"Leto" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 67.

  • PERSOEIRO

    Cardeal e humanista italiano. Exerceu diversas funcións políticas e eclesiásticas, sobre todo de concilación cos protestantes. Escribiu poemas latinos, aínda que a fama lle veu do seu ciceronianismo, obras de filosofía, de pedagoxía e de teoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e explorador irlandés. En 1901, co barco Discovery, participou na expedición da Antártida de R. F. Scott. Escribiu The Heart of the Antarctic.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto que contén un único elemento. OBS: Tamén se denomina conxunto unitario.

    2. Cada un dos signos {,} que se empregan en teoría de conxuntos para expresar que os elementos incluídos entre eles constitúen un conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deporte de xeo, creado en 1901, en que os corredores baixan unha pista peraltada de menos dunha milla de lonxitude, deitados cara a abaixo, sobre un artefacto monopraza que descansa sobre dous patíns de aceiro que esvaran por riba do xeo.

    2. Artefacto con que se practica este deporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que suple ou complementa unha carencia.

    2. Aplícase ao aparato telefónico que está conectado a outro principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador grego. Foi o primeiro representante da escola naturalista de Mileto e considerouse tradicionalmente como un dos sete sabios de Grecia. Orientouse cara ao estudo dos fenómenos naturais e atribuíronselle diversas proposicións de xeometría elemental, como o teorema que leva o seu nome. Rexeitou as explicacións míticas da orixe do mundo e atribuíu unha orixe natural a todo, co convencemento de que detrás dos fenómenos cambiantes hai un principio común e esencialmente invariable. Considerou a auga como principio de todas as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Doutor en Dereito (1872), foi catedrático, secretario e reitor (1906-1919) da Universidade de Santiago de Compostela. Presidiu a Asociación de Amigos del País de Santiago, foi alcalde da cidade e senador pola provincia de Pontevedra (1910-1914).

    VER O DETALLE DO TERMO