"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
-
Persoa que ten as fazulas ou as meixelas moi grandes.
-
Moi gordo e redondo de corpo.
-
-
CIDADES
Cidade do land do Rin do norte de Westfalia, Alemaña, na chaira entre o Ruhr e o Emscher (395.837 h [1998]). Situada na conca industrial do Ruhr, comezou a súa expansión como centro mineiro. Entre as principais industrias cómpre subliñar as fundicións, industrias do aceiro, a construción de automóbiles (Opel) e de maquinaria. Mencionada por primeira vez ao final do s IX, recibiu o título de cidade no ano 1321. No 1461 formou parte do ducado de Kleve e ao principio do s XVII pasou a Brandenburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento de volume da glándula tiroide. Pode estar provocado por diversas causas: por inxestión escasa de iodo (bocio endémico ou simple), no que ás veces predominan nódulos ou quistes (bocio multinodular); por inflamacións ou por infeccións (tiroidite aguda, subaguda, autoinmune ou de Hashimoto, fibrosa ou de Riedel, etc); por hiperfunción da glándula tiroide, de causa inmunolóxica (bocio difuso tóxico) ou enfermidade de Graves-Basedow; por tumores benignos hiperfuncionantes (bocio nodular tóxico) ou non funcionantes (bocio nodular non tóxico); e por tumores malignos. O bocio aberrante é o que se desenvolve a costa dunha tiroide accesoria. O bocio pendular é moi voluminoso e colga diante do pescozo. O bocio endémico, que tivo unha grande incidencia en Galicia, pode levar a un hipotiroidismo grave con afectación da actividade física e mental (ananismo, xordeira, retraso mental, etc). O ser humano ten unhas necesidades...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xerra co formato clásico para beber cervexa, xeralmente dun cuarto de litro, que ten forma de gobelete con asa e que pode estar decorado e ter tapa.
-
PERSOEIRO
Naturalista alemán. Na súa obra máis importante, Neues Kräuterbuch (Novo herbario, 1539), describiu un gran número de plantas e os seus hábitats, tendeu a agrupalas segundo as súas afinidades naturais e foi clave na Botánica ao constituír o primeiro intento de clasificar os vexetais acompañado dunha investigación da nomenclatura empregada anteriormente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor suízo. Formouse en Düseldorf, Xenebra, París e Roma, onde residiu impresionado pola cultura italiana (1850-1857). Exerceu, despois o seu maxisterio en Weimar (1860-1862), e posteriormente estableceuse en Italia. Admirador do Veronese e de Rubens, foi un romántico tardío, amante das paisaxes misteriosas e de mitoloxías; a súa obra é tan pronto melancólica como macabra. Influíu moito no seu tempo, sendo o representante da síntese xermano-latina. O seu prestixio vén dado pola obra Pan entre xuncos (1857). Destaca tamén a súa obra Illa dos mortos, da que fixo seis versións dende 1880, inspirando incluso composicións musicais (Max Reger e Sergej Vasil’evič). Influíu sobre a pintura metafísica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente de madeira destinado a gardar o viño. A súa capacidade media é equivalente a cinco moios, entre trescentos e setecentos litros, e o seu tamaño é máis grande ca o da pipa e o barril, e máis pequeno ca o tonel e a cuba.
-
PERSOEIRO
Magnate húngaro e príncipe de Transilvania (1605-1606). Calvinista, dirixiu a resistencia de Transilvania contra a política católica dos Habsburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cociñeiro francés, fundador da nouvelle cuisine. De formación clásica, en 1961 foi galardoado como mellor obreiro-cociñeiro de Francia. É coñecido pola práctica dunha cociña imaxinativa, que preserva a calidade natural dos alimentos tendo en conta as leis da Dietética. A súa obra A cociña do mercado definiu novos rumbos para a arte culinaria, nunha liña de cociña máis lixeira e que conserva o sabor propio dos ingredientes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proba para determinar a polución orgánica da auga. Indica (en g/m3) o volume de osíxeno requirido por unha mostra incubada a 20°C, na escuridade e durante cinco días; o osíxeno consumido equivale á cantidade de materia orgánica presente na mostra estudiada.
-
-
Cerimonia en que dúas persoas contraen matrimonio.
-
-
Festa conque se celebra un casamento.
-
vodas de diamante
Celebración do sesaxésimo aniversario dunha voda ou doutro acontecemento.
-
vodas de ouro
Celebración do quincuaxésimo aniversario dunha voda ou doutro acontecemento.
-
vodas de platino
Celebración do septuaxésimo quinto anivesario dunha voda ou doutro acontecemento.
-
vodas de prata
Celebración do vixésimo quinto aniversario dunha voda ou doutro acontecemento.
-
-
-
PERSOEIRO
Actor. Comezou a súa carreira artística na radio de Caracas para debutar máis tarde no teatro, no cine e na televisión. Chegou a España a finais dos anos corenta e acadou o posto de primeiro actor na compañía do Teatro Nacional María Guerrero. Participou nos filmes: Alhucemas (1947), Agustina de Aragón (1950), Tres eran tres (1954), Hoy como ayer (1965), Aventura en las Islas Cíes (1966), Volver a empezar (1981), La Colmena (1982), Últimas tardes con Teresa (1983) e El último kamikaze (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Macho cabrío.
-
Odre inflado.
-
Persoa moi gorda e baixa.
-
-
PERSOEIRO
Pedagogo norteamericano. É autor de Modern Educational Theories (Teorías educacionais modernas, 1927), onde destaca a importancia da visión social do educador. O seu libro Confliting Psychologies of Learning (Psicoloxías conflitivas de aprendizaxe, 1929) constitúe a primeira síntese sobre as teorías modernas da aprendizaxe, nas que se opón ao Condutismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica do beneficio en función da fase, en escalas logarítmicas, da transmitancia dun servosistema.
-
PERSOEIRO
Astrónomo. No ano 1774 fundou o Berliner Astronomisches Jahrbuch, e no 1786 foi nomeado director do observatorio astronómico de Berlín. Difundiu a lei de Titius-Bode. A súa obra principal, Uranographie (1801), é o primeiro atlas celeste que cataloga 17.240 estrelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que tamén é coñecida a lei de Titius-Bode.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo das xergas dos albaneis e dos telleiros que corresponde á voz ‘punta’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘punzón’.