"Sil" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 565.
-
PERSOEIRO
Mariscal ruso. Membro do partido bolxevique (1903), participou na Revolución de 1917 e na Guerra Civil, e foi comisario do Pobo, do Exército e da Mariña (1925-1940). Durante a Segunda Guerra Mundial dirixiu a defensa de Leningrado. Foi vicepresidente do Consello de Comisarios do Pobo (1947-1953) e presidente do presídium do soviet supremo (1953-1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de ballet. Coñecido como coronel Wassili de Basil, en 1932 formou a compañía dos Ballets Rusos de Montecarlo, xunto con René Blum. En 1936 abandonou Montecarlo e a súa compañía tomou o nome de Ballets Russes du Colonel de Basil (1936-1939) e o de Original Ballet Russe (1940-1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dentista e revolucionario brasileiro. Coñecido como Tiradentes, pola súa profesión, foi a alma do movemento separatista coñecido como Inconfidência Mineira. Asumiu a responsabilidade exclusiva da conspiración e por iso foi condenado a morte e aforcado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre de gregos fanariotas emparentada coa dinastía imperial dos Comnenos de Trebisonda despois da conquista latina de Constantinopla (1204). Destacaron Alexandros Ypsilantis (Constantinopla 1726-1805), gospodar de Valaquia (1774-1782 e 1796-1797) e de Moldavia (1786-1788); Alexandros Ypsilantis ( Kiev 1792 -Viena 1828) que dirixiu en 1820 o grupo Heteria, sociedade política xurdida con vista á liberación nacional grega, e ocupou Ia Palatino; Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ i e Bucarest, coa intención de facer sublevar aos cristiáns romaneses; e Dimitros Ypsilantis (Kiev 1793-Nauplia 1832) quen en 1822 foi elixido presidente da primeira asemblea lexislativa da Grecia libre e en 1832 formou parte do goberno provisional.
-
PERSOEIRO
Militar e político, II marqués de Valero e I duque de Arión (1725). Foi vicerrei de Sardeña (1704-1706) ao servizo de Filipe V, a favor do que loitou durante a Guerra de Sucesión. Acabada esta, foi recompensado co cargo de vicerrei de Nova España (1716-1722). Volvendo á Península Ibérica, foi presidente do Consello de Indias.
VER O DETALLE DO TERMO