"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. En 1993 obtivo o Premio Calderón de la Barca coa obra Para quemar la memoria e en 1994 presentou Qué hizo Nora cuando se marchó?, coa que tentou dar continuidade á coñecida obra de Henrick Ibsen, Casa de bonecas. En galego publicou o monólogo Mariana (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou ensaios sobre a literatura italiana e as súas novelas tratan o tema da homosexualidade. Da súa produción destaca Le roman italien et la crise de la conscience moderne (1958), L’échec de Pavese (1967) e Dans la main de l’ange (Premio Goncourt 1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na cidade de Ferrol a partir de 1892.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor formado por fibras musculares lisas, xunto con vasos e tecido conxuntivo abundante. Localízase xeralmente no útero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mixoma no que abundan fibroblastos maduros e tecido conectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ficomicetos.

    2. Fungo do grupo dos ficomicetos.

    3. Grupo de fungos de talo unicelular ou formado por un micelio filamentoso sen septos. É un grupo primitivo e heteroxéneo, posiblemente orixinado a partir de flaxelados heterotróficos. Habitan no medio acuático ou no solo húmido, como saprófitos ou parasitos, pero nos grupos máis evolucionados teñen tendencia a adaptarse ao medio aéreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo ao fideicomiso.

    2. Que ou a quen se destina un fideicomiso.

    3. Aplícase ao país sometido a fideicomiso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Disposición segundo a cal unha persoa, en testamento ou en capítulos matrimoniais, deixa todos os seus bens ou unha parte a outra persoa co encargo de que os conserve e os transmita a un terceiro, chamado fideicomisario. O fideicomiso é unha categoría xurídica elaborada polo dereito romano que permite un mantemento da solidariedade e do patrimonio familiar.

      2. fideicomiso de elección

        Modalidade fideicomisaria caracterizada porque o herdeiro fiduciario posúe a facultade de poder escoller, entre as persoas designadas polo causante, quen entra na herdanza en calidade de fideicomisario, ou tamén a de poder distribuír libremente a herdanza entre as persoas designadas polo causante como os herdeiros fideicomisarios.

      3. fideicomiso de residuo

        Modalidade fideicomisaria caracterizada porque o primeiro beneficiario (o herdeiro ou legatario fiduciario) ten unhas facultades dispositivas máis amplas ca as dun fiduciario normal.

      4. fideicomiso singular

        Fideicomiso que consiste no encargo feito ao herdeiro por parte do testador de legar unha cousa determinada a un terceiro.

      5. fideicomiso universal

        Fideicomiso segundo o que o herdeiro ten que transmitir toda a herdanza a un terceiro, aínda que ten dereito á súa parte lexítima.

      1. Tutela á que se somete un territorio en virtude dun acordo internacional, pola cal a súa administración correspóndelle a un estado estranxeiro ou organización internacional. O fideicomiso establécese baixo a autoridade da Asemblea Xeral das Nacións Unidas e réxese pola regulamentación establecida na Carta das Nacións Unidas. Os obxectivos da administración son o fomento da paz e a seguridade internacional, a promoción do progreso social e material do territorio baixo fideicomiso e o desenvolvemento dun proceso de independencia dos pobos interesados nunha relación de respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais. O fideicomiso remata cando o territorio accede á independencia ou cando o administrador (fideicomisario) renuncia a el.

      2. Territorio sometido á tutela dun estado extranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ben ou á herdanza deixada en fideicomiso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa ou institución que establece un fideicomiso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carácter da vexetación definido pola forma das plantas que a constitúen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fisiognomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aspecto característico dunha persoa derivado da combinación dos trazos do seu rostro.

    2. Aspecto ou aparencia externa de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fisionomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa con capacidade para recoñecer e lembrar a fisionomía doutras persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • taxonomía vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación dunha vea ou de parte dunha vea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión realizada nunha vea, especialmente para practicar unha sangría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación do Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto pasivo de transmisión dunha enfermidade ao estar contaminado por axentes patóxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO