"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange (1544-1584) e stadhouder de Holanda, Zelanda e Utrecht (1559-1584), fillo e sucesor do conde de Dillenburg, Guillerme o Vello. De nome Guillerme de Nassau-Dillenburg, herdou do seu primo Renato de Nassau o principado de Orange (1544). Ao servizo de Carlos V, foi membro do Consello de Estado de Flandres (1555) ata que en 1568, despois da revolta de varias cidades flamengas por causa da política de Filipe II, se converteu no líder das provincias sublevadas. Tras enfrontarse en varias ocasións cos exércitos do duque de Alba, refuxiouse en Alemaña, onde organizou os exércitos protestantes. Coa axuda dos hugonotes conseguiu en 1576 o alzamento xeral dos Países Baixos e a elección do arquiduque Matías, irmán do emperador, como gobernador de Flandres. En 1578, trala derrota flamenga na Batalla de Gembloux, refuxiouse en Amsterdam e logrou a creación da Unión de Utrecht (1579), base das futuras Provincias Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange e stadhouder das Provincias Unidas (1647-1650), fillo e sucesor de Federico Enrique I de Orange-Nassau. Presionado pola burguesía dos seus territorios, asinou coa monarquía hispánica a Paz de Münster (1648), onde recoñeceu a existencia das Provincias Unidas do S baixo dominio hispano mentres que Filipe IV recoñecía a independencia das Provincias Unidas e a súa liberdade de comercio coa América hispana. Continuou os enfrontamentos bélicos coa coroa hispana e coa Inglaterra de O. Cromwell, feito que lle valeu a oposición dos Estados Xerais das Provincias Unidas (1650). Pouco antes de morrer, asinou unha alianza defensiva con Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guillerme III de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Stadhouder das Provincias Unidas (1747-1751). Nomeado stadhouder de Frisia e Groningen en 1718, foi nomeado stadhouder hereditario en 1747 trala ameaza de invasión francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro stadhouder das Provincias Unidas (1751-1795), fillo e sucesor de Guillerme IV de Orange-Nassau. Asumiu o cargo de stadhouder en 1766 trala rexencia da súa nai primeiro e do duque de Brunswick despois. A súa derrota na guerra contra o Reino Unido (1780-1784) e a influencia da Revolución Francesa, levárono a fuxir a Inglaterra en 1784 e a exiliarse en Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    De relevo pouco vigoroso, o país divídese nunha ampla chaira litoral recurtada polos esteiros dos ríos Geba e Corubal, e rodeada de illas, un altiplano interior e baixos altiplanos no extremo SL. O clima é tropical, cálido e húmido. A hidrografía caracterízase polos esteiros e as mareas, que penetran ata a 100 km da costa e permiten a navegación ata Bafatá e Binta. A vexetación é principalmente de sabana con áreas selváticas de bosque galería á beira dos ríos e con mangleiros na costa. A agricultura é a actividade económica predominante en todo o país e ocupaba o 77,8% da poboación activa en 1992. No litoral predominan os cultivos de arroz en chairas inundables, de feixóns, hortalizas, plataneiros, palmeiras de aceite, cocos e cana de azucre. Posúe gandería bovina, cabrúa e porcina e no interior a gandería é máis importante ca os cultivos, que son de secaño (millo, cacahuetes, sorgo, mandioca e pataca doce). A explotación forestal é relativamente importante (madeira e caucho), e a pesca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral inglés. En 1934 debutou como actor de teatro na compañía de John Gielgud e posteriormente no Old Vic Theatre. Simultaneou a actividade teatral con pequenos papeis no cine a mediados da década de 1940. Da súa filmografía destacan Great Expectations (1946), Oliver Twist (1948), The Man in the White Suit (1951), The Ladykillers (1955), The Bridge on the River Kwai (1957), Lawrence of Arabia (1962), The Fall of the Roman Empire (1964), Doctor Zhivago (1965), Fratello Sole, sorella Luna (1972), Star Wars (1977), The Empire Strikes Back (1980), Return of the Jedi (1982) e Kafka (1992). Recibiu o título de Sir en 1959.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (3.581 h [2001]). A industria converteuse na fonte principal de riqueza. No municipio está a Cooperativa Agropecuaria de Guissona, unha das empresas de produtos alimentarios máis importantes de España. Antiga cidade romana de Ieso, foi conquistada polos bispos de Urgell en 1024. Do seu patrimonio cultural destacan os restos da antiga cidade romana e o palacio gótico dos bispos de Urgell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. A temática das súas obras xira ao redor da incomunicabilidade, a problemática da identidade e o paso do tempo. Publicou a novela Vägvila (1957), a recompilación de poemas Ballongfararna (1962) e diversos ensaios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Pancho Cossío, iniciouse na pintura en Cantabria (1911) e Madrid (1914). Viviu en París (1923-1932), onde coñeceu a obra de G. Braque e realizou bodegóns poscubistas. Ao regresar a España deixou de pintar ata 1942. Dende entón a súa obra caracterizouse polo estudo da materia, dunha densidade pastosa, e polo debuxo esquemático. Entre outras obras destacan Amor (1926), Los guantes (1929) e Dos mesas (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chadiano. Primeiro ministro durante a presidencia do xeneral F. Malloum, acadou a presidencia entre 1982 e 1990. En 1990 os coroneis I. Deby e M. Dada, co apoio de Libia, derrocaron o réxime ditatorial de I. Habré, que se refuxiou en Camerún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Etiopia (1930-1974). Como rexente da Emperatriz Xudite, gobernou desde o ano 1917; en 1928 asumiu o título de negus, e en 1930 foi coroado emperador. Conseguiu o ingreso de Etiopia na Sociedade de Nacións (1923), aboliu a escravitude (1924) e promulgou unha constitución de tipo occidental que lle atribuía todos os poderes en 1931. Expulsado do seu país en 1935 a raíz da invasión italiana, recuperou o trono coa axuda dos británicos en 1941, modernizou as estruturas legais e promocionou o panafricanismo. En 1960 fixo fronte a un golpe de estado. Foi destituído en 1974, acusado de corrupción e tiranía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e prosista sueco. A súa obra non foi ben acollida en Suecia e exiliouse. É autor de Notturno (1885) e Sensitiva amorosa (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei anglosaxón de Wessex (xaneiro 1066-outubro 1066). Coroado rei en Westminster Abbey trala morte de Eduardo III de Wessex, enfrontouse á oposición de Harald III de Noruega, a quen derrotou na Batalla de Stamford Bridge, e a Guillerme de Normandie, quen o matou na Batalla de Hastings.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo estadounidense. Partidario da teoría neuronal de Cajal e de His, en 1907 logrou obter un cultivo de células nerviosas e demostrou experimentalmente que os axóns medran a partir das neuronas. Foi tamén un dos pioneiros no transplante de tecidos e de órganos nos seus experimentos con embrións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Marrocos (1961-1999). Desterrado xunto co seu pai, Mu ḥ ammad V (1953), trala independencia de Marrocos (1956) proclamárono príncipe herdeiro e xefe das forzas armadas. Coroado rei á morte do seu pai, en 1965 disolveu o Parlamento e asumiu todos os poderes. Tentou silenciar a oposición interna cunha política exterior de expansión territorial (anexión do Sáhara Occidental a partir de 1976, intentos de satelizar Mauritania e reivindicación de Ceuta e Melilla). En política interior exerceu un poder absoluto, especialmente desde a reforma constitucional de 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Cultivou o estilo operístico italiano, a miúdo con textos de Metastasio, e estreou óperas por toda Europa, como La clemenza di Tito (1735) e Demofoonte (1748). Tamén escribiu música relixiosa e instrumental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e físico noruego. Traballou na Universidade de Oslo. Estudiou a estrutura molecular de compostos orgánicos como halóxenos, a estereoquímica dos aneis de seis carbonos, a estrutura molecular por medio dos raios X e a difracción de electróns. Entre as súas obras destaca Kristallchemie (Química dos cristais, 1934). Compartiu o Premio Nobel de Química (1969) con D. H. R. Barton, polos seus traballos en análise conformacional cun novo auxiliar para descubrir a estrutura molecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor sueco. Desenvolveu unha cámara fotográfica que despois foi comercializada e apareceu en 1948 como a primeira cámara réflex de lentes intercambiables e de película con carrete. As cámaras de Hasselblad empregounas a NASA para fotografar a Lúa por vez primeira.

    VER O DETALLE DO TERMO