"Erva" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 153.

  • Observatorio astronómico fundado por Carlos II en Greenwich, no ano 1675, coa finalidade de proporcionar datos, imprescindibles para os navegantes de entón, para determinar a posición. No 1884 estableceu de forma arbitraria o meridiano de lonxitude 0°. No ano 1948, debido a que a contaminación atmosférica e a iluminación nocturna de Londres dificultaban as observacións, trasladouse ao castelo de Herstmonceux, próximo a Eastbourne (Sussex). Depende da University of Cambridge. Utilizou o grupo de telescopios Isaac Newton do observatorio do Roque de los Muchachos en Canarias, grazas a un acordo internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1931 e doutorouse en Madrid en 1934. De gran prestixio na especialidade de cardioloxía e medicina xeral, ingresou na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e Asturias en 1963. Publicou numerosos traballos e libros, como Radiodiagnostico de la tuberculosis pulmonar (1934), Pleuritis tuberculosa (1940), Contribución al estudo médico--legal de la silicosis (1946), El pronóstico de la tuberculosis pulmonar (1953) e Emoción, angustia e infarto de miocardio (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, no límite con Castela-León. (3.842 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destaca o barrio xudeu, declarado Ben de Interese Cultural en 1969.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas escudo mantelado: primeiro, en campo de ouro, cunha árbore, de sinople, arrincada, e dous lobos ao natural empinados ao tronco; segundo, en campo de azul, cun león rampante, de prata; o mantel, de prata, cunha cruz de Calatrava floreteada, de goles. Outra variante leva, en campo de ouro, un carballo arrincado, de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Ingresou na Compañía de Xesús e, coa expulsión dos xesuítas de España (1757), instalouse en Roma, onde Pío VII o nomeou bibliotecario do Quirinal. Destacan as súas obras Idea dell’Universo (1778-1787), obra enciclopédica da que derivan diferentes tratados, e Catálogo de las lenguas de las naciones conocidas (1800-1805).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Distribución dos nervios nun órgano ou nunha rexión anatómica.

    2. Conxunto de accións que exercen os nervios sobre os diferentes órganos ou as diferentes rexións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exercer, o nervio ou os nervios, a súa acción sobre os diferentes órganos ou as diferentes rexións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non pode ser observado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que nunca foi observado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta ou ausencia de observancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non observa ou non cumpre os preceptos ou as normas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo oficial creado en España en 1991 para promover o ensino do castelán e a difusión da cultura hispánica. Ten dúas sedes centrais, en Madrid e Alcalá de Henares, lugar de nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra, e posúe centros en Europa, África, América e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público do Estado español, dependente do Ministerio de Agricultura, creado en 1971 en substitución do Patrimonio Forestal do Estado, do Servicio Nacional de Pesca Fluvial e Caza, e dos Distritos Forestais. Desapareceu en 1995 por Real Decreto. As súas funcións, e máis as do IRYDA (Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario), son asumidas polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais, que realiza a xestión dos montes, terreos e bens patrimoniais de propiedade estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘entendido’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘coñecedor’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao intervalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distanciar con intervalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rúa que rodeaba o núcleo central do campamento romano, ocupado polas tendas de campaña, das que se separaba por unha cerca. Posteriormente, empregouse nas cidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espacio entre dúas cousas.

    2. Espacio de tempo entre dous acontecementos ou momentos.

      1. Dados dous números reais a e b, chamados extremos, conxunto de números reais comprendidos entre a e b. Cando o conxunto non inclúe os extremos, o intervalo é denominado aberto, e se representa por (a, b) ou por]a, b[; no caso contrario, o intervalo é denominado pechado, e se representa co símbolo [a, b].

      2. Conxunto de números máis grandes ou máis pequenos ca un número real dado: [(a, +∞), (a, +∞), (-∞, a)] e (-∞, a)].

    3. Distancia que separa dous sons na escala musical. Na teoría tradicional noméase intervalo melódico ao que separa dúas notas que soan ao mesmo tempo. Distínguense os intervalos cun numeral, que reflicte a cantidade de graos da escala que abrangue o intervalo. Segundo o número de semitóns que separan os dous sons, os intervalos son maiores, menores, xustos, aumentados ou diminuídos.

    4. intervalo de confianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘non entender’.

    VER O DETALLE DO TERMO