"EPA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 210.
-
PERSOEIRO
Historiador de orixe vasca. Xesuíta, doutor en Filoloxía Semítica e Teoloxía, e catedrático de Estudios Árabes e Islámicos da Universitat d’Alacant. A súa investigación centrouse nos temas árabes relacionados coa historia medieval da Península Ibérica. Entre as súas obras destacan Bibliographie tunisienne concernant l’histoire de l’Espagne 1956-1973 (Bibliografía tunecina concernente á historia de España 1956-1973, 1975), Le Cid: personnage historique et littéraire, anthologie de textes arabes, espagnols, français et latins avec tradutions (O Cid: personaxe histórico e literario, antoloxía de textos árabes, españois, franceses e latinos con traducións, 1983), Funciones de enseñanza de las dos mezquitas sobre las murallas de la Alhambra (1987), El cántico islámico del morisco hispanotunecino Taybili (1988), Baños árabes en el País valenciano (1989), Los moriscos antes y después de la expulsión (1992), Fray Anselm Turmeda (‘Abdallah...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e maxistrado grego. Educouse na escola pitagórica. No 379 participou na expulsión dos espartanos da cidadela de Tebas xunto con Pelópidas e derrotaron os espartanos en Leutra (371), mediante o emprego da orde de batalla oblicua. Consolidou a hexemonía de Tebas sobre Esparta na Beocia e invadiu o Peloponeso, onde liberou Mesenia, Arcadia e Argos do dominio espartano. Organizou unha liga de cidades dependentes de Tebas, coas que controlou a Grecia Central. Deixou o mando das accións militares durante algún tempo polas acusacións dos seus inimigos, pero retomou a dirección do exército e marchou ao Peloponeso e destruíu Laconia. Estableceu unha alianza co rei de Persia e creou unha poderosa flota, coa que sublevou as cidades da Segunda Liga Ateniense contra Atenas. Derrotou os atenienses e os espartanos en Mantinea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste na utilización dunha mesma palabra ao comezo e ao final de grupos sucesivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste na repetición dunha palabra no medio doutras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste no establecemento dunha repetición en serie, de xeito que cada cláusula, período ou verso comece coa parte final da cláusula, período ou verso precedente. A reiteración continuada implica cambios nas funcións sintácticas das palabras repetidas.
-
-
-
Gobernador dunha provincia oriental no Imperio Romano.
-
Prefecto da cidade de Constantinopla no Imperio bizantino e representante supremo do Senado da cidade. Ocupábase da administración e da xustiza (359).
-
-
Bispo da Igrexa Ortodoxa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Territorio ou circunscrición das rexións orientais do Imperio romano, e máis tarde do Bizantino, sobre o que se estende a xurisdición do eparca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta leñosa, da familia das cistáceas, de follas de limbo enteiro dispostas de xeito oposto, de grandes flores hermafroditas de simetría radial, solitarias ou en cimas pouco espesas, de cáliz de sépalos libres e corola de 5 pétalos que murchan rapidamente, con numerosos estames e un único estilo. Os froitos son cápsulas que abren en forma de estrela, e teñen numerosas sementes de pequeno tamaño. As estepas están localizadas fundamentalmente na área mediterránea, onde constitúen un dos compoñentes fundamentais das matogueiras. En Galicia están presentes en lugares secos: Cistus ladanifer, de ata 3,5 m de altura, con follas que presentan entre 1 e 3 nervios principais, flores solitarias con sépalos de entre 11 a 18 mm de lonxitude e 8 a 13 mm de ancho, pétalos de 30 a 55 mm de lonxitude, a miúdo con manchas vermellas na base, e froitos en cápsulas tomentosas de entre 10 e 16 mm de diámetro; Cistus laurifolius, de ata 2,5 m de altura, follas con 3 nervios principais, sépalos de entre 13...
-
-
Paisaxe aberta e, as máis das veces, de relevo chairo, onde dominan formacións vexetais constituídas por plantas perennes herbáceas ou leñosas baixas, cunha distribución horizontal regular, e que nas áreas abertas poden ser ocupadas temporalmente por plantas anuais. É propia de rexións cunhas condicións climáticas continentais, onde se combinan un gran déficit hídrico estival (as precipitacións están comprendidas xeralmente entre os 100 e 250 mm anuais) e un descenso acusado das temperaturas durante o inverno, que limitan o desenvolvemento dos ciclos vexetais. Despois das chuvias invernais a cuberta vexetal prolifera de xeito rápido, pero a seca estival frea este proceso. As mellores representacións das estepas están nas chairas ucraínas, nas mesetas alxerianas e turcas, nas praderías americanas e na pampa arxentina. O aproveitamento tradicional destes ecosistemas baséase nun pastoreo transhumante de camelos e ovellas. Coa mecanización, algunhas estepas foron convertidas en cultivos, principalmente...
-
Arte dos cimerios, dos sármatas e dos escitas, pobos que habitaron as estepas euroasiáticas durante a Idade do Bronce. O territorio, dunha grande extensión xeográfica, abarcaba dende Mongolia ata Hungría e constaba de diferentes centros, entre outros, Karasuk e Tagar (en Asia central) do I milenio a C, e Kuban (ó S de Rusia), onde se localizaron un gran número de tumbas (kurgans) dos xefes escitas, con diferentes obxectos que evidencian influencias centroeuropeas, anatolias, iranias e gregas. Foi unha arte esencialmente animalística, inspirada na fauna da zona en que se desenvolveu, e influíu sobre a arte de China e no occidente de Europa.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado na marxe dereita do río Blanco (11.560 h [1996]). A súa economía estivo vinculada tradicionalmente ás actividades artesanais. O principal recurso económico é a agricultura, sobre todo cereais e oliveiras. Na industria predomina o sector alimentario, especialmente a elaboración de doces propios do Nadal (manteigadas e turróns), aceites, embutidos e licores. De orixe púnica, as fontes de época romana denominárona Astapa e Ostippo. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa gótico-mudéxar de Santa María la Mayor e a renacentista de San Sebastián, as murallas medievais e a torre da homenaxe (s XIV).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á estepa.
-
PERSOEIRO
Escritor. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Buruchkak (1910) e Beribilez (1931). Foi membro da Euskaltzaindia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
folerpa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
folerpar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
folerpa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
folerpar.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Mineraloxista. As súas investigacións centráronse na xeometría, na petrografía, na mineraloxía e, especialmente, na cristalografía. Nesta última utilizou métodos novos para estudar a estrutura dos cristais, a clasificación dos grupos de simetría espacial e a análise química dos cristais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten os sépalos soldados.