"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Taboadela baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Šem ob ben I ṣḥ aq ibn Ardutiel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro profesional ourensá fundada e dirixida desde 1980 por Ánxeles Cuña. Das súas representacións destacan Cama para dous (1995), A esmorga (1996; Premio María Casares 1997 ao mellor actor secundario), Afección (1997), Tics (Premio Mejor Dirección FETEN, 1998; Premio M. Casares 1999 ao mellor actor, escenografía, vestiario e maquillaxe), Os soños de Caín (1999), O lapis do carpinteiro (2000; Premio Mª Casares 2001 ao mellor actor principal, dirección, adaptación, escenografía, iluminación, vestiario, maquillaxe e espectáculo), A illa amarela (2001), Sexismunda (2001; Premio M. Casares 2002 á mellor actriz protagonista, actor secundario, adaptación, iluminación e maquillaxe), A conxura dos necios (2002; Premio M. Casares ao mellor actor secundario e maquillaxe), Así que pasen cinco anos (Premio M. Casares 2004 á mellor dirección, actor secundario, escenografía, vestiario, adaptación e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia conxelada en forma de grans, transparentes ou translúcidos, de 2 a 5 mm de diámetro, que procede da condensación do vapor de auga atmosférico. Cando hai tempestades fórmanse cumulonimbos no seu cume, que están a temperaturas por baixo de 0°C, orixinándose capas de xeo (os falsos cirros); a conxelación rápida da auga forma os grans de sarabia de maior ou menor tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, irmán de Enrique e Xosé Sarabia González. Participou na Guerra de Cuba (1898) e ao seu regreso a Vigo (1907) iniciuse na fotografía de man do seu cuñado Xosé Gil Gil. En 1909 creou, xunto co seu irmán Enrique, un laboratorio de fotografía e adicouse principalmente á fotografía de exteriores. Desde a década de 1920 asinaron as fotografías co selo “Foto Sarabia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, irmán de Constantino e Xosé Sarabia González. Traballou co seu irmán Constantino en Vigo, no laboratorio e encargouse fundamentalmente da parte de fotografía de estudio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, irmán de Constantino e Enrique Sarabia González. Ao seu regreso da Guerra de Cuba (1898) asentouse en Vigo onde traballou, ata a súa morte, no estudo fotográfico do seu cuñado Xosé Gil Gil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección fotográfica composta por imaxes dos irmáns Constantino, Enrique e Xosé Sarabia, que se instalaron en Vigo na década de 1910, á sombra do estudo de Xosé Gil, con quen aprenderon a arte fotográfica. Constantino dedicouse á fotografía exterior, mentres Enrique facía a de estudio. Os seus traballos documentaron desde momentos da historia de Vigo ata actos sociais. Outras imaxes foron encargos comerciais, como as series fotográficas da industria conserveira ou a das obras no porto de Vigo. Publicaron as súas imaxes en Vida Gallega, Faro de Vigo ou El Pueblo Gallego, e ilustraron diferentes libros, como Pontevedra y su provincia (1921) e Libro de Oro de la Provincia de Pontevedra (1931). Tras a morte do último irmán, Constantino, boa parte do arquivo desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precipitación en forma de sarabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Erupción na pel que se caracteriza pola formación de burbullas ou ronchas.

    2. Inchazón que resulta da picadura dun insecto ou doutro animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (3.577 km2; 568.377 h [2000]). A súa capital é Saraburi (67.784 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de saturable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser saturado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos coleópteros, da familia dos escarabeidos, que agrupa a diversas especies de escaravellos fimícolas, como S. Sacer, que depositan os ovos dentro de bólas de esterco que eles mesmos fabrican, e do que se alimentan as larvas ao nacer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser separado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de 195 km formado pola confluencia, en Al-Qurna, do Tigris e do Éufrates e que, en parte, constitúe a fronteira entre Irán, ao L, e Iraq, ao O. Desemboca en delta no Golfo Pérsico.

    VER O DETALLE DO TERMO