"Ava" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 621.
-
PERSOEIRO
Relixioso xesuíta. Confesor de Fernando VI (1747) e membro do Consello da Inquisición por intercesión de José de Carvajal, favoreceu a súa orde relixiosa e mantivo unha actitude regalista moderada, apoiando o Concordato de 1753. Caeu en desgraza ao apoiar os insurrectos de Paraguay.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo francés. Espiritualista e claro precedente de Henri Bergson, foi autor de valiosos estudos históricos e de ensaios. Da súa produción destaca De l’habitude (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou dos Castros Gravado rupestre localizado en Tirán (Moaña). Foi declarado BIC en 1974.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escavadora de culler retráctil que se utiliza para abrir gabias e facer escavacións a certa profundidade por baixo do nivel do chan.
-
PERSOEIRO
Novelista. Profesor nas universidades de Montpellier, Aix e París (1949-1955) e catedrático na Universidade de Lisboa, a súa abundante obra denuncia a degradación e a explotación do home, cunha clara conciencia política. O libro de contos As pombas são vermelhas (1977) recolle a súa experiencia durante os anos da revolución. Da súa obra tamén destacan o libro de viaxes Santiago de Compostela (1949), o ensaio A saudade na poesia portuguesa (1968) e a novela A impossível evasão (1972). Pertence á Academia de Ciências de Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Procedemento para obter gravados en profundidade que constitúe unha variante fotomecánina da augaforte, en que unha prancha de cobre é gravada quimicamente a través dunha capa de xelatina fotosensible, con dicromato potásico, que leva impresionada a imaxe.
-
Impresión obtida polo procedemento do rotogravado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reproducir por medio do rotogravado.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoaquín Gutiérrez de Rubalcava Casal.
-
-
Relativo ou pertencente aos sakalava.
-
Individuo do pobo sakalava.
-
Pobo malgaxe de substrato racial melanoafricano con algúns rasgos mongoloides e australoides. Ocupan a costa occidental de Madagascar e dedícanse á agricultura, á gandaría, á pesca e á recolección.
-
-
CIDADES
Cidade da República de Baxkiria, Rusia, situada na ribeira do Belaja, afluente do Kama (155.000 h [1997]). Destaca como centro de extracción de petróleo, con industria química (petróleo) e construcións mecánicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e, pensionado pola Deputación da Coruña, na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Especial de Paisaxe do I Concurso Provincial de Pintura da Deputación da Coruña en 1962, con Vista de Betanzos, e a terceira medalla en 1963 con Ciudad de las grúas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Pamplona (1000-1035) e conde de Aragón (Sancho II; 1000-1035), de Ribagorza (Sancho I; 1017-1035) e de Castela (Sancho II; 1029-1035), fillo e sucesor de García III. Casou con Munia, chamada tamén Maior, herdeira dos condados de Castela e Ribagorza. Aproveitou a morte do conde Guillerme II de Ribagorza (1017) para apoderarse de Sobrarbe, a parte central de Ribagorza (1017-1018) e do resto do condado (1025?). Cando Sancho I de Castela foi asasinado polos Vela en León (1029), fixo valer os dereitos da súa muller e ocupou Castela. Reivindicando as terras situadas entre os ríos Pisuerga e Cea, loitou contra o novo rei leonés Vermudo III e ocupou León (1034), Zamora e Astorga. Introduciu a regra beneditina nos mosteiros das súas terras e a teoría sobre a orixe divina da potestade real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1054-1076), fillo e sucesor de García V e de Estevaíña de Bigorra. Proclamado rei despois da Batalla de Atapuerca, tivo que xurar vasalaxe a Fernando I de León e Castela. Coa axuda de Sancho I de Aragón, loitou contra Sancho II de Castela na chamada Guerra dos Tres Sanchos (1067). Ao someter a al-Muqtadir de Zaragoza, provocou a intervención de Afonso VI de Castela, aliado do zaragozano, que invadiu La Rioja (1074). Vítima dunha conxura dirixida polos seus irmáns Ramón e Ermesinda, morreu asasinado, e Sancho I de Aragón converteuse en rei de Navarra (Sancho V).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sancho I de Aragón.
-
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1150-1194, fillo e sucesor de García VI e de Margarida. Os seus conflitos con Aragón e Castela iniciáronse a raíz do Tratado de Tudellén (1151), no cal Ramón Berenguer IV e Afonso VII de Castela acordaron repartirse o reino navarro. Xestionou o matrimonio da súa irmá Branca co infante castelán Sancho (futuro Sancho III) e asinou a paz con Castela (Soria 1153), pero os conflitos fronteirizos continuaron e os casteláns obtiveron La Rioja.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1194-1234), fillo de Sancho VI e de Sancha, filla de Afonso VII de Castela. Pactou cos leoneses e os almohades contra Castela e tivo que facer fronte á alianza de Castela e Aragón contra Navarra (Calatayud, 1198). Reconciliado cos dous reinos, participou na cruzada contra os almohades que culminou na Batalla de Las Navas de Tolosa (1212).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (7.833 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na industria téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado nas vertentes do macizo de Sant Llorenç del Munt (2.061 h [2001]). Os cultivos son de secaño e ten moita tradición o sector téxtil. É un centro de segunda residencia e veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO