"Ith" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 117.
-
PERSOEIRO
Pedagoga. Fundou e dirixiu (1915-1936) a Residencia de Señoritas da Institución Libre de Enseñanza e a sección de ensino do Instituto-Escuela (1918). Exiliouse a Arxentina en 1936; e o seu pensamento educativo, vinculado á Institución Libre de Enseñanza, baseábase na escola activa a través de Fröbel, Giner e Bartolomé Cossío. Destacan as obras La Pedagogía en Londres y las escuelas de párvulos (1909) e El problema de la Ética: la enseñanza de la moral (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teorizador político, ensaísta e diplomático. Partidario do anarquismo, evolucionou cara á ideoloxía de dereitas, e en La crisis del humanismo (1919) propugnou un retorno aos valores católicos e tradicionais. Coa proclamación da Segunda República (1931) dirixiu a publicación reaccionaria Acción Española e en Galicia colaborou na revista Spes, editada en Pontevedra. Escribiu Hacia otra España (1899), Don Quijote, Don Juan y La Celestina (1926), Norteamérica desde dentro (1926), Defensa de la Hispanidad (1934) e o ensaio La brevedad de la vida en la poesía lírica española (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Crisol provisto dunha tapadeira coa marxe dentada e que se axusta ben ás paredes e ao interior do recipiente, polo que se lle pode engadir líquidos facilmente, verténdoos sobre a tapadeira sen ter que sacala.
-
PERSOEIRO
Soprano suíza. Debutou en 1956 e distinguiuse polos seus papeis mozartianos e en óperas francesas. Formou parte da Deutsche Oper de Berlín, coa que fixo xiras por Rusia, Xapón e EEUU. Cultivou a oratoria e participou nos festivais de Salzburgo, Múnic e Glyndebourne.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora estadounidense. En 1940 acadou un grande éxito coa súa primeira novela The Heart is a Lonely Hunter (1940). Tamén publicou Reflections in a Golden Eye (1941), cunha versión cinematográfica de John Houston (1967), e o libro para nenos Sweet as a Pickle, Clean as a Pig (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e construtor aeronáutico. En 1928 fundou en Milwaukee a J. S. McDonell Jr and Association e, en 1939, creou a McDonnell Aircraft Corporation.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Manuk.
-
-
Relativo ou pertencente aos mekhitharistas.
-
Membro dunha formación relixiosa armenia fundada en Constantinopla en 1701 polo vardapet Pedro Manuk, cunha regra inspirada, en parte, na de san Bieito, polo que estiveron considerados ás veces como unha congregación bieita. En 1703, os monxes establecéronse en Peloponeso, mais en 1715 tiveron que fuxir e establecéronse na illa de San Lazzaro, en Venecia. En 1773 xurdiu outra rama, que se estableceu en Viena.
-
-
PERSOEIRO
Poeta e novelista inglés. Escritor dunha gran penetración psicolóxica e unha visión moi subxectiva da vida, iniciouse na poesía coa compilación Poems (1851), á que seguiron Modern Love (1862) e Ballads and Poems of Tragic Life (1887). Das novelas destacan The Ordeal of Richard Feverel (1859), Vittoria (1867) e Egoist (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Coreógrafa, bailarina e compositora peruana. Naturalizada estadounidense, formouse con M. Cunningham e M. Graham, e creou o seu primeiro grupo, The House (1968), para explorar as técnicas vocais. Da súa produción destacan os espectáculos Education of the Girlchild (1972), Turtle Dreams (1982), a composición Songs from the Hill (1979) e a ópera Atlas (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario da comunicación australiano. Naturalizado estadounidense, formouse en economía, historia e filosofía na Oxford University. Propietario do grupo News Corporation, controla diversas empresas de comunicación en varios países do mundo, como os xornais The Times e The Sun, e o semanario News of the World. En 1985 adquiriu a 20th Century Fox e posteriormente desenvolveu a televisión dixital en Europa a través de Newco. Ademais, creou a Phoenix Satellite Television para a emisión por cable en China e a canle Fox News Channel para EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor de educación física canadense. Foi profesor na YMCA Training School de Springfield, Massachusetts (1891) e buscou unha actividade para desenvolver nun recinto cuberto cando o mal tempo non permitía practicar deporte ao aire libre. Así, colocou unhas canastras que se empregaban para recoller pexegos a 3,05 m altura, onde había que meter un balón, o que deu lugar ao baloncesto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa exipcia e líbica. Divindade guerreira, presentaba como un dos seus emblemas un arco con dúas frechas. Era protectora do Delta, nai de Ra e deusa da inundación. Durante a dinastía XXVI foi a principal divindade de Exipto por ser Sales a capital do país.
-
PERSOEIRO
Xesuíta. Foi confesor de Mariana de Austria, muller de Filipe IV de Castela, e primeiro ministro e valido. Fíxose impopular pola prohibición das carreiras de touros e das representacións teatrais. Derrocouno Xoán Xosé de Austria en 1669.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de primates fósiles, do grupo dos prehomínidos, ao que pertence o oreopiteco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, monocotiledóneas, bulbosas, da familia das liliáceas, que presentan follas estreitas e flores brancas, verdosas ou amarelas, con seis pezas no periantio, agrupadas en acios ou en corimbos. Moitas especies do xénero cultívanse en xardinaría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, anuais e pilosas, da familia das fabáceas, que presentan as follas imparipinnadas e as flores de pequeno tamaño, de cor rosada ou amarela e dispostas en capítulos ou en umbelas. Os froitos son legumes alongadas con estreitamentos entre as sementes. En Galicia aparecen as especies O. compressus, O. perpusillus e O. pinnatus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos, da orde dos monotremas, que presenta unha única especie, o ornitorrinco (O. anatinus).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de antropoides fósiles, do Oligoceno inferior, que están relacionados cos pónxidos e homínidos. Encontrouse unha mandíbula en Fayum (Exipto).
-
PERSOEIRO
Militar estadounidense. Principal especialista en blindados do exército de EE UU, durante a Segunda Guerra Mundial participou nas campañas de Tunisia e Sicilia. Cabeza do terceiro exército, destacou, despois do Desembarco de Normandie (1944), pola súa penetración dentro de Alemaña.
VER O DETALLE DO TERMO