"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome da actual Kaifeng, capital do imperio chinés Song (ss X ao XII).
-
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador da arte italiano. Foi profesor de Historia da Arte Antiga en diversas universidades italianas ata 1965. Como director xeral de antigüidades (1945-1948) levou a cabo a reorganización dos museos italianos e a restauración dos monumentos afectados pola guerra. Dirixiu a Escola Nacional de Arqueoloxía e a publicación colectiva Enciclopedia dell’arte antica, classica e orientale (Enciclopedia da arte antiga, clásica e oriental, 1958-1967). Entre os seus traballos sobresaen: Storicità dell’arte classica (Historicidade da arte clásica, 1943), La fine dell’arte antica (A fin da arte antiga, 1970) e Dall’elenismo al medioevo (Do helenismo ao medievo, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático italiano. Traballou en teoría dos números e xeometría de superficies. As súas obras básicas son Lezioni di geometria differenziale (Leccións de xeometría diferencial) e Lezione sulla teoria dei numeri algebrici (Leccións sobre a teoría dos números alxebraicos).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito italiano. Estableceu un observatorio astronómico en Albano. En 1705, sendo Papa Clemente XI, foi o secretario do comité para a reforma do calendario. Entre os seus escritos destaca a Istoria universale provata con monumenti e figurata con simboli degli antichi (Historia universal fundamentada con monumentos e representada con símbolos dos antigos, 1697).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor arxentino nacionalizado en Francia. É autor de obras de temática fantástica; entre elas destacan Los desiertos dorados (1967), Ritual (1973), Detrás del rostro que nos mira (1977), El amor no es amado (1983), etc. Obtivo o Premio Fémina (1985) coa súa primeira novela Sans la miséricorde de Christ (Sen a misericordia de Cristo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista cinematográfica italiana fundada en 1937 por Luigi Chiarini e editada polo Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. Destacou polo seu carácter cultural e didáctico e pola súa influencia a nivel mundial entre os críticos e teóricos do cine.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten dous ángulos.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento da Costa de Marfil (4.950 km2; 98.236 h [1998]). A capital é Biankouma (4.533 [1998]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe mitolóxico, fillo do Tíber e da ninfa Manto, fundador de Mantua, á que lle deu o nome da súa nai.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que acontece ou se fai dúas veces ao ano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero literario do final da dinastía chinesa Tang (618-907) e do período das Cinco Dinastías (907-960), que constitúe a primeira aparición da lingua vulgar nos textos escritos. Trátase de textos budistas parafraseados, parte en prosa e parte en verso, e de textos profanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División estratigráfica do Eoceno, con valor de piso (e idade), situado sobre o Luteciano e baixo o Bartoniano. Poderíase considerar equivalente do Bartoniano, quedando en dúbida se é Eoceno Superior ou Medio. O estratotipo, mal escollido, é a costa de Biarritz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Biarritziano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica o biatlón.
-
PERSOEIRO
Director de teatro, guionista e realizador cinematográfico norteamericano. Realizou Salt of the Earth (A sal da Terra, 1953), unha defensa política en favor do sindicalismo que truncou a súa carreira cinematográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e na Universidade de Sevilla, onde se licenciou en Belas Artes na especialidade de Pintura. Ampliou a súa formación no mosteiro de San Cugat del Vallés (Barcelona) e na Escola de Belas Artes de Perugia (Italia). É profesor de Debuxo na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. A súa actividade abrangueu tamén o campo da escultura. As súas primeiras obras están influenciadas polo Impresionismo e por postsimpresionistas como Vincent Van Gohg ou Cézanne, para ir decantándose máis tarde polo Expresionismo abstracto, en particular polo Action Painting americano. Foi un dos membros, a partir de 1985, do grupo Nome. A súa obra caracterízase polo coidado especial nas texturas e pola continua experimentación na busca do comezo mesmo da pintura e da revisión dos seus principios. Realizou exposicións individuais e colectivas en Santiago de Compostela, Vigo, Bilbao, Segovia e Sevilla. Participou nas mostras...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariantes gráficas dos nomes persoais Vivián/Viviana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bibiano Morón Giménez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edición políglota da Biblia patrocinada por Filipe II e dirixida por Benito Arias Montano. Baseada na edición da Complutense, introduciu numerosas correccións. Publicada entre o 1569 e o 1573, consta de 8 volumes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que, víctima dun impulso neurótico persistente, rouba libros sen ningunha motivación de orde económica.