"Adela" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sarria. De estilo románico, ten planta e ábsida rectangulares e posúe un arco triunfal de medio punto con capiteis historiados con homes e animais. Destaca o retablo do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa italiana. Coñecida como Tina Modotti, comezou a súa carreira con Edward H. Weston (1921). Viaxou a México (1922), onde coñeceu a Diego Rivera, José Clemente Orozco e David A. Siqueiros. Colaborou na revista Mexican Folkways e integrouse no Partido Comunista Mexicano (1927). Expulsada de México (1930), viaxou por Rusia e Alemaña, onde se relacionou coa Bauhaus de Berlín, e participou na Guerra Civil Española. A súa obra difundiuse a través da exposición itinerante Women of Photography (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embutido groso, de 15 a 50 cm de diámetro, feito con carne de porco e de boi, picadas e mesturadas con pequenos dados de manteiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Dirixiu La Unión Española e Diario Español, en que amosou unha clara liña españolista. Escribiu El “Diario Español” por dentro. Proceso de una historia e historia de un proceso (1911) e De La Habana a Sevilla por los aires. Impresiones de un periodista español pasajero del Zeppelin (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Arnoia que nace na parroquia da Graña (Xunqueira de Ambía) e desemboca na de Requeixo de Valverde (Allariz).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Carmoega e Santa Comba (Agolada). O seu cumio acada os 566 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de san Vicenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Manzaneda baixo a advocación de santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Meis baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Miguel que dá nome ao concello de Paradela, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Toques baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Sarria, situado na provincia de Lugo no centro-leste da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 45’ 30’’ de latitude N e 7° 34’ de lonxitude O. Limita ao N co Páramo (comarca de Sarria), ao L con Sarria e O Incio (ambos os dous na comarca de Sarria), ao S con Bóveda e O Saviñao (ambos os dous na comarca de Terra de Lemos), e ao O con Taboada (comarca de Chantada) e Portomarín (comarca de Lugo). Abrangue unha superficie de 77,7 km 2 , en que acolle unha poboación de 2.240 h (2007), distribuída nas parroquias de Aldosende, Andreade, Barán, Castro, Castro de Rei de Lemos, As Cortes, Ferreiros, Francos, A Laxe, Loio, Paradela, San Facundo de Ribas de Miño, San Martiño de Castro, San Vicente de Paradela, Santa Cristina de Paradela, Santalla de Paradela, Suar e Vilaragunte. A súa capital está no lugar de Pacios, na parroquia de Paradela, situada a 115 km de Santiago de Compostela e a 35 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Sarria.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico rural e escritor. Coñecido como Amaro Orzán, doutorouse en Medicina pola Universidad de Madrid. Colaborador asiduo de La Voz de Galicia e Ferrol Diario, a súa obra, inconformista e chea de enxeño, ten como obxectivo a eficacia expresiva, coa procura das súas referencias na realidade galega, expresada nunha lingua popular moi achegada á expresión oral. Da súa produción destacan La rosa que canta (1958), Asimetría glandular (1963), Heces afrentosas (1966), Onte é hoxe aínda (1967), Líneas paradelas: por ejemplo (1968), Sabencias (1969), en que inclúe numerosos aforismos; Casi cuentos para desentontecer (1970), Dous contos (1971), La Galicia que duele (1971), en que tenta definir a idiosincrasia galega con humor; Media media dúcia de contos (1972) e Irmaus tolos. Tolerías de tolos (1973). Foi académico correspondente da Real ; Academia Galega. Recibiu o premio...

    VER O DETALLE DO TERMO