"Erdi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 124.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que reúne características de distintas disciplinas ou profesións ou que se basea en achegas comúns a elas.
-
-
Sentencia prohibitoria.
-
Xuízo sumarísimo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado entre os dedos.
-
PERSOEIRO
Economista británico. Profesor na Cambridge University (1951-1972). En 1931 introduciu o concepto de multiplicador do emprego, recollido máis tarde por J. M. Keynes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político alemán. Discípulo de K. Marx, foi o principal voceiro do socialismo alemán desde 1848. Despois dunha crise ideolóxica pola falta de eco do alzamento de Garibaldi, enfocou a súa actividade propagandística exclusivamente cara aos traballadores e defendeu o establecemento de organizacións políticas obreiras para loitar polo sufraxio universal. En 1863 fundou a Asociación Xeral de Traballadores Alemáns e foi o seu presidente, pero desanimado pola crecente oposición á súa visión da democracia, trasladouse a Suíza. Foi rehabilitado polo Partido Socialdemócrata, que defendeu a vía democrática e parlamentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e administrador. Cónsul no Cairo en 1833, ocupouse da educación de Sa’īd, fillo de Mu Palatino; ḥ ammad ‘Alī e interesouse polo proxecto de apertura dun canal entre o Mediterráneo e o Mar Vermello. Cónsul en Barcelona (1842-1848), foi ministro plenipotenciario en Madrid (1848-1849). En 1854 obtivo de Sa’īd a concesión da compañía internacional que abriría e explotaría o canal de Suez. En 1876 fundou unha compañía para abrir o canal de Panamá e iniciou os traballos, pero a empresa crebou en 1889.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático alemán. En 1882 demostrou que ð é un número transcesdente, é dicir, non é a solución de ningunha ecuación alxébrica en forma de polinomio con coeficientes racionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro austríaco. Por conta de Austria, deseñou armas, especialmente fusís militares e pistolas automáticas que foron empregados polos exércitos alemán, austríaco, romanés ou neerlandés. Tamén alcanzou gran prestixio o seu rifle de caza, con mecanismo de ferrollo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político filipino. Foi deputado (1949-1959) e senador (1959-1966), e acadou a presidencia do estado filipino en 1965. Outorgoulle parte do poder á súa esposa Imelda Romuáldez Marcos e instaurou un réxime autoritario. O asasinato do principal dirixente da oposición en 1983, Benigno Aquino, e a expansión da guerrilla comunista e musulmana, obrigárono a convocar eleccións presidenciais en 1986, que gañou Corazón Aquino, o que provocou a súa fuxida a EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor suízo. A súa obra literaria, escrita en alemán, manifesta ambición artística e aristocratismo cultural. En 1864 publicou anonimamente as súas primeiras vinte composicións. Da súa produción destacan Georg Jenatsch (1876), Der Heilige (O santo, 1879), Die Hochzeit des Mönchs (O casamento dos monxes, 1884) e Die Versuchung des Pescara (A tentación de Pescara, 1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo alemán. A súa obra Der barycentrische Calcül (1827) foi fundamental para o desenvolvemento da xeometría proxectiva. Estudou as transformacións circulares sobre o plano (1855) e deu o primeiro exemplo de superficie unilateral coa banda ou cinta de Möbius.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Estudou no Museo de Historia Natural e na Escola de Farmacia de París. Foi profesor de Toxicoloxía, Química Inorgánica e Farmacia. Conseguiu illar o flúor mediante electrólise e en 1892, inventou un forno eléctrico, o forno de Moissan, que permite fundir óxidos metálicos e que fixo progresar extraordinariamente á industria siderúrxica. Con este forno descubriu o punto de ebulición dos metais coñecidos e como actúan as aliaxes a altas temperaturas. En 1906 recibiu o Premio Nobel de Química, por ambos os dous descubrimentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CUMIOS
Cumio do Pireneo axial cunha altitude de 3.355 m. Está situado na parte central do Pireneo aragonés, dentro do Parque Nacional Ordesa y Monte Perdido (Huesca). Na súa vertente L nace o río Cinca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi músico da corte de Mantua (1590-1612). Interesouse polas experiencias da Camerata Fiorentina, no campo da música dramática, e foi o introdutor dun moderno espírito secular na música relixiosa. En 1607 estreou La favola d’Orfeo, e pouco despois Arianna (1609), da que só queda a lamentación Lasciatemi morire. Fixo do recitativo secco unha forma artística, grazas ao seu coñecemento da voz humana. En 1613 foi nomeado mestre de capela de San Marcos de Venecia. Escribiu oito libros de madrigais e obras de tema relixioso, como Vespri della Beata Vergine (1610) e Selva morale e spirituale (1640); óperas, como Il ritorno di Ulisse in patria (1641) e l’Incoronazione di Poppea (1642), e oito libros de madrigais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
À la Recherche du temps perdu.
-
PERSOEIRO
Antropólogo austríaco. Entre 1933-1935 fixo unha grande enquisa antropolóxica entre os nupes de Nixeria, e en 1938 foi nomeado antropólogo do goberno no Sudán anglo-exipcio. Autor de numerosas monografías sobre temas africanos, das súas obras destacan Foundation of Social Anthropology (1951) e The Theory of Social Struture (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución neerlandesa, creada en 1970, que se dedica ao estudo da demografía. É innovadora na aplicación dos modelos de estudo da nupcialidade, na formación de novos fogares, na prospectiva e nas migracións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Nacional situado na provincia de Huesca, Aragón que inclúe o val de Ordesa e outros territorios lindeiros, cos que acada unha extensión de 15.600 hectáreas. En 1918 foi declarado Parque Nacional e en 1982 ampliouse e recibiu o nome actual. Existe unha gran variación climática debido ás diferenzas de humidade e altitude, polo que existe unha gran diversidade de flora e fauna. Está considerado Reserva da Biosfera (desde 1977), posúe un diploma do Consello de Europa á Conservación (1988, 1993, 1998), é Patrimonio Mundial da UNESCO (desde 1997) e ZEPA (desde 1988). Das especies naturais que se poden ver destacan o tritón pirenaico (Triturus alpestris), a auganeira común (Galemys pirenaicus), o xabaril (Sus scrofa) e o rebezo (Rupicapra rupicapra), aínda que xa non o bucardo, unha subespecie da cabra montesa que se extinguiu a finais do século XX. Entre as aves destacan o crebaosos (Gypaetus barbatus), o voitre branco (Neophron percnopterus)...
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Foi mestre de capela en Venecia e Dresden, director de orquestra do teatro italiano de París e director de música da corte de Napoleón (1807-1812). Fíxose célebre coas óperas Camilla (1799), Eleonora (1804) e Le maître de chapelle (1821), ademais de realizar dous oratorios, cantatas e diversas composicións instrumentais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Macedonia s IV a C) Xeneral. Destacou no sitio de Tebas (335 a C) e seguiu a Alexandre o Grande na expedición a Asia. Ao morrer este, converteuse en quiliarca e tivo que se enfrontar aos outros xenerais de Alexandre. Asasinárono os seus propios oficiais.