"Abe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 982.

  • PERSOEIRO

    Landgravina de Turinxia, filla de André II de Hungría e de Xertrude de Merania. Casou en 1221 con Luís de Turinxia, con quen tería tres fillos. O marido alistouse na Quinta Cruzada, convocada por Gregorio IX, pero morreu na viaxe. Ao quedar viúva (1227) renunciou á man do Emperador Federico II e o seu cuñado, Enrique de Turinxia, apartouna do trono. Entrou na Orde Terceira Franciscana e instalouse en Marburg, onde fundou un hospicio para pobres. Na iconografía leva un rico vestido sobre un sinxelo hábito franciscano e unha coroa na cabeza. En 1235 foi canonizada por Gregorio IX. É patroa da arquidiocese de Bogotá e a súa festividade celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela. Casou con Xoán II de Castela (1447), matrimonio concertado por Álvaro de Luna para obter a axuda portuguesa na loita contra a Coroa de Aragón. Foi nai de Isabel I a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Alemaña e raíña de Castela e Aragón, neta dos Reis Católicos. Casou en Sevilla (1526) co seu curmán, Carlos I, matrimonio do que naceu o futuro Filipe II. Actuou como rexente entre 1529-1532 e 1535-1539.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal, filla de Pedro III de Aragón e sobriña neta de santa Isabel de Hungría. Casou con Denís I de Portugal, co que tivo dous fillos: Afonso, que o sucedería no trono como Afonso IV de Portugal, e Constanza, futura raíña de Castela. Aínda que sempre tentou conciliar na Guerra Civil (1322-1323) ao seu home co seu fillo, foi acusada de favorecer a este último, polo que a exiliaron a Alenquer e confiscáronlle o seu señorío de Leiria; máis tarde foi rehabilitada. Ao enviuvar (1325), retirouse ao mosteiro de Santa Clara de Coimbra e peregrinou a Compostela. Con ocasión da declaración de guerra entre o seu fillo e o seu neto, rei de Castela, interveu para lograr a paz e morreu durante a viaxe. Construíu albergues, hospicios, colexios e un hospital. É avogosa dos territorios en guerra. Na iconografía leva un rico vestido sobre o hábito franciscano e unha coroa enriba da cabeza. En 1625 foi canonizada. A súa festividade celébrase o 4 de xullo, aínda que antes da reforma do calendario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela e de Aragón, filla de Enrique II de Francia e de Catarina de Medici. O seu matrimonio con Filipe II acordouse no Tratado de Cateau-Cambrésis (1559), como alianza contra o protestantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Romanía e escritora, filla do príncipe Xermán de Wied. Casou en 1869 con Carlos I de Romanía. Utilizou o pseudónimo de Carmen Sylva nas súas obras en alemán, francés e romanés. Autora de poesías de carácter romántico, novelas e contos, escribiu a colección de lendas Rumänische Dichtungen (Poesías romanesas, 1881) e os Pensées d´une reine (Pensamentos dunha raíña, 1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Austria, filla de Maximiliano, duque de Baviera, e de Luísa de Baviera. Coñecida como Sisí, casou en 1854 co Emperador Francisco Xosé I de Austria. As sucesivas desgracias familiares fórona afastando dos seus deberes oficiais. Morreu apuñalada por un anarquista italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Madrigal de las Altas Torres 1451 - Medina del Campo 1504) Raíña de Castela e León (1474-1504), filla de Xoán II de Castela e Isabel de Portugal. Aínda que a sucesión non lle correspondía (a herdeira era Xoana a Beltranexa), foi empregada durante a guerra civil por un dos bandos nobiliarios, que conseguiu que fose recoñecida herdeira no Tratado dos Toros de Guisando e proclamada raíña ao morrer Enrique IV. En 1469 casou con Fernando de Aragón; cando este se converteu en monarca de Aragón, Fernando II, produciuse a unión dinástica das dúas coroas pero non a política ( Reis Católicos). Co sostemento do seu home, reduciu con dureza os sectores hostís da nobreza castelá, andaluza e galega e puido empezar a conquista do Reino de Granada (1481-1492), que puxo fin á presenza musulmana. Iniciou unha política de prestixio da monarquía, coa abolición dos privilexios outorgados por Enrique IV á nobreza (1480), e realizou unha segunda reforma administrativa coa estruturación do Consello Real,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra e de Irlanda (1558-1603), filla de Enrique VIII e de Ana Bolena. A anulación matrimonial dos seus pais deu pé ao conflito entre católicos, partidarios dos dereitos de sucesión de María I Stuart (raíña de Escocia), e protestantes, partidarios de Isabel Tudor. Unha vez que accedeu á coroa, unha das súas primeiras medidas foi restablecer o anglicanismo a través da Acta de Supremacía de 1559, pola que a igrexa se sometía á autoridade rexia. A execución de María I Stuart (1587) deu lugar á declaración de guerra do monarca hispánico Filipe II, que rematou coa desfeita da coñecida como Armada Invencible (1588). Impulsou o comercio, constituíndose no seu reinado as primeiras compañías comerciais das Indias Orientais e poñéndose as bases que elevarían a Inglaterra a potencia colonial, comercial e industrial no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España (1833-1868), filla de Fernando VII e de María Cristina das Dúas Sicilias. O seu acceso ao trono trala revogación da lei sálica, provocou a Primeira Guerra Carlista (1833-1840). Durante a minoría de idade actuou como rexente a súa nai e, entre 1840-1843, o xeneral Espartero. En 1846 casou con Francisco de Asís de Borbón, desbotando a candidatura do pretendente carlista, o seu tío Carlos María Isidro de Borbón, o que deu lugar a un segundo conflito (1846-1848). Durante o seu reinado consolidouse o tránsito do estado absolutista ao liberal. A Revolución de Setembro de 1868 puxo fin á Década Moderada e ao seu reinado. Desde o seu exilio parisino abdicou no seu fillo Afonso XII en 1870.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Reino Unido e presidenta da Commonwealth. Casou en 1947 con Filipe Mountbatten, duque de Edimburgo, e sucedeu ao seu pai Xurxo VI en 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Eume nas Pontes de García Rodríguez. Trátase dunha ponte de perpiaños do s XIX con tres arcos rebaixados. Pertence á C-641 de Rábade a Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsarina de Rusia (1741-1762), filla de Pedro I e de Catarina I. A rebelión militar que destronou a Iván VI levouna ao poder. Restableceu o Senado (1743), fomentou o comercio exterior (1754) e fundou a Universidade de Moscova (1775). En política exterior loitou contra Prusia na Guerra dos Sete Anos e conseguiu o S de Finlandia polo Tratado de Åbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller de Zacarías e nai de Xoán Bautista. Era familiar de María, nai de Xesús Cristo. A súa festividade celébrase o 5 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos reinados das raíñas Isabel I de Inglaterra, Isabel I a Católica e Isabel II de España.

