obra está dirixida a relatar, de xeito testemuñal, a explotación, a miseria e a represión da que foi obxecto o pobo boliviano, así como outros temas de carácter universal, e abarca o conto, a novela, o ensaio e a crónica xornalística. Fundou e dirixiu as revistas literarias PuertAbierta e Contraluz, e das súas obras destacan Huelga y represión (1979), Días y noches de angustia (1984), Cuentos violentos (1991), El laberinto del pecado (1993), El eco de la conciencia (1994), Antología del cuento latinoamericano en Suecia (1995), Palabra encendida (1996), Cuentos de la mina (2000) e Entre tumbas y pesadillas (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. En 1951 entrou na Editorial Bruguera, onde destacou como guionista de banda deseñada en El Capitán Trueno. Como narrador publicou os contos El Cafè dels homes tristos (1966, premio Víctor Català 1965), Perduts al pàrking (1974), Mozzarella i Gorgonzola i altres contes (1981), Barcelona 2080 et altres contes improbables (1989), a triloxía Els plàtans de Barcelona (1972), París flash-back (1978) e El tramvia blau (1985), e as novelas La pluja morta (1966), La dona dells ulls de pluja (1993, Premi Joan Crexells) e Diari de bord (sense navegar i a punt de naufragi) (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. En 1794 era xeneral de división. As rivalidades con Napoleón I Bonaparte e as súas boas relacións con C. Pichegru e os realistas valéronlle a deportación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidad de Madrid, especializouse en obras didácticas e literarias, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil. No apartado pedagóxico destaca a escolma poética Os novísimos da poesía galega (1973), o libro de texto Literatura galega século XX (1981), en colaboración con X. Rábade Paredes; e os cadernos didácticos As linguas de España (1991) e Verso e prosa (1991). No eido da tradución, ademais das versións que outros autores realizaron das súas obras, publicou El perro Rin y el lobo Crispín (1986), de Carlos Casares; Mecanoscrito da segunda orixe (1989), de Manuel de Pedrolo; Os ollos do dragón (1989), de Mª Angels   Gordella; e As mazás da prosperidade (1991), de Hans C. Andersen. No apartado creativo, ademais de participar no volume colectivo Lerias (1991), destacan Alcores de Donalvar (1969), Mar adiante (Historia de nenos pra nenos) (1973), Contos pra nenos (1979), Leonardo e os fontaneiros (1986, Premio Barco de Vapor),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Interventor do Banco de España (1960) e director xeral de Pescanova SA (1962-1975), foi nomeado director xeral de Pesca Marítima no Ministerio de Comercio (1975-1978) e subsecretario de Pesca e Mariña Mercante no Ministerio de Transportes e Comunicacións (1978). Integrouse no Banco de España como director xeral en Barcelona (1980) e chegou a ser subdirector xeral (1989). Foi deputado no Congreso de los Diputados por UCD (1977-1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ucraíno. Estudou con Glière en Moscova. Autor de obras para orquestra de estética realista, como Fonderi d’acier (A fundición de aceiro, 1926), compuxo tamén sinfonías, unha comedia musical, a cantata patriótica Minino et Pozharski, o poema sinfónico Ukraine, e música de cámara e vocal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso mercedario. Cursou a carreira sacerdotal no mosteiro de San Xoán de Poio (1938-1945). Adicouse á docencia e interesouse polo estudo da lóxica, a historiografía mercedaria e a cultura científica en xeral. Publicou Zumel y el Molinismo (1953), Lecciones de Lógica (1972) e Ciencia y filosofía en la Península Ibérica, 1450-1600 (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e erudito italiano. Ordenouse sacerdote, fixo estudos filolóxicos e foi chamado a dirixir a Biblioteca dos Este (1700). Como investigador, seguiu unha metodoloxía precisa e rigorosa. Publicou Rerum italicarum scriptores (24 volumes, 1723-1738), Annali della storia d’Italia (12 volumes, 1744-1749) e Antiquitates italicae medii aevi, en 6 volumes (1738-1743). Descubriu un manuscrito que contiña o canon bíblico máis antigo e que leva o seu nome, Canon de Muratori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. En 1857 estableceu relación con Balakirev, K’ui e Stassov. Escribiu unha primeira ópera, Salammbô (1863), e despois obras instrumentais e o poema sinfónico Unha noite na montaña pelada (1867), 62 cancións, e as óperas Boris Godunov (1868), Hovaňšcina (1871-1881) e A feira de Soročinsk (1874-1881). O principal elemento destas óperas é o recitativo melódico, dunha gran forza expresiva, que traduce fielmente as inflexións da lingua rusa. En Cadros dunha exposición (1874), serie de miniaturas para piano que Ravel orquestrou en 1922, Musorgskij preséntase como un precursor do impresionismo musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e entomólogo ruso. Naturalizado estadounidense, comezou a escribir para os xornais dos emigrantes rusos de Berlín, para pasar logo á elaboración dunha obra marcada pola traxicomedia, onde o espazo e o tempo parecen un, e as metáforas imposibles xorden de xeito repentino. Da súa produción destacan Lolita (1955), relato da difícil relación entre un home maduro e unha adolescente, co que lle chegou o éxito, a autobiografía Speak, Memory (1960), e tamén Pale Fire (1962), The Defense (1964), Transparents Things (1972) e Look at the Harlequins (1975). Postumamente apareceron as súas coleccións de ensaios Lectures on Literature (1980) e Lectures on Russian Literature (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Demócrata ao estilo de Nekrasov, o seu espírito progresista foi optimista nun primeiro momento, como amosou no poema Vper’od (Adiante, 1878), e logo pesimista pola reacción política da década de 1880, como en Naše pokelenije junosti ne znajet (A nosa xeración non coñece a mocidade, 1884, Premio Puškin, 1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Baseándose nas súas experiencias na guerra e na vida moscovita, publicou as obras Dvoinaya Oshibka (Dobre erro, 1940), Bol’šoje serdce (O gran corazón, 1944), Rannei Vesny (Na primavera temperán, 1950) e Zelenaya Ptista is Krasnoi Golovoi (Paxaros verdes coa cabeza vermella, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sergej Aleksejev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, poeta e crítico literario armenio. Demócrata revolucionario e profesor de armenio en Moscova, foi preso e deportado. Dos seus traballos de ensaio descatan Reč ob arm’anskoj slovesnosti (Discurso sobre filosofía armenia, 1854) e Sos e Varditer (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Foi o autor das novelas Rossijskij Žilblaz (O Gil Blas ruso, 1814) e Bursak (1825).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico francés. Precursor de Darwin pola súa concepción da evolución orgánica, fixo numerosos experimentos de hibridación e chegou a unha serie de conclusións teóricas que achegan a súa obra á de Mendel, motivo polo que se considera un dos fundadores da xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO