"Imo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 631.

  • PERSOEIRO

    Novelista e crítico literario portugués. Cofundador da revista Presença e fundador de Portugália Editora (1935), foi crítico, Crítica (1942-1982), biógrafo, Vida e obra de Fernando Pessoa (1950), ensaísta, Tendências do Romance Contemporâneo (1933) e cultivou a novela psicolóxica con Elói ou Romance numa cabeça (1932), Uma história de província (1934) e Internato (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O primeiro dos doce apóstolos, san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dueto musical formado en 1965 por Paul Simon (compositor) e Arthur Garfunkel (cantante). Da súa discografía destacan Wednesday Morning 3AM (1964), Sounds of Silence (1966), The Graduate (1968), Old Friends (1997) ou Live From New York City, 1967 (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón internacional outorgado desde 1983, para recompensar aquelas actividades (creación intelectual, artística, realización social ou acción de motivación da opinión pública) consideradas particularmente meritorias no que respecta á contribución á liberdade, a independencia e a dignidade dos pobos, así como ao fortalecemento da solidariedade entre as nacións, favorecendo o seu desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Estableceuse en Burgos, rematou a Cartuja de Miraflores (1488), que comezara o seu pai, Juan, e construíu na catedral a capela do condestable Pedro Fernández de Velasco (1482-1496). En Sevilla traballou nas obras da catedral (1497-1502) e, de novo en Burgos, rematou o coro da igrexa de San Esteban.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliógrafo. Catedrático emérito de Bibliografía da Universidad de Madrid, escribiu Bibliografía de la literatura hispánica (1950-1980) e Mil biografías de los Siglos de Oro. Índice bibliográfico (1985). En 1984 recibiu o Premio Internacional Nicolás Antonio de Bibliografía da Syracuse University, de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Personaxe do cristianismo primitivo. Mago de Samaria, creu en Xesús pola predicación do diácono Filipe e pretendeu comprarlles aos apóstolos Pedro e Xoán o poder de comunicar o Espírito Santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Francisco Simón Álvarez Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Teórico e representante do Nouveau Roman, das súas obras destacan Le tricheur (1946), Le sacre du printemps (1954), Le vent (1957), La route des Flandres (1960), Histoire (1967), Leçon de choses (1975), Géorgiques (1981), La chevelure de Bérenice (1985), L’invitation (1988) ou Photographies (1992). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e especialista en ciencias sociais . Especializouse no estudo da toma de decisións nas organizacións económicas complexas. Das súas obras destacan Administrative Behavior (1947), Organizations (1958), Human Problem-Solving (1972), Models of Bounded Rationality (1982), Reason in Human Affairs (1983), Protocol Analysis (1984) e Scientific Discovery (1986). Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés. Xefe dos liberais nacionais do goberno de Mac Donald, foi ministro do Foreign Office (1931-1935). Partidario dun entendemento pacífico con Hitler, secundou a política de non-intervención na Guerra Civil Española. Foi ministro de Interior, chanceler do exchequer (1937-1940) e lord chanceler (1940-1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político francés. Foi o xefe da á moderada do partido republicano e un constante defensor das liberdades. Foi ministro de Instrución Pública (1870 e 1871-1873) e situouse á fronte do consello de ministros (1876-1877) durante a Terceira República Francesa. Os seus enfrontamentos co presidente Mac Mahon provocaron a súa caída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? s I a C - s I d C) Apóstolo. Coñecido tamén como Cananeo ou Celote. Venérase xunto con san Xudas Tadeu a quen acompañou, segundo a tradición, a levarlle unha carta e unha imaxe de Xesús ao Rei Abgar V de Edesa. Discutiron cos magos persas de relixión e, por atacar os seus ídolos, foron degolados. En Galicia considerouse avogoso do raio, da faísca e das treboadas. Iconograficamente represéntase cunha serra e co libro, por ser apóstolo; moitas veces, acompañado por san Xudas Tadeu. A súa festividade celébrase o 28 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comezou a súa penitencia de estilita aos sete anos, sobre unha columna situada nunha montaña coñecida co nome de Monte Admirable, preto de Antioquía. A súa festividade celébrase o 3 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Asceta sirio. Anacoreta nun convento abandonado de Antioquía e finalmente viviu durante corenta anos sobre unha columna, da que lle veu o sobrenome, e na que non se podía sentar nin deitarse. Con sona de taumaturgo, exerceu unha considerable influencia na causa da ortodoxia de Calcedonia. Representouse como un vello demacrado, esfarrapado e colocado de pé sobre o capitel dunha columna. A súa festividade celébrase o 5 de xaneiro para os latinos e o 2 de setembro para os orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do grego do Novo Testamento, Simon, a través do latín eclesiástico Simon, primeiro nome do apóstolo san Pedro. No Evanxeo hai outro Simón Cananeo que predicou en Exipto. Trátase dunha variante do hebreo bíblico Shime’ôn, que deu como resultado Simeón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eunice Kathleen Waymon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compra ou venda dun ben espiritual a cambio dun prezo temporal. Condenada nos concilios de Orléans (553, 549) e Clermont d’Auvergne (535), na época medieval foi un flaxelo que culminou na reforma gregoriana e na Querela das Investiduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen comete simonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Representa un momento de transición, cando a poesía grega se achegou á vida cotiá. O seu fragmento máis extenso é unha sátira na que elabora a temática misóxina de Hesíodo.

    VER O DETALLE DO TERMO