"Andrade" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 63.

  • PERSOEIRO

    Nobre, VIII conde de Lemos, V marqués de Sarria e grande de España, fillo de Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal. Membro da orde de Santiago (1598), foi lugartenente de Nápoles durante as ausencias do seu pai e do seu irmán, Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII conde de Lemos. Foi embaixador en Venecia (1606) e Roma (1609) e vicerrei e capitán xeneral de Sicilia (1616). Participou na defensa da Coruña ante un posible ataque inglés en 1625 e ao ano seguinte entrou no Consello de Estado de Filipe II. En 1629 renunciou aos seus títulos e ingresou na orde beneditina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, XI conde de Lemos, VIII marqués de Sarria e grande de España. Foi capitán xeneral das galeras de Nápoles (1692), vicerrei de Sardeña e xentilhome de cámara de Carlos II e Filipe IV. Recibiu o Toisón de Ouro (1692). Foi o derradeiro home da liñaxe dos Castro na casa de Lemos e sucedeuno a súa sobriña Rosa María de Castro e Centurión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vilalba que se fundou nos ss XI ou XII, e posteriormente pertenceu a Fernán Pérez de Andrade. Diego de Andrade reconstruíuna despois da súa destrución nas Guerras Irmandiñas. Tiña planta cadrada con tres torres nos ángulos mais a torre da homenaxe, que é o único que se conserva. A torre, que remata con ameas, ten planta octogonal con catro pisos: no primeiro ábrense tres seteiras, no segundo unha porta con arco, no terceiro dúas ventás e no cuarto unha ventá. Construíuse en cachotaría de granito e lousa con cantaría de granito nos vans, esquinais e ameas. Na década de 1960 rehabilitouse e, xunto cun novo edificio construído á súa beira, converteuse no Parador Nacional de Turismo. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO