"Brie" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 108.
-
PERSOEIRO
Avogado e político peruano. Militante da Alianza Popular Revolucionaria Americana (APRA), foi deputado ao Parlamento e secretario xeral do partido en 1982. Ocupou a presidencia da República (1985-1990) e durante o seu mandato emprendeu reformas económicas de carácter progresista. Presentouse novamente ás presidenciais do 2001, nas que foi derrotado por Alejandro Toledo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Brienne (1311-1356) e de Lecce, señor de Tebas e de Florencia, e duque nominal de Atenas (Gualterio II, 1311-1356). Expulsado do ducado ateniense polos almogávares, instalouse en Nápoles. Foi señor de Florencia (1341-1343) e participou na primeira parte da Guerra dos Cen Anos, ao lado de Francia, onde foi nomeado condestable (1356).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador estadounidense. Estudiou a historia de España, sobre todo o período republicano e da Guerra Civil, e publicou, entre outras obras, The Spanish Republic and the Civil War, 1931-1939 (1965) e Civilization and barbarity in 20th century Europe (1999). Recibiu o Premio Elio Antonio Nebrija 2003 polo seu labor como hispanista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor mallorquino. Iniciouse coa novela L’abisme (Premio Ciutat de Palma 1967). Escribiu tamén Els Alicorns (Premio Josep Pla, 1971), El cementiri de les roses (Premio Víctor Català 1971), El rei Gaspar (Premio Josep M. Folch i Torres 1975) e Tot quan veus és el mar (Premio Nacional de Literatura 1987). Conseguiu en 1994 o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e enxeñeiro francés. Fixo notables achegas no eido da xeometría analítica e atopou a ecuación diferencial que leva o seu nome. Como enxeñeiro dirixiu a instalación dos carrís para os primeiros trens de París a Versailles e a Saint-Germain.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Ingresou como leigo no mosteiro bieito de San Martiño Pinario en 1674, onde sucedeu ao seu mestre, frei Tomé Alonso, como mestre de obras. Concluíu a tribuna do coro alto da igrexa (1686-1689), continuou as obras do claustro procesional, edificou a nova sancristía (1694-1697), deseñou a fachada principal do mosteiro (1697) e realizou a portería e a escaleira abacial (1700). Proxectou as igrexas dos mosteiros de San Xoán de Poio (1688) e de San Paio de Antealtares (1699), realizou traballos de reforma e restauración das bóvedas da igrexa das Orfas (1698) e da capela do Rosario de San Domingos de Bonaval (1703), e das dependencias dos mosteiros de Santa Clara (1693) e de Santa María de Belvís (1704), onde tamén trazou a fachada da portería, o camarín da Virxe do Portal e, posiblemente, a súa capela (1694). Na catedral compostelá deseñou o sagrario e o expositor do altar maior. En competencia con Domingos de Andrade e Alonso González traballou no proxecto de ampliación do colexio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal francés. Xeneral desde 1939, dirixiu unha división en Montpellier cando os alemáns ocuparon a zona en novembro de 1942. En agosto de 1944 participou no desembarco aliado en Provenza á fronte do Primeiro Exército Francés e expulsou aos nazis de Toulon, Marsella, Lyon e Dijon. En 1945 asinou o armisticio en Berlín. Despois da guerra foi alto comisario e comandante en xefe de Indochina (1950-1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor francés. Coñecido como Max Linder, foi un importante cómico do cine mudo e deu vida a un importante gentleman co que parodiaba situacións dos dandis de fin de século. Participou en Dix femmes pour un mari (1905), Le Rendez-vous de Max (1913), Max Comes Across (1917) e Au secours (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e político. Bispo de Condom (1760) e arcebispo de Toulouse (1763). En 1787, na asemblea de notables, criticou asperamente a xestión financeira de Calonne, ao que substituíu como ministro de finanzas. Non obstante , continuou coa liña do seu predecesor e en 1788 tivo que convocar os Estados Xerais. Dimitiu ese mesmo ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lexislador, filósofo e moralista francés. Escribiu De la législation ou principes des lois (1776), obra na que propugnou o establecemento dun tipo de sociedade próxima á ideal e Entretiens de Phocion sur le rapport de la morale et la politique (1768), onde denunciou a distribución inxusta dos bens.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e escritor. Participou no movemento da filosofía do espírito e o seu pensamento filosófico, que se iniciou a carón do idealismo, caracterizouse despois pola oposición máis rotunda a todo sistema. Das súas obras destacan Existence et Objectivité (1925), Journal métaphysique (1927), Être et Avoir (1935), Le Mystère de l’Être (1951), L’Homme problématique (1955) e Pour une sagesse tragique (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e realizador cinematográfico dinamarqués. Coñecido como Gabriel Axel, as súas longametraxes tiveron unha certa repercusión en diferentes festivais nórdicos e en Cannes. Destacan as súas comedias e unha serie de filmes sobre a Prehistoria, xunto co filme Babettes gaestebud (O festín de Babette, 1987, Oscar á mellor película estranxeira 1988), que é unha adaptación dun conto de Isak Dinesen. Dirixiu tamén Altid ballade (1955), Amour (1970), Prince of Jutland (1994) e Leïla (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de España (1701-1714), filla de Víctor Amadeo II de Sardeña. Casou en 1701 con Filipe V. Durante a ausencia do seu marido (1702), foi a gobernadora e lugartenente do reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor, fillo de Antoni Maura i Montaner. Foi membro da Asamblea Nacional Consultiva de M. Primo de Rivera e ministro de Traballo e Prevención no goberno de Aznar (1931). Publicou os estudios históricos Historia crítica del reinado de Alfonso XIII durante su minoridad (1919), Bosquejo histórico de la ditadura (1930) e Vida y reino de Carlos II (1954). Foi membro da Real Academia de la Historia e da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Pertenceu á escola de Leiden e trasladouse a Amsterdam en 1657. Discípulo de Gerrit Dou, a súa arte afastouse do concepto sobrio do inspirador da escola, Rembrandt, e pintou de xeito sentimental, con pinceladas de trazo amplo. Realizou temas de historia, retratos, bodegóns e escenas costumistas. Pintou O almorzo, Muller lendo unha carta e O galo morto (1650).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. A súa prosa poética, relacionada co modernismo, destaca pola rica elaboración da linguaxe nas detalladas descricións e polo tratamento da temporalidade. Publicou a súa primeira novela, La mujer de Ojeda, en 1901, pero non foi coñecido ata 1908, co relato “Nómada”. Publicou as novelas Las cerezas del cementerio (1910), El abuelo del rey (1915), Nuestro Padre San Daniel (1921) e El obispo leproso (1926), ademais de diversas coleccións de contos ou de impresións paisaxísticas, como Años y leguas (1928). Recibiu o Premio Mariano de Cavia de xornalismo (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Sobriño do tamén médico Gabriel Miró, foi primeiro médico da corte de Bretaña e da de Francia. Seu fillo, Francesc Miró, foi primeiro médico de Henrique II e de Carlos IX de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Sobriño do tamén médico Gabriel Miró, foi primeiro médico da corte de Bretaña e da de Francia. Seu fillo, Francesc Miró, foi primeiro médico de Henrique II e de Carlos IX de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lucila Godoy Alcayaga.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Coñecido como l’Ainé, especializouse na paisaxe de Île-de-France. A súa obra foi un antecedente estético do que foi a escola de Barbizon. Pintou Vue des coteaux de bellevue prise du parc de Saint-Cloud (1785?). O seu irmán, Jean-Michel Moreau (París 1741-1814), coñecido como le Jeune, foi debuxante e gravador, e traballou para o gabinete do rei e ilustrou obras literarias.
VER O DETALLE DO TERMO