"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
PERSOEIRO
Gravador de imprenta. Foi alumno de Geoffroy Tory e perfeccionou o tipo de Jenson e de Manuzio. O tipo que el creou recibe o nome de garamond; gravou os caracteres gregos para a Imprenta Real francesa (1544), coñecidos como gregos do rei.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Presbítero e escritor. Da súa produción destacan Clamores del Divino Pastor a las ovejas descarriadas, o sea Lecciones de Jesucristo a los pecadores olvidados de su salvación (1861), El Tesoro de los labradores: o sea avisos muy útiles a los mismos para lograr abundantes cosechas y una vida larga y dichosa (1865), La más divina de las obras divinas, o sea, la obra de la Santa Infancia (1873) e a póstuma Hojas sueltas (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Xuíz de Celanova (1872), representou a Galicia como deputado pola sección de Xinzo en 1866-1867 e como senador pola provincia de Ourense en 1898-1901.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Oficial da Armada partidario do liberalismo, participou no levantamento de Porlier (1815) e no de Ferrol (1820). Exiliado ao final do Trienio Liberal, retornou en 1832 e residiu en Vigo. Participou nos pronunciamentos liberais e progresistas, en 1840 e en 1843, nos que presidiu as Xuntas de Pontevedra. Representou a esta provincia na lexislatura 1836-1837.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Traballou como xefe de relacións exteriores de Unión Fenosa. Foi director da revista Fiestra, redactor xefe da revista Kilovatio e colaborou en Arriba. Tamén exerceu como correspondente do semanario financeiro Empresa 2.000. Escribiu Desde las últimas monteras (Premio Pérez Lugín, 1973), La barca amarilla (1966), Leyendas del kilowatio gallego, Farolas coruñesas e La fundación de los gallegos (Premio Pérez Lugin, 1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Franciscano. Exerceu o misionado en México e publicou El día y la noche al revés, Los pajarillos de San Antonio, La flauta misteriosa e Primicias religiosas de América. Recuerdo del IV Centenario Colombino (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Recibiu o título superior de Maxisterio en 1895 e foi profesor, entre outras, nas escolas ferrolás da Graña e de Canido. Foi tamén impulsor das colonias e paseos escolares e dirixiu, xunto con Marcelino Pedreira, o Padroado Local de Colonias (A Coruña). Defendeu unha nova educación baseada nunha escola integral, neutral, obrigatoria e gratuíta, e unha revolución pedagóxica que implicaba a sociedade, a familia e os docentes. Foi membro da ATE-FETE e publicou Los hombres del mañana (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e ceramista. Discípula de Carlos Maside, nalgunha das súas obras reflectiu elementos que caracterizaron a obra do seu mestre. Como ceramista traballou para o taller Cerámica Artística Gallega, de Escudero e Asorey, e en Cerámica Celta, onde coincidiu con Castelao, Carlos Sobrino, Xoán Acuña e Manuel Torres, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Ingresou como secretario de sala da Audiencia Territorial da Coruña (1906), foi nomeado vicesecretario de goberno do Tribunal Supremo (1922) e secretario (1931). Elixido deputado independente por Pontevedra en 1933, participou nas campañas de defensa da Misión Biolóxica. Dirixiu Diario de La Coruña e El Ideal Gallego, e colaborou en La Voz de Galicia, Faro de Vigo e na revista Vida Gallega. Foi presidente da Asociación de Prensa da Coruña en 1906. Publicou Estilos consuetudinarios y prácticas económico-familiares y marítimas en Galicia (1909) e Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la Región Gallega (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Exerceu nos xulgados de Bande e A Estrada. Foi maxistrado da Audiencia Provincial de Ourense (1984) e dende 1990 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foi un dos impulsores do proceso de normalización lingüística do galego no eido da xustiza. Participou no Simposio Internacional de Linguas Europeas e Lexislacións (1992) e no Congreso da Cultura Galega co artigo “Situación legal do galego” (1992). Colaborou en publicacións como Grial e no volume colectivo Contos