"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

  • Conxunto de movementos mitóticos do óvulo no transcurso da maduración e da fecundación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cigoto dos esporozoos apicomplexos do xénero Plasmodium, que migra a través da mucosa intestinal do mosquito do xénero Anopheles, fíxase á submucosa e forma o oocisto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oóspora de membrana grosa que tarda en xerminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula sexual feminina que provén do oogonio mediante o proceso da ooxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curvatura cara a atrás da medula espiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma madura da célula ósea, que constitúe o tecido óseo desenvolto. É importante na regulación do metabolismo do calcio e na envoltura de materia ósea calcificada, sen perder a capacidade de división.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. estatocisto.

    2. cnidoblasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón destinado a escritores noveis de entre 14 e 30 anos que outorga a Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense co patrocinio da Consellería de Cultura e a Delegación Provincial de Familia, Muller e Xuventude. O primeiro galardoado foi Xosé Carlos Caneiro, con O caso de Horacio Silveira, que quería ser neno e non lle deixaron (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eritrocito oval que revela a presenza dun tipo de anemia hereditaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que estimula o parto.

    2. Produto que se destina a estimular a contracción dos músculos lisos do útero. Emprégase sobre todo a fracción oxitócica do extracto do lóbulo posterior da pituitaria. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona polipeptídica segregada polo lóbulo posterior da hipófise que, como a vasopresina, actúa durante o parto sobre a fibra muscular lisa do útero e provoca a contracción. Estimula e secreción de leite e ten efecto sobre os riles. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • palicinesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • colecistoquinina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que aparece nalgúns casos de hemiplexía. O doente non pode mover espontaneamente o membro afectado, pero reproduce con el os movementos pasivos executados polo membro san.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación belga de dous partidos democráticos de inspiración cristiá, un valón e o outro flamengo. Creouse, no período de entreguerras, a partir do antigo partido católico e participou na maioría dos gobernos desde 1946. Apoiou o retorno do Rei Leopoldo III de Bélxica e, en 1954, foi derrotado nas urnas. Posteriormente volveu ao poder (1958) e coligouse cos socialistas e despois cos liberais. Malia as crises lingüísticas que ocasionaron a separación total das dúas ás do partido, continuou no poder só ou en coalición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política francesa fundada en 1971 pola fusión da Section Française de l’Internationale Ouvrière (SFIO) e de diversas agrupacións e clubs socialistas no congreso de Épinay. Nas eleccións presidenciais de 1974 obtivo o 49% dos votos, e nas de 1981, co apoio dos comunistas e dos ecoloxistas, un triunfo que se complementou coa maioría absoluta do PS nas lexislativas do mesmo ano. O partido perdeu forza nas diversas consultas electorais celebradas desde 1983, e en 1986 pasou á oposición. Os seus secretarios foron François Mitterrand (1971-1981), que presidiu a república (1981-1995), Lionel Jospin (1981-1988), Pierre Mauroy (1988-1991), Laurent Fabius (1991-1993), Michel Rocard (1993-1994), Henri Emmanuelli, (1994-1995), novamente Lionel Jospin (1995-1997), elixido primeiro ministro (1995-2002), e François Hollande (desde 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política fundada en 1885 co nome de Parti Ouvrier Belge. Dirixido por César de Paepe e, despois, por Emile Vandervelde, loitou por obter o sufraxio universal (1919) e por unha mellora das condicións de vida e de traballo. Ao se producir a invasión alemá, Hendrik de Man, o seu presidente, disolveuno (1940), pero a base reconstruíuno na clandestinidade (1945). Despois da Segunda Guerra Mundial, os socialistas participaron en diversos gobernos de coalición con socialcristiáns e liberais, fixeron promulgar medidas sociais, defenderon a laicidade do ensino e impulsaron unha política europeísta. Os conflitos lingüísticos entre valóns e flamengos da década de 1960 provocaron que adoptase unha estrutura independente para cada comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política paraguaia fundada o 11 de setembro de 1887 co nome de Partido Nacional Republicano. De carácter conservador, tivo períodos de inestabilidade que remataron cun golpe de estado que levou ao xeneral Alfredo Stroessner (1954-1989) a presidir a república. Desde as eleccións de 1993 conserva a maioría no Parlamento de Paraguay e na presidencia da república.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política fundada en 1974 co nome de Unión Social-Demócrata Galega. O seu fundador e primeiro presidente foi Alfonso Zulueta de Haz, aínda que tamén destacou J. L. Fontenla Rodrigues. Defendía a autodeterminación de Galicia, para integrarse nun estado federal, e a democracia, e definíase como socialista humanista, personalista, comunitario e demócrata. Propugnaba unha reforma socialdemócrata. En 1976 formou parte do Consello de Forzas Políticas Galegas e disolveuse despois do fracaso das eleccións de 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO