"Apia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 111.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento mediante a acción de preparados farmacolóxicos e soros que se obteñen a partir do axente que produce a enfermidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de canais profundos separados por arestas cortantes de forma irregular e con medidas que oscilan entre un decímetro e un metro de profundidade, que se orixinan na superficie das rochas calcarias como consecuencia da erosión destas. O lapiás é unha das formas típicas da morfoloxía cárstica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica terapéutica en que se utilizan raios láser. O seu uso máis estendido está na prevención e no tratamento do desprendemento de retina en enfermos diabéticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento dun transtorno mediante a aplicación de campos magnéticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento de enfermidades mediante a masaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento das enfermidades por medios mecánicos, como masaxes, ou mediante aparatos que obrigan o enfermo a executar determinados movementos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento das enfermidades mediante a aplicación externa de pezas de metal sobre a pel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento dalgunhas doenzas mediante o emprego da música, sobre todo no tratamento dalgunhas alteracións psiquiátricas como o autismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nariz, especialmente cando é grande.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método terapéutico utilizado en psiquiatría que consiste en inducir farmacoloxicamente un sono artificial para aproveitar os seus efectos biolóxicos e psicodinámicos no tratamento de diversos trastornos mentais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos ruminantes, da familia dos xiráfidos, ao que pertencen o ocapi (Okapia johnstoni).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terapia a base de zumes ou extractos de tecidos ou de órganos animais, en especial de glándulas endócrinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método preventivo que se basea no emprego de vacinas para incrementar o número de opsoninas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
opoterapia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uso do osíxeno con fins terapéuticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
osixenoterapia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua crioula que se fala en Aruba, Bonaire e Curação (Antillas Neerlandesas). A lingua oficial é o neerlandés, pero o papiamento está moi estendido. Formouse a partir do crioulo afroportugués das illas de Cabo Verde e da Guinea portuguesa, o castelán das Antillas e diversos vocábulos neerlandeses. O papiamento desenvolveuse na illa de Curação a partir de 1500 para permitir que os escravos africanos se puidesen comunicar cos seus donos. Desde 1998 ensínase nas escolas.
-
PERSOEIRO
Gramático latino. É autor de Elementarium doctrinae rudimentum (1053), un léxico que se usou en todas as escolas desde o s XI ata o período do humanismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor cristián. Bispo de Hierápolis de Frixia, cóntase entre os pais apostólicos. É importante na historia da incipiente tradición testamentaria a causa da súa antigüidade e como autor de Explicación das palabras do Señor, obra hermenéutica sobre os ditos de Xesús Cristo, conservada de forma fragmentaria. A súa festividade celébrase o 25 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Utilización terapéutica do pus, con ou sen esterilización previa, que está totalmente fóra de uso.