    2. Que ou quen era partidario de Isabel II durante a Primeira Guerra carlista.

    3. Estilo artístico inglés que se desenvolveu durante o reinado de Isabel I de Inglaterra (1558-1603). Os arquitectos ingleses da época estiveron influenciados polo clasicismo francés, aínda que a tradición gótica perpendicular se mantivo fóra da corte. Construíronse grandes edificios como Burghley House, de William Cecil (1585), e o castelo de Longleat, en Wiltshire (1568). A escultura tivo menor importancia e estivo marcada pola influencia italiana; destaca a tumba de Ricardo Pecksall en Westminster. A pintura limitouse ao retrato e aos temas alegóricos.

    4. Estilo decorativo da época da Raíña Isabel II. É correlativo cos estilos Biedermeier, xermánico, e Restauración, Luís Felipe e Segundo Imperio, franceses. Creou os pesados secreteres, as consolas de espello cadrado, as cadeiras de sala, de curvatura elíptica, e os mobles auxiliares, decorados con nácara e flores policromadas sobre o negro mate dun papier maché ou ben todo escuro de xacarandá, caoba ou vernizado de negro.             

    5. Modalidade do gótico tardío, con elementos mudéxares e renacentistas, xurdida en Castela na época dos Reis Católicos e que durou ata o primeiro cuarto do s XVI. Chamado tamén estilo hispano-flamengo, entre outras obras destacan a cartuxa de Miraflores e a capela do Condestable, na catedral de Burgos, obra de Simón de Colonia; o palacio dos Duques del Infantado de Guadalajara e San Juan de los Reyes de Toledo, obra de Juan Guas; e o Hospital Real de Santiago de Compostela e o de Santa Cruz de Toledo, obra de Enrique Egas.

    6. Moeda cuñada durante o reinado de Isabel II, especialmente a de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e empresario palestino. Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de cardioloxía. En 1967 foi expulsado da súa terra durante a Guerra dos Seis Días e chegou a España en 1970. Realizou varios masters en dirección de empresas e, no campo do audiovisual, foi creador, produtor e realizador de programas e series de televisión. Publicou o libro Palestina, crónica de una injusticia (2002). Foi presidente da Fundación Araguaney, membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e do Consello Audiovisual de Galicia, e é asesor da representación en España da Autoridade Nacional Palestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista suízo. Catedrático da Universidade de Berna, redactou, en colaboración con Jakob Jud, o Sprachund Sachatlas Italiens und der Südschweiz (Atlas lingüístico e etnográfico da Italia e da Suíza meridional, 1928-1940), que inaugurou unha nova época da xeografía lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Da súa obra, estruturada ao redor do xudaísmo, a lingua e a historia, destaca Je bâtis ma demeure (1959), Le livre des questions (1963-1973), Le livre des ressemblances (1976-1980), Le livre des marges (1985) e a triloxía de Yael (1967), Elya (1969) e Aely (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa inglesa. Escribiu Poems (1953), A Way of Looking (Premio Somerset Maugham 1954, 1955) e Celebrations and Elegies (1982). Estivo vinculada á xeración de The Movement. Publicou Collected Poems (1967) e Extending the Territory (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón (201.838 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO