"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
lumbrigante.
-
PERSOEIRO
Soprano. Discípula de Lotte Lehmann, debutou en 1960 na Ópera de París con Aida. Posteriormente, actuou no Metropolitan Opera House de Nova York e no Covent Garden, ademais de diversas representacións por toda Europa: Bayreuth (1961), Scala de Milán (1966), etc. Especializouse en papeis como o de Carmen e La Gioconda, oscilando entre a corda de mezzo e a de soprano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Durante o Sacro Imperio, señor que orixinariamente equivalía a un castelán perpetuo dunha fortaleza.
-
No Sacro Imperio, gobernador ou administrador dun burgo ou dunha cidade con castelo á conta do emperador (como Nuremberg) ou dun príncipe eclesiástico ou leigo. Os burgraves tiñan a miúdo funcións xudiciais, tanto en materia civil como criminal. Co tempo, o cargo converteuse en hereditario e supuña a posesión de terras.
-
-
-
Dignidade do burgrave.
-
Territorio da xurisdición do burgrave.
-
-
ILLOTES
Illote da ría de Arousa, no denominado Paso interior de Sálvora, situado ao NL da illa de Sálvora e ao SL da illa Cabeceiro Chico, en territorio da parroquia de Carreira (Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cabeza de Manzaneda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transmitir un telegrama por cable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Telegrama transmitido por cable submarino.
-
PERSOEIRO
Xefe militar carlista. Comezou a carreira eclesiástica pero deixouna ao ter lugar o levantamento carlista (1833). Non aceptou o Convenio de Bergara (1839). Retirouse a Francia (1840) e máis tarde a Inglaterra, onde finou. Non quixo intervir na Terceira Guerra Carlista, rexeitando a oferta do pretendente Carlos VII. En 1875 recoñeceu a Afonso XII como rei lexítimo de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ortografía incorrecta.
-
Escritura viciosa contra as normas da ortografía.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada pola Asociación Cultural Alén de Malpica, orientada cara á difusión da cultura e da lingua galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xefe da tribo turca dos o ǧ uz. Enfrontado aos gaznavís, asolou Marw (1037) e fíxose nomear soberano. Participou na Batalla de Dandānqān (1040), vitoria definitiva do novo poder selxúcida.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Imprenta da que era propietario Ángel Antonio Henri, editor do Diario de La Coruña. En 1813 editouse nela unha tradución das Odas de Horacio elaborada por Sobrado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas da familia das poáceas, de inflorescencia en panícula pouco densa, cunha soa flor provista de aresta en cada espiguiña. No sueste de Galicia están presentes dúas especies: C. arundinacea, en bosques, e C. pseudopragmites, en ambientes húmidos.
-
PERSOEIRO
Director artístico. Traballou nos obradoiros da súa familia antes e despois da Guerra Civil española. Malia os problemas iniciais, engorde se introduciu en distintas producións co apoio das empresas Cinesol, Jesús Saiz e Argos. Despois da súa etapa no cine, a partir de 1972 desenvolveu o seu labor profesional en TVE. Entre as decoracións máis destacadas pódense sinalar os filmes: Calabuch (1956), Bajo el cielo andaluz (1959), España insólita (1964), Las últimas horas (1965) e El Amor Brujo (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Procedemento gráfico caracterizado pola utilización de pranchas metálicas, xeralmente de cobre, gravadas en profundidade, contrariamente á tipografía. Orixinouse a partir dos gravados realizados no s XV, nos que se empregaba un buril sobre unha lámina de prata ou cobre, reenchidos dunha pasta negra e chamados nielados. As súas utilizacións industriais son o heliogravado e o retrogravado.
-
Lámina obtida mediante algunha das técnicas calcográficas.
-
Obradoiro onde se imprimen calcografías.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á calcografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai traballos de calcografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escribir unha carta, un documento ou outro escrito calquera cunha letra artificiosa e con intención estética.
-
-
Arte de representar con intención estética os signos gráficos da linguaxe, pero tamén, arte de escribir con letra correctamente formada segundo unhas pautas determinadas. Comprendida dentro do campo da escritura, enténdese como a culminación ou aspiración estética da mesma. Nas correntes didácticas modernas diminuíu a preocupación pola caligrafía ao deixala esquecida diante de aspectos máis prácticos. Non obstante , ata hai moi poucos anos tiña grande importancia no currículo escolar. Ademais, era moi apreciada como habilidade en determinados oficios ou actividades, sobre todo naquelas nas que a escritura xogaba un papel de certa relevancia: secretarios, notarios, cregos, mestres e outros oficios. Tradicionalmente o ensino da caligrafía pretendía que a escritura dos escolares reunise determinadas calidades como limpeza, claridade, proporción e elegancia. Esta podía adoitar, segundo os casos, diversos tipos: española, vertical, inglesa, redonda, gótica inglesa ou gótica alemana, entre outras....
-
Conxunto dos trazos que caracterizan a escritura dunha persoa ou dun texto.
-
Escritura manuscrita que aparece nunha obra literaria, debido a motivos estilísticos ou documentais. Un exemplo da literatura galega é a obra de Luís Pimentel Sombra do aire na herba (1959).
-