"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
LAGOAS
Lagoa litoral de (2.837 ha), ao S da cidade de València, integrada dentro do parque natural da Albufera. Un vello Turia e un primitivo Xúcar -pode que pleistocenos- abandonaban os seus aluvións nuns deltas, hoxe interiores, bastante afastados da beira do mar. Unha vez pechado polo cordón litoral o vello golfo, os materiais en suspensión iniciaron o recheo cun aluvión de arxilas moi fino. A forma actual da Albufera é máis ou menos semicircular, pero nos mapas do s XVlll aparecía máis extensa e alongada. Os reducidos límites actuais son obra humana, efecto dos aterramentos; a superficie de 5.010 ha no 1877 quedou reducida a 3.114 no 1926, cando se fixo a delimitación definitiva e se prohibiron ulteriores recheos. A construción típica é a barraca, construída con lama para o adobe, canas para a cumieira e o teito e canas ou palla de arroz para a cuberta. Os arrozais do contorno da Albufera, dende Alfafar ata Sueca, cobren máis de 10.000 ha. A Albufera e os seus pantanos constituíron posesión...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Encargado de administrar ou cobrar as alcabalas.
-
O que arrendaba as alcabalas dalgunha provincia, cidade ou vila.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de alcalescente.
-
-
Que devén alcalino.
-
Lixeiramente alcalino.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Atlas Linguarum Europae]
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión utilizada coa intención de apurar a marcha ou a dinámica que está establecida.
-
-
Calquera bebida elaborada a base de malta.
-
Tipo de cervexa que se elabora con fermentación superficial a altas temperaturas (14-15°C). O seu contido alcohólico oscila entre o 4 e o 7%.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Categoría do xogo establecida por Roger Caillois (1958) e baseada no azar e sorte. Dentro desta categoría están xogos como a lotería e a ruleta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Substancia metálica composta por máis dun elemento. Os constituíntes das aliaxes son solucións sólidas, combinacións ou mesturas íntimas heteroxéneas de dous ou máis metais, e combinacións dun ou máis metais con elementos non metálicos, que manifestan propiedades metálicas. Exemplos de aliaxes correntes son o aceiro, o latón, o bronce, o cuproníquel e o duraluminio. Case que todos os metais son empregados principalmente en forma de aliaxes. O número de compoñentes dunha aliaxe é moi variable; as aliaxes de dous e tres compoñentes denomínanse, respectivamente, binarias e ternarias. Entre os compoñentes hai que distinguir os principais, que determinan as características básicas da aliaxe, e os modificadores, que as modifican no sentido desexado. As aliaxes correntes divídense, segundo a súa composición, en dúas grandes categorías: aliaxes férricas e aliaxes non férricas; e estas últimas subdivídense en aliaxes lixeiras e aliaxes pesadas. As aliaxes de mercurio...
-
aliaxe antifrición antifrición.
-
aliaxe dura Aliaxe de dureza moi elevada utilizada especialmente para o corte de metais, para matrices e para pezas que requiren gran resistencia á abrasión. As aliaxes duras comprenden entre outras, os aceiros rápidos, as aliaxes “Stellite” a base de cobalto, cromo e tungsteno, e os carburos aglomerados (por exemplo, os metais “Kenna” e widia), constituídos esencialmente por carburo de tungsteno (con adición de carburo de titanio, de tántalo e de niobio) aglomerado con cobalto.
-
aliaxe eutéctica Aliaxe formada exclusivamente ou case por un eutéctico.
-
aliaxe férrica Aliaxe na que o elemento fundamental é o ferro. Son as aliaxes máis empregadas e superan con moito a todas as outras en tonelaxe. Os dous tipos máis importantes son o ferro coado en todas as súas variedades, produto dos altos fornos, e o aceiro produto do afinamento do ferro coado coa adición eventual doutros elementos.
-
aliaxe fusible Aliaxe de punto de fusión moi baixo, constituído xeralmente por un eutéctico de 2 a 5 compoñentes. A denominación adoita ser aplicada especialmente ás aliaxes que funden por debaixo de 230°C. As súas principais aplicacións son os fusibles de extintores automáticos de incendios, as válvulas e os cortacircuítos fusibles, a fixación de eixos e chumaceiras, os baños de temple e revestimento, a protección de modelos de fontanería, os modelos dentais, a soldadura, o selamento de vidro con metal e certos moldeamentos delicados. Os seus principais compoñentes son: o bismuto, o chumbo, o estaño e o cadmio. Utilízanse tamén o indio, o metal de Rose e o metal de Wood.
-
aliaxe lixeira Aliaxe onde o elemento principal é o aluminio ou o magnesio (e tamén, por extensión, modernamente, o titanio). As aliaxes a base de aluminio son as máis importantes e as máis empregadas, e son utilizadas correntemente nas industrias automobilísticas, aeronáuticas e na astronáutica. As aliaxes que conteñen cando menos un 90% de magnesio, con densidade por debaixo de 1,9, chámanse, ás veces, ultralixeiras.
-
aliaxe non férrica Aliaxe que non contén ferro ou onde o ferro non é ningún compoñente principal.
-
aliaxe pesada Aliaxe non férrica formada por metais de densidade superior á do titanio (4,5). As aliaxes pesadas comprenden, en xeral, as aliaxes de cobre, níquel, zinc, chumbo e outros metais.
-
...
-
-
-
Calidade de aleatorio.
-
Propiedade das variables aleatorias de poderen tomar calquera valor dentro dun intervalo, con probabilidades fixadas previamente.
-
-
-
Que depende dun acontecemento incerto ou dunha continxencia.
-
Dise do contrato no que á prestación segura dunha parte correspóndelle unha prestación incerta doutra (renda vitalicia) ou na cal a incerteza afecta a ambas as dúas partes (a aposta).
-
-
Dise dun acontecemento que non se pode asegurar que se producirá ou que se pode producir de diversas maneiras.
-
variable aleatoria Variable que pode recibir diversos valores numéricos que dependen do azar.
-
-
música aleatoria
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica para obter a dirección dunha información a partir da clave por medio dun algarismo que a trata segundo criterios preestablecidos.
-
PERSOEIRO
Pintor belga. A partir do 1948 integrouse no grupo Cobra. No 1955 viaxou ao Xapón onde se interesou pola caligrafía xaponesa. A partir do 1957 estableceuse en París. A súa obra evoca un ambiente de desintegración.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do tipo de óvulo que presentan a maioría dos mamíferos, pobre en vitelo e que experimenta unha segmentación total e bilateral.
-
-
romeo.
-
alecrín nórdico
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización feminista, fundada en Vigo o 22 de marzo de 1985, coñecida tamén co nome de Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller. En 1987 abriu a Biblioteca-Centro de Documentación para consultar e investigar sobre temas relacionados coas mulleres, con fondos clasificados de acceso libre. Foi a organización feminista que comezou a prestación de servicios dirixidos a mulleres, coa creación de centros de día de atención a prostitutas, centros de información e asesoramento, particularmente en temas relacionados coas agresións. Participa tamén na xestión de centros de acollida para mulleres en colaboración coas administracións públicas. A presidenta da asociación (1999) é Ana Míguez Vigo. Cada ano concede os premios Alecrín e Alacrán, cos que desexa destacar diante da opinión pública a persoas ou institucións que se distinguen por actitudes e condutas a prol ou en contra, respectivamente, da igualdade entre os xéneros.
-
PERSOEIRO
Escritor e político romanés. Contribuíu á afirmación da cultura romanesa. Foi director do Teatro Nacional de Iaşi (1840-1842) e da revista Romani Literara (1855). Consagrado como escritor, ocupou cargos políticos diversos (Ministro de Asuntos Exteriores, 1859; embaixador en París, 1855). Recolleu a tradición das cancións populares e como poeta equilibrou o seu romanticismo cun certo clasicismo na escolma Pasteluri (Pasteis, 1875). Escribiu un bo número de obras teatrais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos fasiánidos ao que pertencen algunhas perdices.
-
-
Producir ledicia.
-
Sentir ledicia ante algunha circunstancia.
-
-
-
Nome da primeira letra dos alfabetos fenicios, hebreo e arameo.
-
Símbolo que designa o cardinal dos conxuntos infindos ben ordenados.
-