"COU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 304.
-
-
Plantas da familia das ninfeáceas, herbáceas acuáticas perennes, cun forte rizoma que permanece enterrado nos fondos lamacentos do que saen as follas aboiantes ou parcialmente emerxidas e circulares de ata 30 cm. Presenta flores brancas, amarelas ou rosas, illadas e con numerosos estames.
-
Ara de flores amarelas de 4 a 6 cm de diámetro, de 5 ou 6 sépalos amarelos cóncavos, 20 pétalos menores e máis estreitos, e estames numerosos e apertados. Propia de cursos lentos ou augas estancadas de ata 3 m de fondura. Aparece na Galicia oriental en sistemas turbosos montañosos.
-
Ara de flores brancas de 10 a 20 cm de diámetro, de máis de 20 pétalos. Especie de cursos lentos e lagoas de menos de 2 m de fondura de toda Europa. Tamén empregada en xardíns para adornar os estanques.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cousa’.
-
-
Parte externa de cor verde que recobre a noz.
-
Froito dunha variedade de pexegueiro que se caracteriza por abrirse con facilidade.
-
Mazaroca do millo sen folla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
couzoeira.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Vicente dividida entre os concellos de Baños de Molgas e Paderne de Allariz. Ten a súa sede no segundo deles, que abrangue 8 das súas 9 entidades de poboación (2001) e o 86% da súa superficie.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Val do Dubra baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Parroquia do concello de Paderne de allariz. baixo a advocación de San vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Val do Dubra. Contén restos da primitiva fábrica oxival no presbiterio. No interior destaca o altar maior barroco e no exterior a espadana barroca. Foi reconstruída en 1974.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das pezas de madeira semicirculares onde vai asentado o eixe do carro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
coucillón.
-
PERSOEIRO
Diplomático. Membro dunha familia aristocrática do Imperio Austro-Húngaro, foi o fundador da Unión Paneuropea (1922). Defendeu a unión política, económica e cultural de Europa, da que excluía a URSS e o Reino Unido. Expuxo as súas teorías no libro Paneuropa (1923) e nunha revista do mesmo nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Cultivou a pintura histórica, relixiosa, mitolóxica e os retratos. Da súa produción destaca O xuramento do xogo da pelota.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Labrar transversalmente os coudullos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porción de terra, situada na cabeceira dunha propiedade, que se labra ao través, xa que o arado non chega ao linde para poderen virar as bestas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Puré de tomate, de marisco ou doutro alimento que se somete a unha evaporación completa do seu zume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de cantidade de electricidade ou carga eléctrica. É unha unidade derivada no SI que equivale á cantidade de electricidade transportada por unha corrente dun ampere nun segundo; 1C=1As.
-
PERSOEIRO
Físico. Enxeñeiro militar, dirixiu os traballos de fortificación na Martinica, Rochefort e Cherbourg. Foi membro da Académie des Sciencies (1784). Ao estoupar a Revolución Francesa, abandonou os cargos públicos e militares. A súa obra contén os fundamentos da teoría electrostática e do magnetismo, que máis tarde desenvolvería Poisson dándolle a forma matemática. Estudiou a polarización e a noción de momento magnético e formulou a lei da electrostática, coñecida como lei de Coulomb.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei fundamental da electrostática que establece que dúas cargas eléctricas puntuais e estacionarias se atraen ou repelen, segundo sexan iguais ou diferentes os seus signos, cunha forza mutua dirixida seguindo a recta que as une e proporcional ao valor das cargas e inversamente proporcional ao cadrado da distancia que as separa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ao coulomb, a Charles Augustin de Coulomb ou ás súas teorías.