"Chen" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 90.

  • PERSOEIRO

    Físico holandés. Foi profesor na Universiteit Leiden. Realizou experimentos coa electricidade que o levaron a descubrir o primeiro e máis simple condensador eléctrico, a ampola de Leiden, ideada ao mesmo tempo polo alemán E. J. von Kleist (1745). Inventou tamén un pirómetro (1740).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor francés. Teórico da aerodinámica, inventou e construíu diferentes tipos de helicópteros, o primeiro deles en 1921. Durante os anos 1923 e 1924 fixo probas satisfactorias co seu helicóptero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Foi profesor en Tübingen, Bonn e Berlín. Estudou os raios espectrais, os raios X e as descargas eléctricas nos gases, e verificou experimentalmente a teoría atómica relativista de Sommerfeld.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei pola que nunha descarga eléctrica nun gas, a tensión disruptiva a unha temperatura determinada é función, unicamente, do produto da presión do gas pola distancia entre os electrodos, supostos planos e paralelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de raios infravermellos que aparecen no espectro atómico do hidróxeno cando o electrón do átomo excitado cae na órbita de número cuántico principal n=3. A lonxitude de onda ë de cada un destes raios, segundo a teoría atómica Bohr, é dada, en Å, pola ecuación ë = 8205,9 [N2/(N2-9)], en que N é un número enteiro maior que 3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desdobramento de cada unha das liñas dun espectro atómico en tres, que se observa cando o átomo produtor do espectro se somete a un campo magnético intenso comparado cos campos magnéticos intraatómicos. A diferenza co efecto de Zeemann normal non está naquilo que se observa, senón na explicación que se lle dá ao fenómeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo pechenego.

    2. Individuo do pobo pechenego.

    3. Pobo tártaro de raza mongoloide, que no s IX se estableceu na beira occidental do Mar Negro. Dedicábanse á cría de gando e eran comerciantes. Ademais exerceron de mediadores entre Rusia, Bizancio e o Oriente. Constituíron unha ameaza constante para o Imperio Bizantino e foron practicamente exterminados por Aleixo I Comneno (1091) e por Xoán II (1122).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘pousada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘banco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘banco (onde se gardan os cartos)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘banco (de facer as tellas)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • poucheno da ghalleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado no val de Almanzora (1.630 h [2001]). Na súa economía destacan os talleres de mármore e a artesanía de latón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Realizou a súa primeira exposición en 1951, e desde 1955 colaborou como decorador e deseñador da compañía de danza de Merce Cunningham. Evolucionou desde unhas primeiras obras vinculadas ao expresionismo abstracto cara ás combine paintings, en que incorporou a vida real mediante a colaxe fotográfica. A súa obra anticipou a pop-art.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán. Capitán da cabalaría durante a Primeira Guerra Mundial, favoreceu o ascenso de Hitler e destacou durante a Segunda Guerra Mundial nas campañas de Polonia e Francia. Ascendido a mariscal en 1940, substituíu a Von Rundstedt no mando do exército do sur na fronte do Leste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e matemático alemán. Foi un destacado representante do Grupo de Berlín, neopositivista e vinculado ao Círculo de Viena. Desde 1930 dirixiu, con R. Carnap, a revista Erkenntnis. Foi autor de Relativitätstheorie und Erkenntnis a priori (Teoría da relatividade e coñecemento a priori, 1920), Atom und Kosmos (Átomo e cosmos, 1930), Wahrscheinlichkeitslehre (Teoría da probabilidade, 1935), Experience and Predition (1938), Elements of Symbolic Logic (1947) e The Rise of Scientific Philosophy (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista. Foi profesor de filoloxía románica e balcanoloxía, e director do Instituto de Balcanoloxía da Universidade Libre de Berlín. Tratou temas do substrato en Das Dackische rekonstruiert aus dem Rumänischen (1966) e estudou os estadios máis antigos das linguas románicas en Historische Latein-altromanische Grammatik (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor neerlandés. Considerado o creador da escola novelística neorromántica neerlandesa, escribiu Een Zwerver verliefd (Un vagabundo namorado, 1904), Der Liefde bloesems (Flores de amor, 1921) e a triloxía Een Hollands drama, De rijke ma e De Grauwe vogels (Un drama holandés, O home rico e Os paxaros terrosos, 1935-1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordos ratificados na Convención de Schengen de 1995 por Francia, Portugal, Bélxica, os Países Baixos, España, Italia, Luxemburgo e Alemaña nos que se previu a supresión de controis nas fronteiras interiores e un aumento destes nas fronteiras exteriores para controlar os fluxos migratorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán, conde de Stauffenberg. Durante a Segunda Guerra Mundial participou nas campañas de Polonia, Francia e Turquía, así como no atentado contra Hitler no cuartel xeral de Rastenburg (1944), polo que foi detido e fusilado sen xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO