"EAC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 135.
-
FILOSOFOS
Filósofo británico. Profesor na University of Leeds, centrou os seus estudios no eido da lóxica, desde a que atacou o abstraccionismo e defendeu a teodicea. Entre as súas obras destacan Mental Acts (1958), Reference and Generality (1962) e Providence and evil (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización non gobernamental internacional dedicada á protección do medio e á difusión dos valores ecoloxistas e pacifistas. O órgano supremo da organización, presente en 40 países de Europa, América, Asia e Oceanía, é o Consello Internacional, con sede en Amsterdam. As súas principais liñas de acción céntranse na loita contra o cambio climático, a caza de baleas, a proliferación da enerxía nuclear (tanto na vertente militar como na civil), a enxeñería xenética e o emprego de elementos tóxicos na industria, así como na protección dos bosques e dos océanos e no apoio ás iniciativas de comercio xusto e desenvolvemento sostible. Para a realización das súas actividades, financiadas polas achegas dos seus socios e simpatizantes e os ingresos xerados pola venda directa de material elaborado pola organización, conta cunha estrutura profesional e unha pequena flota de barcos que serven de base ás súas campañas. Greenpeace xurdiu en 1971, cando un grupo de 12 activistas, tripulantes do buque Phyllis...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de adición nucleofílica do carbanión R- sobre un átomo positivo ou un enlace polar. Prodúcese mediante a acción do reactivo de Grignard, e pódense obter ácidos carboxílicos, alcois, aldehidos e outros compostos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos compostos organomagnésicos do tipo R-Mg-X, onde R pode ser un radical alquílico ou arílico, Mg un átomo de magnesio, e X un átomo dun halóxeno (cloro, bromo ou iodo, principalmente), que se obtén mediante a reacción R-X + Mg D R-Mg-X. Non se poden illar en estado puro porque se descompoñen con facilidade. Prepáranse mediante a mestura de limaduras de magnesio cun haluro orgánico en éter seco e atmosfera de nitróxeno. Empréganse en sínteses orgánicas, xa que reaccionan con case todas as substancias orgánicas agás os hidrocarburos, éteres e certas aminas. Dous reactivos que se usan moito son o ioduro de metil-magnesio (CH3-MGI) e bromuro de etil-magnesio (CH3-CH2-MgBr).
-
ENTRADA LARGA
Reacción de obtención dun haluro do ácido ¦Á-haloxenado por adición directa do halóxeno nun carbono ¦Á, segundo a reacción:
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de propulsión sobre a auga que se basea no fenómeno da reacción.
-
ENTRADA LARGA
Reacción de síntese de haluros orgánicos por descarboxilación de sales de prata de ácidos carboxílicos, en presenza de halóxenos:
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de California, EE UU, situada á beira do Océano Pacífico (185.000 h [estim 1999]). Promovida a principios do s XX como centro estival, o posterior descubrimento de xacementos petrolíferos (1919) proporcionoulle o seu desenvolvemento industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación das ideas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento criminal do dereito anglosaxón que permite xulgar a calquera funcionario público ou maxistrado por delitos contra o Estado. En EE UU o procedemento baséase nunha proposta cursada pola Cámara de Representantes ao Senado, institución que xulga a causa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de interlinear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción inflamatoria local que aparece no punto da pel onde se aplicou unha inxección intradérmica cunha cantidade mínima de toxina, antíxeno, medicamento ou calquera outra substancia. Permite estudar o grao de receptividade ou de inmunidade dun suxeito.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico inglés. Coñecido como Cary Grant, foi o galán por antonomasia da comedia estadounidense. Participou en numerosos filmes, entre os que destacan I’m no Angel (1933), Arsenic and Old Lace (1944), Night and Day (1946), Indiscreet (1958), North by Northwest (1959), That Touch of Mink (1962) e Walk don´t Run (1966). En 1969 concedéronlle un Oscar honorífico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo inglés. Entre 1939 e 1945 realizou traballo de campo nunha área montañosa de Myanmar, antiga Birmania, estudo reflectido na súa obra máis importante, Political Systems of Higland Burma (1954), onde estableceu a diferenciación entre a estrutura política abstracta e a realidade política cotiá. Tamén destacan The Strutural Study of Myth and Totemism (1967) e Genesis as Mith and Other Essays (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás lecideáceas.
-
Lique da familia das lecideáceas.
-
Familia de liques, da orde das lecanorais, que comprende liques crustáceos con apotecios sen marxe hialina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de alcalización do amoníaco, ou das aminas primarias ou secundarias, mediante compostos carbonílicos, en presenza de ácido fórmico como axente redutor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Séfer Yĕ Palatino; ṣ irà.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de análise clínica para a determinación do colesterol, que foi descuberta en 1885.
-
CIDADES
Cidade do estado de California, EE UU, situada ao S de Los Angeles, á beira do Océano Pacífico (461.522 h [2000]). Ademais dun gran porto e unha praia de 11 km de lonxitude, ten refinerías de petróleo, industrias mecánicas e construcións aeronáuticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do condado de Luimneach, Irlanda, Munster, situada na ribeira meridional do esteiro de Shannon (52.039 h [1996]). Ten industria alimentaria, téxtil, do curtido e do calzado.
VER O DETALLE DO TERMO