da Xustiza (1991), e escribiu O réxime xurídico da lingua galega (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Ideoloxicamente, moveuse entre posturas liberais progresistas, posicións radicais e o federalismo. Foi vicepresidente da Sociedad Cooperativa de Trabajadores El Ahorro de Vigo e en 1881 integrouse na coalición republicano-liberal, contraria aos conservadores. Exerceu como redactor en diversas publicacións da época e foi fundador do Heraldo Gallego. Colaborou con artigos políticos e literarios en La Oliva, El Miño, El Obrero, La Aurora de Galicia, La Nación Española, El Gallego, El Correo Español e El Eco de Galicia, e publicou Cuentos vigueses (1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Senador republicano en 1859, e congresista en 1863, en 1876 converteuse en líder do partido e foi elixido presidente dos EE UU en 1880. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da beira setentrional da ría de Arousa, na desembocadura dos ríos Pedras e Lérez, situada no litoral da parroquia de Posmarcos, concello da Pobra do Caramiñal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e teórico da arte. Pertenceu á primeira xeración da Escola de París, cidade na que viviu entre 1928 e 1933. Participou nas Misións Pedagóxicas da Segunda República e durante a Guerra Civil colaborou en Nueva Cultura e Hora de España. Exiliado en México en 1939, residiu en Italia desde 1952, con estancias frecuentes en España ata que regresou en 1984. Cultivou a paisaxe, os bodegóns e a pintura de interiores. Escribiu, entre outras obras, El sentimiento de la pintura (1960) e Velázquez, pájaro solitario (1969). Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1995) e o Premio Velázquez de Artes Plásticas (2002). En 1990 inaugurouse en Murcia o Museo Ramón Gaya.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Locutor e presentador de televisión. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Director e presentador do programa Luar, producido pola TVG. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Galicia de Comunicación e o Premio Geca concedido por SOFRES.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Programa de desenvolvemento espacial dos EE UU constituído por doce voos, que se levaron a cabo ata o 15 de novembro de 1966. Os obxectivos primordiais destes voos foron a experimentación da tolerancia humana á ausencia de gravidade, o ensaio das técnicas de cita e acoplamento, a realización de actividades fóra do vehículo e o ensaio do retorno guiado.
-
GALICIA
Pintor e debuxante. Comezou a súa formación en Santiago e en 1839 ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Foi profesor de pintura no Liceo Artístico y Literario de Madrid. Introduciu a pintura arqueolóxica romántica na plástica galega. Colaborou no Semanario Instrutivo (1839), Semanario Pintoresco (1841), El Recreo Compostelano (1841) e La Aurora de Galicia (1845). Das súas obras destacan Vista de Santiago (1837), Cura de aldea cantando na igrexa, A catedral de Santiago vista dende a Quintana, ademais de seis vistas de Aranjuez e os debuxos da Viaxe por Galicia (1842), publicados en Revista de Galicia. Realizou retratos de membros da aristocracia madrileña e, entre outros, de Espartero e A Raíña Cristina.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista internacional. Coñecido como Moncho Gil, foi dianteiro do Real Vigo Sporting. Formou parte da primeira selección española, coa que se proclamou subcampión olímpico nos Xogos de Anveres 1920. Co rexemento de Vigo proclamouse vencedor do Primeiro Campionato Militar de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura de Rwanda (2.239 km2; 849.285 h [estim 1991]). A capital é Gitarama (12.700 h [estim 1991]).
-
GALICIA
Cineasta. Director xeral de Galicia Dixital. Presidiu o grupo fotocinematográfico Fonmiñá en Lugo e o Orfeón Lucense. Foi xerente do padroado de Cultura do Concello de Lugo, voceiro do concello de Lugo e director das revistas Fonmiñá e Praza Mayor. Realizou diversos guións para a produtora Ophiusa. Das súas obras destacan Monterroso, en las tierras de Ulloa (1990), Palas de Rei: regio palacio (1990), El belén de Begonte (1991) e Os Ancares, fuerza vital (1994).
VER O DETALLE DO TERMO