"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • GALICIA

    Relixioso. Foi cóengo, coa dignidade de cardeal, da catedral de Santiago de Compostela, onde tamén exerceu como fabriqueiro, capelán maior e xuíz privativo eclesiástico do Hospital Real e reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago de Compostela e das escolas de Artes e Oficios e Debuxo (1784) e restaurou o antigo Colexio de Fonseca. Carlos III presentouno para o bispado de Lugo en 1785, aínda que morreu antes de tomar posesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico que pertence á familia dos aminoglicosídicos e que foi illado de diferentes cepas de Streptomyces sp. A súa toxicidade é moi alta, polo que se limita a súa aplicación ao uso local. Absórbese moi pouco por vía oral e emprégase en forma de sulfato para o tratamento de amebiases intestinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo e recoñecemento dos síntomas e signos das enfermidades para chegar a unha diagnose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á patognomonia.

    2. Aplícase ao signo ou síntoma que só se atopa nun estado morboso determinado, e que é suficiente para definilo e facer a diagnose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta pedomorfose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambio evolutivo que dá como resultado a reaparición nunha especie de caracteres xuvenís en individuos adultos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galería ou espazo aberto que serve para pasear ao redor dun edificio, en especial dun templo grego ou romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peroxoácido mineral sólido, cristalino e de cor branca, que se funde con descomposición a 45°C. Presenta un gran poder oxidante e reacciona explosivamente en moitos casos. Emprégase na análise química para investigar a presenza de bases nitroxenadas. OBS: Tamén se denomina ácido de Caro. A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clorofosfato de chumbo, de fórmula Pb5(PO4)3Cl, que cristaliza no sistema hexagonal. É de cor verde, amarela ou marrón, con diferentes tonalidades. Hai xacementos dela nas montañas dos Urais, en Inglaterra e en México. Na Península Ibérica, hai exemplares moi ben cristalizados en Horcajo (Ciudad Real) e en Badajoz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos plasmódromos.

    2. Protozoo do grupo dos plasmódromos.

    3. Grupo de protozoos caracterizados pola presenza dun só núcleo (ou de diversos núcleos, equivalentes entre eles) e pola ausencia absoluta de cilios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diversidade morfolóxica que presentan diversos organismos con relación ás condicións ambientais ás que están sometidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta pleomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • homeomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento metálico de número atómico 82 e peso atómico 207,2, que pertence ao grupo IVA da táboa periódica. Aínda que se atopa raramente en estado natural e é relativamente escaso, localízase en depósitos extensos, feito que facilita notablemente a súa explotación. O mineral máis importante do que se extrae é a galena (PbS). A obtención do metal ten lugar coa transformación dos minerais no óxido (PbO) e coa súa redución posterior con carbón. O refinado do metal efectúase mediante un proceso electrolítico. O metal ten unha cor branca azulada característica, con brillo metálico, e é moi brando, dúctil e maleable. É un mal condutor da electricidade pero un bo absorbente do son, das vibracións e, pola súa elevada densidade, da radiación γ. O chumbo natural está constituído por catro isótopos naturais estables, 204 Pb (1,48%), 206 Pb (23,6%), 207 Pb (22,6%) e 208 Pb (52,3%); tamén se coñecen 17 isótopos radioactivos. Malia o valor do seu potencial...

      2. acetato de chumbo(II) [Pb(CH 3 COO) 2 ]

        Sólido cristalino branco, soluble en auga e glicerol e pouco soluble en alcohol, que funde a 280°C. Forma un trihidrato, chamado azucre de chumbo, que se emprega na preparación de sales insolubles de chumbo, como mordente na tinguidura do algodón, como impermeabilizante, na manufactura de vernices, en medicina e como reactivo analítico.

      3. arseniato de chumbo(II) [Pb 3 (AsO 4 ) 2 ]

        Cristais brancos insolubles en auga que funden con descomposición a 1.042°C. Emprégase como insecticida.

      4. dióxido de chumbo [PbO 2 ]

        Sólido cristalino marrón, altamente oxidante, soluble en ácido acético e insoluble en auga, que funde con descomposición a 290°C. Emprégase como oxidante, mordente, reactivo analítico e acelerador de polimerizacións.

      5. nitrato de chumbo(II) [Pb(NO 3 ) 2 ]

        Cristal branco, moi tóxico e oxidante, soluble en auga e alcohol, que se descompón a 470°C. Emprégase na preparación doutros sales, como mordente, oxidante, na preparación de explosivos e como pigmento.

      6. óxido de chumbo(II)

        litarxirio.

      7. tetraacetato de chumbo [Pb(CH 3 COO) 4 ]

        Cristais incoloros ou dunha lixeira cor rosa, solubles en ácido acético quente, benceno e cloroformo, que funden a 175°C. Emprégase como oxidante selectivo en síntese orgánica.

    1. Peza de chumbo que se coloca nos aparellos de pesca para que se afundan.

    2. Bala dunha arma de fogo.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de pé.

    2. Aplícase ao gravado rupestre que representa un pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten varias cores ou que está decorado con varias cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito complexo que procede do carpelo e do receptáculo, e ten o mesocarpo carnoso e o endocarpo coriáceo ou cartilaxinoso, con varias sementes. Son exemplos, a pera, a mazá e o marmelo.

    2. Peza esférica ou redondeada, de metal, madeira ou outro material, que se pon como ornamento no remate dun elemento vertical, dunha varanda, dun moble, etc, ou que nunha porta, nun caixón serve de tirador.

    3. Extremo redondeado da gornición dunha espada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa entendida en pomoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da horticultura que trata do cultivo da froita.

    VER O DETALLE DO TERMO