"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Lingüista serbio. Foi profesor na Universidade de Belgrado. É o creador da Lingüística do serbocroata, onde cobre un terreo inmenso, desde a dialectoloxía e a comparación co resto do eslavo do indoeuropeo xeral ata a descrición sincrónica e o establecemento das normas da lingua literaria actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de belixerante.

    2. Situación do estado que participa nunha guerra. Implica a obriga de respectar as normas do dereito internacional.

    3. Aplícase ao estado que participa nun conflito bélico e que está obrigado a respectar na súa actuación as normas internacionais sobre a guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de belixerante.

    2. Situación do estado que participa nunha guerra. Implica a obriga de respectar as normas do dereito internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está en guerra.

    2. Aplícase ao estado que participa nun conflito bélico e que está obrigado a respectar na súa actuación as normas internacionais sobre a guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónoma irlandesa. Realizou investigacións de Astrofísica empregando todas as zonas do espectro (1974-1982) e, dende 1982, astronomía óptica, infravermella e radiomilimétrica. Traballando en Cambridge cun radiotelescopio capaz de detectar variacións rápidas dos sinais descubriu, en 1967, unha fonte radioemisora flutuante, identificada posteriormente por A. Hewish como un púlsar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e inventor británico. Abandonou os estudios musicais para dedicarse á Fonética. Emigrou a Canadá (1871) e, posteriormente, aos EE UU. Fundou unha escola para mestres de xordos en Boston e en 1873 acadou a cátedra de Fisioloxía Vocal na Universidade de Boston. Os seus traballos sobre o son, motivados polo problema do ensino dos xordos, sobre o que escribiu varias obras, leváronlle a construír un telégrafo harmónico. En 1876 inventou o teléfono, aínda que lle foi negada a prioridade do invento, o que lle levou a defendela en diversos procesos. Despois de diversas melloras no seu aparato, obtivo o Premio Volta do Instituto de Francia. Tamén ideou un enxeño para detectar balas no corpo humano, empregado ata o descubrimento dos raios X e unha balanza de indución, entre outras innovacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e clérigo anglicano. Considérase, xunto con Joseph Lancaster, o promotor e o aplicador do sistema mutuo ou monitorial system, que consistía en que os alumnos máis adiantados debían instruír os demais. De 1791 a 1796 ensaiou e perfeccionou ese método en Madras (India), onde dirixía un orfanato militar. Coa súa obra An experiment in Education made at the Male Asylum of Madras (Un experimento educativo construído para a escola masculina de Madras, 1797), deu a coñecer o seu método de ensino. No 1811 foi o responsable de organizar as escolas anglicanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador francés. Estableceuse en Nancy (1602-1611) ao servizo do duque Carlos de Lorena. Empregou un canon alongado e un debuxo preciosista e sensual tanto nos cadros (San Francisco recibindo os estigmas) como nos debuxos e gravados. A súa elegancia inspírase na obra de Parmigianino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Reporteiro gráfico. É membro das axencias Copi e Contifoto. Traballou na Televisión de Galicia, da TVE-2 e como xefe de cámaras do Arquivo da Imaxe de Galicia e nas publicacións La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Man Común, Diario de Galicia, Mundo Obrero Diario, El País e La Calle, e para a Gran Enciclopedia Gallega. Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas e na edición gráfica de varias publicacións literarias, concretamente no libro Galicia, a pé de foto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido como Le maître des couleurs (O mestre das cores), considérase o representante da pintura francesa ao xeito flamengo, tendencia amosada no Tríptico da Trindade (1509-1515). A súa obra máis importante é o políptico de nove táboas Baño místico das ánimas no sangue do Salvador (1511-1520), realizado para a abadía de Anchin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta peruano. Estudiou Letras en Lima. A súa poesía recollida en El pie sobre el cuello (1967) manifesta, apoiándose nunha linguaxe clásica e irónica, as frustracións do home obrigado a renunciar ás preocupacións intelectuais para subsistir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante e explorador estonio. Navegou ao redor da Antártida nunha expedición da mariña rusa entre 1819 e 1821, que foi a primeira en descubrir terras ao S do Círculo Polar Antártico (a Illa de Pedro I e a Terra de Alexandre I), no mar que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano, chamado o Giambellino. Discípulo do seu pai Iacopo e do seu cuñado Mantegna, estivo influenciado pola pintura flamenga e por Antonello de Messina. Traballou no obradoiro de Squarcione en Padua. Foi colaborador do seu pai e do seu irmán Gentile. Da súa primeira época destacan a Transfiguración e a Oración na horta. Pintou diversas Pietà e numerosas Madonne (Virxe entronizada co neno durmido), tema que cultivou durante toda a súa vida. En diversas ocasións traballou na decoración do palacio ducal de Venecia. A partir do 1500 cultivou novos temas (A núa, O festín dos deuses). Foi un magnífico paisaxista e retratista (O duque Leonardo Loredano). A súa pintura nun principio moi austera, de liñas cortantes e feitura sobria, suavizouse, tendendo cara a unha suavidade de liñas e formas, abandonando o espírito analítico do s XV, feito que xa anuncia o século seguinte. A visión intimista que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sueco. Fíxose famoso como compositor de odas e cancións á vida e ao amor. Burlesca, satírica e de gran lirismo, a súa obra foi recollida en Fredmans Epistlar (1790) e Fredmans sänger (1791).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e político latinoamericano. Estudiou e traduciu os clásicos gregos e latinos, ademais de investigar sobre o teatro clásico español. Ao iniciarse o movemento de independencia (1810), foi nomeado secretario da misión diplomática, presidida por Simón Bolívar, acreditada diante do goberno inglés. Entre 1826 e 1827 publicou Alocución a la poesía e Silva a la agricultura de la zona tórrida, primeiro manifesto literario a prol da emancipación das letras do continente americano de fala española. En Santiago de Chile, onde residiu desde 1829, realizou un continuo traballo de polígrafo e foi o orientador das repúblicas hispánicas independentes. Foi nomeado membro honorario da Real Academia Española. Colaborou nas revistas Repertorio Americano e Biblioteca Americana, ademais de dirixir o Araucano, diario oficial de Chile. Do conxunto dos seus escritos cómpre destacar a Gramática de la lengua castellana (1847) e o Código Civil de Chile...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e maxistrado. En 1990 foi elixido polo parlamento español, vogal do Consello do Poder Xudicial. Na sexta lexislatura foi nomeado ministro de Xustiza (1993-1994) e, a continuación, ministro de Xustiza e Interior (1994-1996). Entre 1996 e o 2000 foi deputado do Congreso por Zaragoza e portavoz do grupo parlamentario socialista no Congreso dos Deputados, na Comisión de Xustiza e Interior. Candidato socialista á alcaldía de Zaragoza, preside o Partido Socialista Obrero Español en Aragón. É membro de Xustiza Democrática e fundador da Asociación Xuíces para a Democracia, da Association de Magistrats Européens pour la Democratie et les Libertés e da Asociación Pro Dereitos Humanos do País Vasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica francesa. Os seus primeiros traballos desenvolvéronse no campo da curtametraxe. Defensora das teses feministas, amosa os problemas da muller do noso tempo cun realismo abraiante. Dirixiu, entre outras películas, Quelque part, quelqu’un (Calquera parte, calquera persoa, 1972), L’amour violé (O amor violado, 1977), Les enfants du désordre (Os rapaces da desorde, 1989) e L’affût (O posto, 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tratadista de arte e arqueólogo. Foi nomeado por Clemente X anticuario de Roma. A súa obra máis importante é Vite de pittori, scultori ed architetti moderni (Vida de pintores, escultores e arquitectos modernos, 1672). Está escrita cun criterio selectivo e non limitada aos artistas italianos. Atacou o Naturalismo de Caravaggio e o Manierismo, e defendeu un termo medio entre a idea e a natureza, actitude identificada co eclecticismo de Annibale Carraci, a quen consideraba o auténtico herdeiro da grandeza de Raffaello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Farmacia e Ciencias Biolóxicas pola Universidad Complutense de Madrid, onde foi profesor de Botánica (1934). En 1943 ocupou a cátedra de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela e en 1964 a de Fitoxeografía da Universidad Complutense de Madrid. Durante a década 1964-1974 simultaneou o traballo na universidade coa dirección do Real Jardín Botánico de Madrid. Entre as publicacións que dedicou á flora galega destacan: Mantissa Stirpium Gallaeciae (1950), Anotaciones a la flora criptogámica gallega (1952), Adiciones y correcciones a la flora de Galicia (1959) e Notas sobre la flora gallega (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, situado na comarca pirenaica da Cerdanya, no curso alto do Segre (1.535 h [1996]). A súa situación montañosa e a diversidade litolóxica provocan unha gran variedade na vexetación (carballos, faias, carrascos ou salgueiros). A paisaxe, atractivo turístico, constitúe o seu principal recurso económico. Ao abeiro desta actividade dinamizouse o comercio e a construción, favorecida pola mellora nas comunicacións trala apertura do túnel de El Cadí (1984). Teñen sona os seus embutidos artesanais. O Rei Xaime I mandouna fortificar e levar por alí o camiño da Seu d’Urgell a Puigcerdà, outorgándolle privilexios e franquicias. As guerras franco-españolas supuxeron a ocupación francesa en varios períodos dos ss XVII e XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO