"RNE" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 566.

  • Produtora cinematográfica estadounidense fundada en 1923 polos irmáns Warner: Harry Warner (1881-1958) como presidente en Nova York, Albert Warner (1884-1967) como tesoureiro, e Sam (1888-1927) e Jack Warner (1892-1978) como xefes de estudo en Hollywood. Realizou The Jazz Singer (1927), o primeiro filme con música sincronizada e diálogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alsaciano. Estudou o magnetismo e aplicou a teoría do paramagnetismo ao ferromagnetismo, e descubriu o efecto magnetocalórico. Destaca a teoría sobre o magnetón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo alemán. Fixo investigacións sobre mineraloxía e sobre a clasificación das rochas. Postulou a teoría do neptunismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico suízo de orixe alsaciana. Estudou os complexos inorgánicos de cromo, cobalto, platino e ferro, e tamén as valencias ou a estereoquímica. Recibiu o Premio Nobel de Química (1913) polos seus traballos sobre os enlaces dos átomos nas moléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo alemán. Coñecido como Vernerus, foi un dos creadores da trigonometría moderna. Ideou un tipo de transformación alxébrica que chamou prostaférese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO