"CIC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 293.

    1. Relativo ou pertencente ás cicadofitinas.

    2. Ximnosperma da subdivisión das cicadofitinas.

    3. Subdivisión de ximnospermas constituída por plantas leñosas de porte variable, folla pinnada, e estames con diversos grupos de sacos polínicos e carpelos. Algúns presentan caracteres evolucionados, como por exemplo, flores hermafroditas. A subdivisión das cicadofitinas comprende dúas clases, gnetópsidas e cicadais, e unhas duascentas especies que se estenden polas rexións tropicais e subtropicais de todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cicatriz ou á cicatrización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sinal que queda na semente xa formada no lugar onde estaba o micrópilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido de neoformación destinado a reparar as perdas de substancia dos órganos e dos tecidos. As cicatrices están formadas por un tecido conxuntivo vello, pobre en vasos sanguíneos, células e substancia fundamental, e rico en fibras coláxenas. Nas cicatrices falta o parénquima específico do órgano ou do tecido que se destruíu por un proceso inflamatorio ou traumático.

    2. Sinal que deixa nunha planta a caída dunha folla, dunha bráctea, etc.

    3. estixio que deixa no ánimo un sufrimento do pasado. Ex: Os desgustos que levou na vida fóronlle deixando cicatrices na alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode cicatrizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cicatrizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cicatricial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que estimula a cicatrización.

    2. Medicamento ou substancia que favorece a cicatrización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que cerre unha ferida deixando cicatriz.

    2. Cerrarse unha ferida facendo cicatriz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferramenta formada por unha barra recta e plana de aceiro acabada nun dos seus extremos nun fío ou corte, no sentido do largo, e polo outro en cabeza, na que se golpea cun martelo ou cunha maza para labrar pedra ou metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cicelar.

    2. Acción e efecto de cicelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que cicela. Ex: Ese cicelador traballa con moito aquel a pedra de granito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traballar a pedra ou o metal co cicel. Ex: Cicela arreo as lastras no obradoiro e non descansa nin para comer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das xencianáceas de ata 12 cm de alto. Presenta follas lineares de ata 6 mm de lonxitude e flores tetrámeras de cor amarela con lóbulos triangulares. En Galicia está presente a especie C. filipormis, en ambientes húmidos e areosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobiliar situada en San Pedro de Cícere. Fundouna o primeiro señor de Cícere, don Gómez da Costa, e a súa dona Leonor Gómez Prego de Montaos. Construído entre os ss XVI-XVII, ten planta rectangular e conserva nas fachadas dous escudos labrados coas armas dos seus propietarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de medida tipográfica equivalente a 4,52 mm e dividida en doce puntos. Chamada antigamente liña ou lectura, déronlle este nome os impresores franceses Pierre Simon Fournier (1712-1768) e François Ambroise Didot (1730-1804) porque se empregou nunha edición das obras de Cicerón. Nos países anglosaxóns e nos Países Baixos utilízase como unidade o cícero pica, equivalente á sexta parte dunha polgada (4,233 mm) e composta tamén de doce puntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente da vila santanderina de Cicero, no concello de Bárcena de Cicero, que tamén emprega a forma Cicerón. En Galicia asentouse no Val Miñor e Tui. As súas armas levan, en campo de goles, un castelo de ouro, arrimado de dous leóns do mesmo metal, e saíndo da homenaxe, un home armado, de prata, cunha espada na súa man destra e unha rodela na sinistra; en cada unha das torres laterais, un estandarte de prata; bordo de prata, con oito aspas de goles e oito panelas de sinople, alternando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orador, escritor, político e filósofo. Nacido nunha familia de cabaleiros (ordo equestre), estudiou filosofía, retórica e leis en Roma, e completou a súa formación en Atenas, Rodas e Asia Menor entre os anos 79 e 77. De regreso a Roma adquiriu sona como avogado. No ano 70 apoiou a causa dos sicilianos contra Verres, antigo pretor da illa. Foi nomeado cuestor no ano 76, edil no 69, pretor urbano no 66 e elixido cónsul no 63. Coa intención de asegurar a orde dentro do Estado, tendeu a unir cabaleiros e senadores (concordia ordinum). O feito máis salientable do seu mandato foi a represión da conxuración de Catilina. Enfrontado con Pompeio, César e Craso, membros do primeiro triunvirato, sufriu o exilio no ano 58 por dar a orde de executar, sen xuízo previo, os cómplices de Catilina. Chamado de novo a Roma no 57, renunciou ao ideal de concordia ordinum polo consensus omnium bonorum, a reunión de todas as forzas vivas do Estado. Despoxado de relevancia política, retirouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que guía os visitantes dunha poboación e lles mostra antigüidades, curiosidades ou detalles pintorescos.

    VER O DETALLE DO TERMO