"sin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 907.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extraer a resina das árbores mediante incisións practicadas no tronco.
-
-
Relativo ou pertencente á resina.
-
Que produce resina.
-
Persoa que se encarga de resinar.
-
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Debutou na gran pantalla en 1979 no filme Ópera prima, de Fernando Trueba. Intérprete moi prolífico na televisión e no cine, da súa filmografía destacan La vida alegre (1987), Amor propio (1994), La buena estrella (1997, Premio Goya 1998), El oro de Moscú (2003) e Otros dìas vendrán (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á resina.
-
Ácido que se extrae da resina do piñeiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén ou produce resina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de resinificar ou de resinificarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Converter(se) en resina.
-
-
Que contén ou produce resina.
-
Que é da natureza da resina.
-
Que é semellante ou que ten o aspecto da resina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral publicada en Santiago de Compostela a partir do 1 de decembro de 1993. Editada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, foi dirixida, sucesivamente, por Constantino García, Mercedes Brea e Ana Mª Platas. De carácter interdisciplinar, serviu como medio de comunicación entre os centros educativos co obxecto de promover a formación e a investigación entre os profesionais do ensino. Tamén acolleu traballos sobre materias técnicas e humanísticas, cun enfoque metodolóxico e práctico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Encefalopatía aguda, con infiltración graxa do fígado e doutros órganos. A súa causa é descoñecida, aínda que adoita presentarse tras un cadro vírico agudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa química francesa nacida da fusión da Société des Usines du Rhône (1895) cos Établissements Poulenc Frères (1827). É unha das principais empresas químicas mundiais e a primeira de Francia. Desenvolve a súa actividade preferente nos campos das fibras sintéticas (Rhovyl), produtos farmacéuticos, celulosa e filmes plásticos. En 1982 foi nacionalizada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que se forma pola combinación do 11-cis-retinal coa opsina. Mediante a absorción da luz isomerízase a trans-retinal e posibilita a excitación das células nerviosas dos bastóns da retina.
-
PERSOEIRO
Sindicalista. Coñecido como Santiaguiño, constituíu o Sindicato General de Trabajadores de Tui (SGT) e integrouno na CNT. Coa ilegalización do SGT durante a Ditadura de Primo de Rivera estivo desterrado en Lugo. Durante a Segunda República Española destacou na Confederación Regional Galaica (CRG) como enlace co agrarismo e defensor do traballo sindical cos pequenos propietarios rurais. Colaborador do semanario Tribuna, foi membro da xestora municipal do Frente Popular, aínda que non chegou a tomar posesión. Morreu asasinado no comezo da Guerra Civil Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico ruso. Investigou en diversos centros de Leningrado (1924-1928 e 1928-1931) e de Arkhangel’sk (1931-1933). Estudou os corpos ferromagnéticos e, desde 1897, traballou na transmisión eléctrica a distancia. En 1907 propuso a utilización do tubo de raios catódicos para a reprodución de imaxes de televisión e un sistema de sincronización forzada pola transmisión e a recepción de imaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Dedicado ao teatro, debutou coa farsa La cambiale di matrimonio (1810). En 1813 consolidou a súa fama con Tancredi, unha ópera seria, e as bufas Il signor Bruschino e L’italiana in Algeri. Posteriormente, compuxo Il barbiere di Siviglia (1816) e La Cenerentola (1817). En Viena (1823) coñeceu a Beethoven, e en París e Londres, reuniu unha fortuna. Asimilou o mundo romántico en Guillaume Tell (1829), pero a falta de saúde afastouno da composición. Posteriormente compuxo un Stabat Mater (1832) e a Petite messe solennelle (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Gioacchino Antonio Rossini ou á súa música.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro que consiste na ictericia crónica, de carácter familiar, ocasionado por un trastorno de excreción de bilirrubina conxugada polos hepatocitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
reiseñor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rosendo.
-
PERSOEIRO
Escritor, pintor e coleccionista. Entre 1892 e 1899 celebrou as Festas Modernistas de Sitges. Publicou os seus primeiros libros de narracións en 1896, co título Anant pel món. A súa obra, de carácter costumista, trata o aburguesamento da sociedade catalá, que reflectiu na novela L’auca del senyor Esteve (1907), da que fixo unha adaptación teatral (1917). Como pintor foi discípulo de Tomás Moragas, e expuxo desde 1874. Nunha primeira etapa sentiuse atraído polo naturalismo. En 1891 estableceuse en Montmartre, onde ampliou os seus horizontes artísticos e recibiu multitude de influencias, sobre todo do simbolismo (La cuina del Moulin de la Galette, Lectura romàntica, Una Romança). En 1893 fixou o seu domicilio no Quai Bourbon de París e comezou a traballar de correspondente de La Vanguardia, crónicas que foron recollidas en Desde el Molino (1894) e Impresiones de arte (1897). A raíz da súa viaxe a Granada (1895) centrou...
VER O DETALLE DO TERMO