"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Exerceu como director de diversas escolas de Bos Aires e colaborador en diversas publicacións periódicas. É autor dos libros poéticos Cantares patrióticos a los héroes del Callao (1866), Camila O’Gorman (1870), Flores del alma (1872) e Pobres y ricos (1897), e da zarzuela nun só acto Las hijas sin madre (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e artista. Iniciouse como debuxante en 1970 na revista Chan, coas ilustracións Os nenos de Siro. Colaborou en Ferrol Diario e publicou en El Ideal Gallego o primeiro curso de idioma galego en prensa O tío de Xurxo. En La Región creou o espazo Con esta lupa, xunto con Carlos Casares, onde analizaba cuestións de política internacional en galego. En 1978 publicou na revista Grial os relatos titulados 20 entullo. En 1985 comezou a colaborar con La Voz de Galicia, xornal no que dirixiu o suplemento de humor Xatentendo.com. Publicou os álbumes Humor 71, Probes homes (1975), Os pecados capitais (1977), Homes e mulleres (1980) e Siro 30 anos despois (2000). Tamén publicou os libros Como debuxar caricaturas (1991), Castelao humorista (1996) e Celestino Fernández de la Vega (2002). Foi galardoado co Premio Merlín (1980),...
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río afluente pola dereita do Sil que nace da confluencia de varios regos na parroquia de Zanfoga (Pedrafita do Cebreiro). Recolle as augas que drenan as vertentes meridionais da serra do Rañadoiro e dos montes de Lóuzara e da vertente occidental da serra do Courel. O seu curso adopta unha dirección NL-SO coa que atravesa sucesivamente as parroquias de Lousada (Pedrafita do Cebreiro), Seoane do Courel, Folgoso do Courel e Vilamor (Folgoso do Courel). Despois, o seu leito delimita as parroquias de Salcedo, Barxa de Lor e Abrence (A Pobra do Brollón) coas de Vilar de Lor e Quintá de Lor (Quiroga). Nesta última parroquia o seu curso vira cara ao S. Desemboca no Sil na parroquia de Augas Mestas (Quiroga), despois de facer un percorrido de 36 km de lonxitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
1loro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, unha caldeira de sable (ou azul), superada dunha flor de lis de goles.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, atravesado polo río Guadalquivir (18.281 h [2001]). A agricultura de regadío, con cultivos de remolacha azucreira, pementos, tabaco e algodón, desenvolveuse grazas aos canais do Genil e do Guadalquivir. O secaño destínase principalmente ás oliveiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de radionavegación desenvolvido durante a Segunda Guerra Mundial polas forzas de EE UU. A situación obtense mediante a recepción de sinais radioeléctricos de alta frecuencia emitidos por dúas estacións terrestres de situación coñecida. A medida da diferenza dos tempos que tardan en chegar á nave os sinais de cada estación determina unha nova liña de posición. Outra estación determina unha nova liña de posición, e a intersección desta coa primeira dá a situación buscada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
lacazán.
-
-
Relativo ou pertencente ás lorantáceas.
-
Planta da familia das lorantáceas.
-
Familia de plantas leñosas, parasitas ou hemiparasitas, da orde das santalais, que presentan follas simples, coriáceas, opostas ou verticiladas, flores co periantio de 4 a 6 divisións e co ovario ínfero, dispostas en acios, espiga ou cima, e froitos drupáceos ou baciformes. Inclúe preto de 1.500 especies, propias sobre todo das rexións tropicais.
-
-
-
Torcer unha vara verde ou flexible.
-
Arrimar o loro á xugada que máis pode.
-
Empenar a madeira por efecto da calor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito do loureiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Dexo (Oleiros). Domina a ría de Betanzos, está formada por tres casais alongados, un deles cunha torre circular, e conserva o escudo heráldico. Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC, 1994).
-
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia, situado na beira do río Guadaletín (77.477 h [2001]). É un centro comercial e agrícola do Campo de Lorca e posúe pequenas industrias alimentarias e de cemento. Cidade romana, foi sé episcopal no período visigodo e durante o dominio árabe converteuse nunha taifa independente. Reconquistada no s XIII, serviu de base de operacións aos Reis Católicos contra o Reino de Granada. Do seu patrimonio cultural destacan as murallas, os castelos medievais e a colexiata (1533), cunha portada barroca do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lorcho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación chinesa de vela, duns cicuenta pés de eslora e dous paos, que se emprega na navegación de cabotaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe que se dá ou se recibe cun lorcho ou zapato vello e en mal estado.
