"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico situado no Alto Rin. En 1803 converteuse no Electorado de Hessen e en 1866 incorporouse á coroa prusiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás teorías de L. O. Hesse.
-
Dada unha función real de diversas variables reais, f(x 1 ,...,x n ), matriz formada polas derivadas parciais segundas da función, é dicir, matriz que ten os elementos H ij =δ 2 f/δx i δx j .
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Telururo de prata, de fórmula Ag2Te. Pertence o grupo das arxentitas, cristaliza no sistema monoclínico ou cúbico e é de cor gris chumbo. Ten unha dureza de 2-3 e peso específico de 8,24-8,45.
-
PERSOEIRO
Político alemán. Membro do Deustche Demokratische Partei, foi membro do Reichstag (1924-1928; 1930-1933). Profesor no Colexio de Ciencias Políticas de Berlín, foi expulsado polos nazis en 1933. Cofundador do Demokratischen Partei Deutschlands (1946), participou na redacción da Constitución da República Federal (1948-1949). Foi o primeiro presidente da República Federal de Alemaña (1949-1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das orquidáceas, que presentan tubérculo sen dividir e influorescencias en acio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de teleósteos planos e asimétricos que pertencen á familia dos pleuronéctidos. A especie máis destacada deste xénero é Hyppoglosus hippoglossus, coñecida por halibut ou fletán común.
-
PERSOEIRO
Pintor. Foi pintor de cámara do Rei Filipe V de España (1715). Cultivou temas mitolóxicos (Bacanal, 1719), o retrato (Don Luís, príncipe de Asturias, 1717), temas relixiosos (Sagrada Familia con san Xoán, 1726) e a paisaxe (Vista de El Escorial). Seu pai, René-Antoine Houasse (París 1644-1710), participou na decoración de Versailles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e fisiólogo. Foi o fundador e director, ata 1946, do Instituto de Medicina Biolóxica e Experimental. Realizou importantes estudios sobre o metabolismo dos glícidos, a fisiopatoloxía da diabete e a actividade do lóbulo anterior da hipófise. É autor de moitos libros, entre os que, cabe destacar Fisiología humana (1945), que se publicou en nove idiomas e foi un dos libros básicos para o ensino. Recibiu, en 1947, xunto con C. e G. Cori, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polo descubrimento da hormona da pituitaria que se opon á acción da insulina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Friedrich Stowasser.
-
PERSOEIRO
Rei haxemita de Xordania (1952-1999), fillo e sucesor de Ṭ alāl I. A súa participación na Terceira Guerra Árabe-israelí (1967) custoulle a ocupación israelí de Cisxordania e a presenza no país de guerrilleiros palestinos, que expulsou en 1970. Apoiou a Iraq na guerra contra Irán (1980-1988) e na Guerra do Golfo Pérsico (1991), feito que deteriorou as súas relacións co mundo occidental. Na década de 1990 levou a cabo unha intensa actividade diplomática, coa firma en 1994, en ’Ammān, dun acordo de paz co primeiro ministro israelí Yitzhak Rabin e a mediación nas negociacións entre israelís e palestinos. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias a la Concordia (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga poboación de Alxeria. Carlos I e Carlos III intentaron desembarcar nela sen éxito. No s XX converteuse nun suburbio industrial de Alxer.
-
PERSOEIRO
Político árabe. Gran muftí de Palestina (1921), opúxose á creación do estado de Israel. Decidido antibritánico, foi obrigado a exiliarse e, acollido pola Alemaña nazi, levou a cabo unha campaña contra os aliados entre o mundo islámico. Refuxiouse en Exipto e desde 1959 viviu no Líbano.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Considerado o fundador da escola fenomenolóxica, foi profesor nas universidades de Halle, Göttingen e Friburgo de Brisgovia (1916-1928). Considerou o fenómeno como a realidade mesma, tal como é dada ao home inmediatamente no coñecemento. Deu a descrición do contido ideal deste coñecemento, as esencias das cousas e introduciu a problemática crítica do epokhé. Transformou definitivamente a antiga fenomenoloxía das esencias nunha fenomenoloxía transcendental e enfatizou a redución transcendental. Entre as súas obras destacan Logische Untersuchungen (Investigacións lóxicas, 1900-1901), Ideen zu einer reinen Phänomenologie und phänomenologische Philosophie (Ideas relativas a unha fenomenoloxía pura e a unha filosofía fenomenolóxica, 1913), Formale und transzendentale Logik (Lóxica formal e transcendental, 1929) e Méditations cartésiennes (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico de arte e novelista francés. Coñecido como Jules Champfleury, defendeu o realismo na arte e atacou os temas tradicionais, relixiosos e clásicos. Da súa produción destacan Le Réalisme (1855), Les bourgeois de Molinchart (1855), La sucession Le Camus (1857) e e Histoire de la caricature (1866).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista e político socialista. Naceu no barrio ferrolán de Esteiro e, trala morte do seu pai, trasladouse a Madrid (1860), onde iniciou a súa formación como impresor traballando en varias imprentas. En 1870 ingresou na sección de tipógrafos da Federación Madrileña da Internacional e, ao ano seguinte, foi designado secretario da comarca norte da Federación Regional Española da AIT. Comezou as súas colaboracións habituais como xornalista na prensa obreira, principalmente en La Solidaridad, o periódico da Internacional, onde publicou o seu primeiro artigo “La guerra”, ou en La Emancipación, semanario no que formou parte do consello de redacción. En 1873 ingresou na Asociación General del Arte de Imprimir, organización socialista da que foi presidente entre 1874 e 1885 e na que iniciou os traballos preparativos para a creación do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), xurdido a partir da reunión do 2 de maio de 1879 na casa Labra, e do que foi nomeado secretario do...
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río dos Países Baixos formado por unha derivación do Rin (114 Km). Desemboca en forma de delta en Ijsselmeer.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago dos Países Baixos separado do mar Waddenzee por un dique construído entre 1918 e 1933.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situación sen solución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congreso Nacional Indio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institut des Sciences de l’Éducation.