"Ava" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 621.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (3.847 h [2001]). Os cultivos atópanse en decadencia fronte á crecente función do municipio como lugar de segunda residencia e veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Violinista e compositor. Estudou con D. Alard en París e actuou por Europa e América. Das súas obras destacan Aires bohemios (1863), Danzas españolas (1878), Muiñeira op.13 (1885), Jota de San Fermín (1894) e Zortzico (1898). Recibiu o primeiro premio do Conservatoire de París (1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Laos (10.691 km2; 258.300 h [estim 1995]). A súa capital é Saravan.
-
RIOS
Río dos Balcáns, que é afluente pola dereita do Danubio (940 km). Nace nos Alpes Xulianos, preto da fronteira con Austria, atravesa Eslovenia, pasa por Zagreb, fai de límite entre Croacia e Bosnia e rega Serbia ata Belgrado, onde conflúe co Danubio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico serbio, fillo de Estevo I de Serbia. Fuxiu para facerse monxe no monte Athos (1192), onde cambiou o nome de Rastko polo de Sava. Obtivo de Constantinopla o recoñecemento de autocefalia da igrexa serbia (1219), da que foi primeiro patriarca (1221).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Oceanía, a máis grande das dúas que constitúen Samoa Occidental (1.715 km2). O seu núcleo principal é Tuasivi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Musicólogo. Discípulo de W. Kuijken en Bélxica e de A. Wenziger en Basilea, a quen sucedeu (1974) na dirección da Schola Cantorum Basiliensis. En 1997 creou o Centro Internacional de Música Antigua, para a investigación e edición de obras do patrimonio histórico español. Recibiu un Cesar polo acompañamento musical da película Tous les matins du Monde (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de EE UU que desemboca no Océano Atlántico (730 km). Nace ao pé dos Apalaches meridionais, corre en dirección NO-SL e desemboca preto da cidade homónima.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Georgia, EE UU (131.510 h [2000]). É porto comercial da costa atlántica, situado preto da desembocadura do Savannah, e posúe construcións navais, refinaría de petróleo e industrias da madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Laos (21.774 km2; 674.900 h [estim 1995]). A súa capital é Savannakhét (96.652 h [1985]).
-
DISTRITOS
Distrito de Mauricio (245 km2; 66.356 h [2000]). A súa capital é Souillac.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Canteiro. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Vigo e en Madrid. Estivo implicado no levantamento republicano de Juan B. Topete (1868) e foi deportado a Orán. Cofundador do Casino de Camposancos, traballou na Biblioteca e no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra, na torre da igrexa de San Pedro de Burgueira (Oia) e, na Guarda, no convento de Carmelitas e nos palacetes de Eloy Domínguez e da familia Candeira, no Centro Sanitario, convertido no Centro Socio-Cultural, e na Casa das Torres en Camposancos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade logarítmica de medida da altura dos sons musicais. Dous sons teñen unha diferenza de altura de 1 savart se o logaritmo decimal do cociente das súas frecuencias é 1/1.000. Unha oitava ten 301,03 savarts.
-
PERSOEIRO
Físico francés. Estudou a audición e fixo notables investigacións en acústica. Estudou, xunto con Biot, os efectos dinámicos da corrente eléctrica, e o movemento dos fluídos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abraham Bar Ḥ iyya.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sawatch Range.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de boxeo ideado en Francia en 1825 por Charles Lecour. Tamén chamado boxeo francés engádelle, aos golpes do boxeo inglés, uns golpes particulares executados co pé.
-
FILOSOFOS
Filósofo e escritor. Influído por Nietzsche, os librepensadores e un certo anarquismo, ocupouse sobre todo das cuestións éticas. Desenvolveu unha intensa actividade en favor da paz en Euskadi. Das súas obras destacan os Apóstatas razonables (1976), Panfleto contra el Todo (1978), Invitación a la ética (1982, Premio Anagrama de ensaio), La tarea del héroe (1982, Premio Nacional de Literatura), Ética para Amador (1991), Sobre vivir (1994), El jardín de las dudas (1994), El contenido de la felicidad (2002), Los caminos para la libertad: Ética y educación (2003) e El gran fraude: sobre terrorismo, nacionalismo y progresismo? (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo piso e idade do Mioceno Medio mariño, situado antes do Languiano e despois do Tortoniano.
-
PERSOEIRO
Político portugués. Membro do Partido Social Democrata (PSD), foi ministro de Finanzas (1980-1981) e primeiro ministro de Portugal (1985-1995).
VER O DETALLE DO TERMO