"Eva" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 409.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, drenado polo río Genil, no límite con Córdoba (4.079 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura, na que destacan os cultivos de cereais e hortalizas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, na desembocadura do río Almanzora (9.625 h [1996]). O termo municipal esténdese entre as serras de Almagro, ao NO, e de Almagrera, ao SL. A principal actividade económica é a agricultura, tanto de regadío (cereais e patacas) como de secaño (oliveiras). Ao NL da vila está o castro de Fuente Álamo, acrópole da cultura argárica datada entre o 2000 a C e o 1300 a C. Ademais, preto da desembocadura do Almanzora, localizáronse os xacementos prerromanos de Almizaraque e Villaricos. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o castelo do marqués de Los Vélez (s XVI) e a igrexa neoclásica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado nos contrafortes setentrionais da Serranía de Ronda (2.038 h [1996]). A economía é principalmente agrícola e destacan, sobre todo, os cultivos de legumes e oliveiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da comarca de Baza, provincia de Granada, Andalucía, drenado polo río Guadalquivir (2.314 h [1996]). Sitúase ao N da serra de Baza e ao S de serra de Cazorla. A principal actividade económica é a agricultura, na que destacan as oliveiras, que proporcionan materia prima para unha pequena industria do aceite.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado. En 1964 entrou a formar parte da Unión de Artes Gráficas da Central Nacional Sindicalista (CNS). En 1976 foi o artífice da creación da Organización de Fabricantes de Pastas de Papel y Cartón. En 1977 participou na comisión xestora que fundou a Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE), da que foi presidente en 1984, cargo no que foi confirmado en 1990, 1994 e 1998. En representación da patronal asinou o Acuerdo Económico y Social (AES) co primeiro goberno socialista. Foi vicepresidente de Sarrió Papelera de Leiza (1987) e presidente de Celulosa e Papel de Ferrol (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Licenciada en Belas Artes pola Universidad de Bilbao (1982) e graduada en talla en madeira pola Escuela La Palma de Artes Plásticas de Madrid (1977). Foi profesora de debuxo e directora da Escola de Artes Plásticas e Deseño Ramón Falcón de Lugo (1983). A súa obra caracterízase polo emprego dunha variada gama cromática; cultivou as paisaxes e o retrato, e acusou a influencia de David Hockney. Entre as súas obras destacan Nenúfares (1999), Pedrito en 1998 (1998) ou Manu en 1996 (1996). Realizou traballos de restauración no Museo Nacional de Iconos de Torrejón de Ardoz (1976). Realizou exposicións nas principais cidades galegas e españolas, entre as que destaca Narracións da paisaxe (2000). No ano 1999 realizou o cartel para o XII Congreso ordinario da Asociación de Fiscais. Recibiu, entre outros, o primeiro premio de pintura Erausketa (Bizkaia, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Fernández Cuevas.
-
PERSOEIRO
Poetisa. Entre 1922 e 1939 emigrou a Praga, Berlín e París, por mor da Revolución e da Guerra Civil do seu país. Na súa poesía, clasificada como simbolista, detéctanse influencias da poesía popular e de movementos máis modernos. Publicou, entre outras obras, Večernij al’bom (Álbum de solpor, 1911) e Car-devitsa (A raíña virxe, 1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundirse ou derreterse a neve.
-
RIOS
Río afluente do Miño pola dereita. Nace na vertente sudoccidental da serra do Faro de Avión, na parroquia de Petán (concello da Cañiza). O seu curso adopta unha dirección meridiana (N-S) coa que drena as parroquias das Achas, Parada das Achas e Valeixe, no concello da Cañiza, e Mourentán e Arbo, no concello de Arbo. Desemboca na última destas despois de percorrer uns 16 km e drenar unha conca de 92 km2.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río afluente do Miño pola esquerda. Nace na parroquia de Bangueses (concello de Verea). O seu curso adopta unha dirección SL-NO coa que drena os concellos de Verea, Quintela de Leirado e Pontedeva. Desemboca no límite entre as parroquias de Trado (concello de Pontedeva) e Valongo (concello de Gomesende), despois de percorrer uns 12 km e drenar unha conca de 132 km2. Achega ao Miño un caudal medio de 2,5 m3/s.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da vertente cantábrica que serve de límite entre as comunidades autónomas de Cantabria e o Principado de Asturias. Nace na vertente setentrional de Peña Prieta, nos Picos de Europa, atravesa La Liébana e desemboca no mar Cantábrico pola ría de Tinamayor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deba.
-
CAPITAIS
Capital do jude ṭ de Hunedoara, Romanía, situada á beira do Mures (76.498 h [1999]). Está dominada por un outeiro que conserva no seu cumio as ruínas dunha cidadela do s XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Na teoloxía védica, deus mozo e xeneroso que chegou a inmolarse polo ben das súas criaturas. É a antítese da asura, deus ancián, celoso e egoísta, que encarna o espírito maléfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción arquitectónica situada sobre o río Deva en Breixome (A Ponte Deva, A Cañiza). Pertenceu ao antigo camiño de Celanova a Frieira. Trátase dunha ponte do s XIX con dous vans con cadansúas dúas bóvedas de medio punto, desaugadoiro alintelado e rasante alombada.
-
PERSOEIRO
Pintor e teórico da arte. Estudiou filosofía en París. Nos seus estudios teóricos introduciu conceptos procedentes da psicanálise e da socioloxía. Colaborou na revista Tel Quel e foi un dos fundadores do grupo Support-Surface e da revista Peinture cahiers-théoriques. Entre os seus escritos destaca Histoire-critique d’une peinture (Historia-crítica dunha pintura, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión da resistencia ao desgaste dos áridos, manifestado pola perda de peso (en porcentaxe sobre o peso inicial) que sofren os fragmentos de pedra debido ao choque que se produce entre eles e as paredes do recipiente de ensaio.
-
-
Baixar a marea.
-
Diminuír o nivel das augas dunha corrente de auga ou dun líquido.
-
Minguar a lúa ou entrar en cuarto minguante.
-
Baixar o sol cara ao ocaso.
-
Ir a menos unha cousa en tamaño, cantidade, importancia ou intensidade.
-
Afastarse unha nave do seu rumbo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada por Ramón Otero Pedrayo en 1935 que supuxo a culminación do seu ciclo narrativo sobre a formación da conciencia galeguista, iniciado coa recreación da época do Rexurdimento en Os camiños da vida (1928) e continuado en Arredor de si (1930). Céntrase na mocidade galega vinculada ao Seminario de Estudos Galegos e presenta unha visión da realidade galega coetánea, desde a que se remonta ao pasado, a través da memoria dos personaxes, da que deduce o seu posible futuro (a desaparición da fidalguía e a adecuación aos novos tempos, o papel do galeguismo no porvir de Galicia, etc). Asemade, ofrece a súa visión persoal da xeografía e do contorno natural galegos (a ribeira e a bocarribeira, a cidade, a chegada do inverno, etc), así como da literatura e da cultura. Divídese en once capítulos nos que os personaxes aparecen e desaparecen como impresións fuxidías, e a acción xira ao redor de tres protagonistas que se conciben como símbolos da Galicia do presente e do...