"Daniel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 97.

  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturago alemán. Coa novela inacabada Arminius, de temática patriótica, ofreceu unha obra de xénero enciclopédico. Destacou como dramaturgo barroco e escribiu Kleopatra (1661), Sophonisbe (1665-1669) e Agrippina (1669).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Emigrou a América e despois de residir en Montevideo instalouse en Madrid en 1881. Afiliado ao Partido Liberal, co apoio de Canalejas foi elixido deputado polo distrito da Coruña en sete ocasións, entre 1898 e 1920. Director xeral de Agricultura, foi tamén presidente do Ateneo de Madrid (1890-1892). Dirixiu os diarios El Correo e Diario Universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Facendista. Foi director xeral de Timbre, subinspector xeral de Facenda e conselleiro delegado da Compañía Telefónica Nacional de España. Cultivou o xornalismo baixo o pseudónimo de Fantasio e escribiu El placer de amar (1909) e El camino de la dicha (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Avogado republicano, dirixiu en Venecia o movemento nacional que fixo capitular aos austríacos e proclamou a República, da que foi presidente (1848). Despois da derrota do exército sardo en Novara (1849), rexeitou o armisticio e dirixiu a resistencia de Venecia, asediada polos austríacos. Tras capitular, fuxiu a París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de hockey sobre patíns arxentino. Considerado como o mellor xogador de todos os tempos, xogou varias tempadas no H.C. Liceo de La Coruña, co que conseguiu cinco ligas e dúas copas intercontinentais. Con Arxentina logrou tres torneos sudamericanos, dúas copas do mundo e unha medalla de ouro nos Xogos Panamericanos. Recibiu o premio ao mellor xogador mundial (1978), o Premio Olimpia de Oro e o Premio Konex de Platino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Investigou os modelos de elección, econometría, teoría da produción e do consumo, dinámica da saúde e da mortalidade e análise da demanda do consumo utilizando datos psicométricos. Escribiu Constant Elasticity of Substitution Prodution Functions (1963) e Cost, Revenue and Profit Functions: A cursory review (1966). Recibiu o Premio Nobel de Economía, compartido con J. J. Heckman (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e xilógrafo. Expuxo no Salon d’Automne de París e co grupo sintetista. Cultivou tamén a escultura e foi navegante de cabotaxe. Na casa de Émile Schuffenecker coñeceu a Paul Gauguin (1888), protexeuno economicamente e mercoulle obras. A súa correspondencia foi publicada en Lettres de Paul Gauguin à Daniel de Monfreid (1918). Fixo, segundo obras de Gauguin, os gravados da primeira edición de Noa-noa (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo molecular estadounidense. Estudou na Universidade de Delaware e na de Washington (San Luis), e foi profesor da Universidade de Johns Hopkins de Baltimore, onde tamén foi director do Departamento de microbioloxía. En 1978 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, xunto con W. Arber e H. O. Smith, polos seus traballos de aplicación dos enzimas de restrición illados da bacteria Haemophiplus influenzae, por elaborar o mapa da estrutura de ADN do virus canceroso SV 40 e contribuír á identificación das bases moleculares do cancro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor polaco. Actor predilecto de Andrzej Wajda, debutou no cine con Popioly i diament (Cinseiros e diamantes, 1965) e colaborou posteriormente con el en filmes como Panny z Wilka (As señoritas de Wilko, 1978) ou Ziemia obiecama (A terra da gran promesa, 1975). Tamén participou en Die Blechtrommel (O tambor de folla de lata, 1979), Casablanca, Casablanca (1985), A törvénytelen (O bastardo, 1995) ou Break Point (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nicaraguano. Membro de diversos movementos clandestinos de resistencia contra o réxime de Anastasio Somoza, co triunfo sandinista de 1979 foi nomeado membro da xunta do goberno revolucionario. Foi elixido presidente da República de Nicaragua en 1984. As guerrillas, o embargo económico de EE UU e a inflación crecente foron a causa da súa derrota nas eleccións de febreiro de 1990, que concederon a presidencia do país a Violeta Chamorro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista galés. Considerado un dos novelistas máis importantes do seu país, anticipou a técnica da análise psicolóxica. Destacan as súas obras Y Dreflan (1881), Rhÿs Lewis (1888), Enoc Huws (1891) e Gwen Tomos (1894), que reflicten a vida social do nordés de Gales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista irlandés. Distinguiuse polas súas ideas nacionalistas, e formou parte da sociedade revolucionaria Irlandeses Unidos, pero non participou na Revolución de 1798. Creou, xunto con Richard Lalor Sheil, a Catholic Association (1823) e, obtida a emancipación dos católicos (Catholic Relief Bill, 1829), ingresou na Cámara dos Comúns. Traballou intensamente pola abolición do decreto de unión de Irlanda a Inglaterra. Foi detido, acusado de conspiración (1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista. Despois de proclamarse campión de España de minimotos (1998), debutou no campionato do mundo en 125cc no GP de Xapón (2001). Converteuse no piloto máis novo en conseguir dous títulos mundiais ao gañar o título de 125cc (2003) e o de 250cc (2004) con 19 anos, malia as graves lesións sufridas nunha caída da moto. No 2005 volveu proclamarse campión do mundo, tamén lesionado. Ese mesmo ano comeza a súa etapa en MotoGP co equipo Repsol Honda. A primeira vitoria nesta categoría conséguea no Gran Premio de China (2006), chegando a quedar quinto na clasificación xeral desa tempada. Na tempada 2007 sube ao segundo posto, e nos anos 2008 e 2009 remata terceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Investigador do National Institute of Standards and Technology de Maryland, descubriu (1988) que os átomos alcanzaban unha temperatura seis veces menor que a que fora calculada teoricamente. Recibiu o Premio Nobel de Física (1997), compartido con S. Chu e C. Cohen-Tannoudji, polo desenvolvemento do arrefriamento e captura de átomos por láser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Michel Picoli, debutou en 1955 con French Cancan de Jean Renoir; pero foi a partir de Dillinger é morto (1968) cando destacou no cine europeo. Traballou con importantes directores como L. Buñuel (La voie lacteé, 1969), C. Sautet (Mado, 1976) ou J. L. Godard (Passion, 1982). En 1980 foi premiado en Cannes por Salto nel vuoto de M. Bellochino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sociólogo e escritor. Especializado en urbanismo, foi director do Archivo de Documentación de España Económica e secretario xeral técnico do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1973-1978). Director xerente de Consultora Galega, escribiu Vixía os sables ao chegar febreiro (1995), Arredor do lume: contos do pote dunha outonía lonxana (1998) e No leme das lembranzas (2001), e en colaboración, O planeamento no mundo rural galego: un exemplo: O Plan Xeral de Ordenación de As Neves (1981) e El pazo de Oca (1984). Recibiu o Premio Nacional de Urbanismo (1981) e o Premio Galicia de Deseño (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Subcampión europeo en Split (1990), proclamouse campión olímpico en 20 km marcha nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Foi medalla de bronce no Mundial de Stuttgart (1993) e obtivo a segunda posición na Copa de Europa da Coruña (1996). En 1999 proclamouse campión de España de marcha en ruta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Viaxou a Viena, a Roma e a Nápoles (1710) e, protexido polo elector Augusto II de Polonia, traballou desde 1705 na Corte de Dresden, na ampliación do castelo (1705) e o Zwinger (1711-1722). Traballou tamén na residencia de verán de Pillnitz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático estadounidense. Formouse na Harvard University, e creou a denominada teoría alxébrica K, que, por medio de cálculos xeométricos e topolóxicos, axudou a resolver importantes problemas alxebraicos. Recibiu a Medalla Fields (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e director de orquestra. Realizou estudos de piano, harmonía e composición, e exerceu como crítico musical en Galicia Social e El Pueblo Gallego. En 1957 fundou e presidiu a Orquesta de la Sociedad Filarmónica de Vigo, e dirixiu a Orquestra de Vigo (1980). Compuxo, ademais de diversas sinfonías, Andante con variaciones Op. 1 (1947) e Canzón de Berce Op. 31 (1981). Recibiu o Premio da Crítica Galicia (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO