"IBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 465.

  • Apelido de orixe toponímica. Remite ao topónimo Aciveiras (lugar no que abundan os acivos), con aférese da sílaba inicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Remite ao topónimo Aciveiro (lugar en que abundan os acivos), con aférese do a- inicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza, xeralmente metálica, que por medio dunha ou máis puntas montadas nun eixe suxeita os extremos dunha fita, correa ou cinto. Na Antigüidade fabricábanse en bronce ou ferro e utilizábanse para cinguir correas de escudos, cintos ou arneses dos cabalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa frixia da fertilidade da terra, coñecida tamén como Gran Nai, e venerada conxuntamente co seu amante (ou fillo) Atis. O seu culto, de tipo orxiástico, foi aceptado por Roma no 204 a C, aínda que os seus aspectos externos (castración dos gallus ou iniciados) fixeron que o Senado o limitase. Represéntase sentada, enriba dun carro tirado por leóns, e co corno da abundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • marta cibelina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que se antepón a calquera palabra e que fai referencia ás redes informáticas ou a Internet. Ex: cibercafé, ciberespacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento público destinado á consulta dos clientes en Internet a través dos ordenadores instalados no propio local, ademais de ofrecer servicios de cafetería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio virtual no que se pode acceder a distintas informacións a través das redes de ordenadores intercomunicadas en todo o mundo. O termo foi creado por William Gibson na súa novela de ciencia ficción Neuromance (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de usuarios do ciberespacio coordinada por Camilo Regueiro que pretende promover o uso da lingua galega en Internet e na informática, con axuda para a creación de páxinas web, aplicacións e produtos no noso idioma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se conecta a unha rede telemática para consultar información ou utilizar os distintos servicios que se ofrecen a través dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina científica que estudia a comunicación e o control nos seres vivos e nas máquinas. Foi creada no Massachusetts Institute of Technology por Norbert Wiener, autor de Cybernetics (Cibernéticos, 1948). O termo engloba diversos campos. A cibernética constrúe, manipula e aplica modelos cibernéticos, que representan entidades físicas (animais, cerebros, sociedades, plantas industriais e máquinas) ou entidades simbólicas (sistemas de información, linguaxes ou procesos cognitivos). Cómpre illar a entidade a estudar (sistema de control, sistema cibernético ou sistema) do mundo exterior (contorno) e despois determinar a evolución do sistema fronte ás variacións das propiedades do contorno. Nun sistema distínguense: o sensor, ou proceso de abstracción mediante o que o estado inmediato do contorno se describe en función das súas propiedades ou dos atributos máis destacados, denominadas variables de entrada ou entrada...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cibernética.

    2. Que ou quen é especialista en cibernética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • zinxiberáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na Idade Media, membro dun grupo social constituído polos descendentes dos escravos libertos. A súa condición xurídica, moi variable segundo as rexións, cómpre situala entre a dos servos e o último estamento dos homes libres. A súa orixe sitúase probablemente na época romana, nos escravos manumitidos ao mesmo tempo polo amo, que recibían algúns bens para usufrutuar en conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego que comezou a editarse no Carballiño no ano 1998. Pertenceu inicialmente ao grupo de comunicación Filmagal, ata que en maio de 2001 pasou á mans da empresa La Capital, editora de El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Deporte Campeón e Diario de Ferrol. Dirixida por Antón Xil Alcántara, contén información de carácter xeral que abrangue os concellos da comarca do Carballiño e o Ribeiro como Carballiño, Cea, Boborás, Beariz, Piñor, Punxín, O Irixo, Leiro, Cenlle, Arnoia, Cortegada, Beade, Melón, Carballeda de Avia, Avión, San Amaro, Maside, Castrelo de Miño e Ribadavia. Dedica unha sección a cada concello e insire os apartados “Deportes”, “Servicio Galego de Colocación” e “Breves”. Inclúe reportaxes de actualidade e diversos especiais dedicados ao mundo da decoración, do fogar, do motor e da construción, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • La Celestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional da ONU fundado en 1948 e con sede en Chile. O seu obxectivo fundamental é o desenvolvemento económico de América Latina, con medidas como a industrialización, a potenciación do comercio intrarrexional ou o patrocinio de estudios sobre os problemas tecnolóxicos dos países da área. Elabora publicacións propias, entre as que destacan Cuadernos de la CEPALC, CEPALC Review e Demográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento fundado en 1969 polo sacerdote milanés Luigi Giussani coa finalidade de potenciar a presenza directa e activa dos católicos nos eidos cultural, social e político. Coñecido coa sigla CL (Comunione e Liberazione), suscitou a creación da Fraternidade CL, recoñecida no ano 1992, e da asociación Memores Domini, integrada por laicos que cumpren a castidade. Unha das actividades do movemento é a reunión anual, en Rimini, para a amizade entre os pobos.

    VER O DETALLE DO TERMO