-
-
Calzado vello e en mal estado.
-
-
Nome xenérico con que se coñecen varias especies de peixes de familias diferentes, en especial dos blénidos, dos góbidos e dos ofididos. Son de tamaño pequeno coa cabeza grande e segundo as especies, poden ser comestibles. Dentro do xénero Gobius, concéntranse unha gran parte de peixes que reciben este nome, como o lorcho cabezudo (G. cobitis), o lorcho dourado (G. auratus) ou o lorcho sanguinolento (G. cruentatus). Os blénidos deferéncianse dos góbidos por ter unha longa aleta dorsal e pel escorregadiza, como o lorcho bolboreta (Blennius ocellaris) ou os representantes do xénero Lipophrys. Teñen interese na pesca deportiva ou de ocio.
-
lorcho cabecinegro [cast: moma] [Tripterygion delaisi, Fam dos tripteríxidos]
Peixe que habita nos fondos, en sitios con pouca luz. Presenta aleta dorsal dividida en tres partes, as dúas primeiras espiñosas, e coloración variable. Os machos territoriais teñen a cabeza negra, e as femias e machos non territoriais son grisáceos. Aliméntase de invertebrados bentónicos.
-
lorcho cheirento [Parablennius sanguinolentus, Fam dos blénidos]
Peixe de pequeno tamaño, de ata 20 cm de lonxitude, sen escamas, que presenta a aleta dorsal continua. É gris con puntos e bandas doutras cores, herbívoro, e vive en pedregais de grava ou marxes de rochas.
-
lorcho da area [Pomatoschistus minutus, Fam dos góbidos]
Peixe de augas costeiras, en zonas areosas, que presenta ollos dorsolaterais, escamas na liña lateral e aleta caudal arredondada. As aletas dorsais están ben separadas, e os machos diferéncianse das femias porque non teñen o peito pigmentado e teñen unhas barras verticais negras nas costas.
-
lorcho das pedras [Gobius paganellus, Fam dos góbidos]
Peixe de augas interiores e da zona intermareal, con caluga con escamas, fazulas ás veces con escamas nun extremo, de cor acastañada e aleta caudal arredondada. Aliméntase de crustáceos e poliquetos.
-
lorcho negro [Gobius niger, Fam dos góbidos]
Peixe coa fazula sen escamas, de corpo baixo e alongado, cabeza grande con ollos laterais e aleta caudal arredondada. As femias son castañas, con puntos máis escuros nos costados e os machos máis escuros ca as femias, cunha mancha negra na parte anterior superior da aleta dorsal. Vive en augas interiores e aliméntase de lamelibranquios, poliquetos e larvas de quironómidos.
-
lorcho transparente [Aphya minuta, Fam dos góbidos]
Peixe nectónico, de corpo translúcido, que vive en cardumes e que se alimenta de zooplancto.
-
-
-
-
Título que teñen en Reino Unido os pares do reino e outros nobres (duques, marqueses, condes, vizcondes e baróns), e que precede ao nome patronímico. Orixinalmente constituía un nome común equivalente a señor.
-
Nome que se pode usar formando parte de certos títulos oficiais e eclesiásticos.
-
-
-
Capa de sucidade que se forma sobre algo, especialmente sobre o corpo ou a roupa.
-
-
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘lixo’.
-
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘merda’.
-
-
-
GALICIA
Pintor. Coñecido como Ramón Deside, traballou en Catalunya como decorador e realizou altorrelevos en materiais diversos. A súa obra, de carácter informalista, mostra unha depuración das formas, cun labor destrutivo de todo o que considera inútil. Empregou os materiais grosos que provocan sensacións escultóricas para crear espacios novos. Realizou exposicións en Catalunya e en Galicia, e participou nas mostras de Arte Galega na Colección Caixavigo.
VER O DETALLE DO TERMO